Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta LÍRICA MEDIEVAL

O XÉNERO LÍRICO II

No tema anterior vimos os aspectos poéticos que gardan relación coa métrica, e tamén que as rimas e as estrofas non son elementos imprescindibles, pois existe poesía de moi boa calidade que carece de rima e outras que si a teñen e son auténticos ripios ( textos que riman pero non transmiten emoción e nos que non hai beleza). Daquela, se a rima non é a que crea a poesía, que outros aspectos debemos ter en conta para comprendela? O CONTIDO DO TEXTO: As voces poéticas Para analizar un poema é moi importante saber quen fala e ese suxeito chámase VOZ POÉTICA.  Podemos ter tantas voces poéticas como persoas gramaticais (EU, TI, EL,NÓS, VÓS ELES/AS), pero o máis frecuente é que sexa ou unha primeira persoa ( P1 ou EU lírico) ou unha terceira persoa (P3). Para detectar a voz poética, hai que fixarse nos verbos e saber cal é a súa persoa gramatical ("amo","vivo"... están en P1, fronte a "el ama" ," ela vive" que están en P3).  Cando se utiliza a voz  poét...

ESQUEMA COMENTARIO TEXTOS LITERARIOS MEDIEVAIS CANTIGAS DOS TRES TIPOS 3ºESO

ESQUEMA- GUÍA QUE APARECERÁ NA PROBA INTRODUCIÓN: Tipo cantiga,   nome autor, identificación xénero.Orixe CONTIDO -  Tema principal , na Cantiga de amigo tamén o tipo. -   Estrutura partes e explicación do contido de cada unha -   Voces poéticas, interlocutores e outros elementos: Cantiga de amigo: a quen se dirixe a amiga (voz poética), que sentimentos expresa/ de que fala Cantiga de amor: a quen se dirixe o trobador (voz poética), que sentimentos expresa /de   que fala. Grao na escala dos amantes. Outros datos que teñan que ver co espazo ou co tempo. EXPRESIÓN  - Cantiga de refrán ou de mestría. Número de cobras e de palavras, esquema de rima e tipo. - Recursos estilísticos (refrán, paralelismo, leixaprén, dobres, mordobres, fiinda, atá fiinda, comparacións, hipérboles,. .) - Cantiga de amor: / campos semánticos principais. - Lingua: características propias da lingua medieval. CONCLUSIÓN     MODELO REDACTADO Intr...

CORRECCIÓN DE TAREFAS 3ºESO

Imagem
TAREFAS ESCRITAS 1. Lectura dos posts anteriores de literatura medieval (lírica satírica e relixiosa e prosa medieval).   Rresumo/esquema/mapa conceptual... o que a tecnoloxía permita dos contidos principais de literatura. ESQUEMA DE COMENTARIO 2. Repaso do pronome: exercicios 9 e 10  ogalego.eu  (só as 10 primeiras frases de cada un) 2. Comentario de texto dunha cantiga de escarnio e maldizer que seleccionedes vós da recompilación que está en rede. Aquí contéstovos a cada un, ao non facerdes todos a mesma cantiga, non podo pór un modelo. 9) https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/solucions/morfoloxia/pronomepersoal/9.htm 10) https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/solucions/morfoloxia/pronomepersoal/10.htm 3. Lectura páxina 113 (abreviación, abreviatura e símbolo) e exercicios: 1,2,3 e 5 Páxina 113 1 . Bolígrafo; manifestación; metropolitano; otorrinolaringólogo/a; poliomielite; progresista; taxímetro; televisión. 2 ....

3º ESO TAREFA RECUPERACIÓN

Teñen que facer esta tarefa todos aqueles que suspendesen algunha parte da materia: Aquí tedes un texto de Ánxela Gracián titulado As noites que o vento asubía o teu nome     Unha vez que o leades, tedes que: -facer un pequeno traballo de investigación: quen eran María Peres a Balteira e o Xograr Lourenzo? - Indicar tema principal, resumo e opinión persoal do texto.

LÍRICA MEDIEVAL RELIXIOSA. AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA

Imagem
As  Cantigas de Santa María  (resumo Galipedia) son un conxunto de catrocentas vinte e sete composicións en  galego-portugués , que no  século XIII  era a lingua fundamental da lírica culta en  Castela . Atópanse repartidas en catro  manuscritos , un deles na  Biblioteca Nacional  en  Madrid  (códice To, por  Toledo ), dous en  San Lorenzo de El Escorial  (códices E e T) e o cuarto en  Florencia  (códice F).  A colección mariana data de entre os anos  1270  e  1283 . A obra conxuga o marioloxio, é dicir, o devezo de configurar unha auténtica compilación dos milagres marianos, coa proxección político-cultural. O rei procurou tanto o carácter  enciclopédico  da súa obra como que esta se convertese nun traballo de referencia en todo o espazo  peninsular  e máis aló dos límites deste, adquirindo, deste xeito, un prestixio internacional. Afonso X coa súa corte po...