Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta ESO

O VERBO II

Imagem
 O VERBO II ( cotovia.org ) A conxugación verbal Como xa dixemos, os verbos son palabras variables e, polo tanto, empregámolas combinando os distintos morfemas para poder expresar todas as posibilidades significativas de tempo, modo, número, persoa e aspecto. Á hora de establecermos a combinación entre os lexemas e mais os distintos morfemas, é dicir, á hora de conxugalos, distinguimos en realidade, tres grupos de verbos: Os verbos regulares : fórmanse sempre unindo ao lexema as desinencias modo-temporais e numero-persoais dun verbo patrón. Os verbos semirregulares : trátase de verbos que, sendo regulares na maior parte das súas formas, presentan algunhas particularidades que afectan á acentuación ou ao cambio dalgunhas vogais no presente de indicativo. Os verbos irregulares : presentan variacións que afectan maioritariamente ao lexema e nalgúns casos tamén ás desinencias.   A conxugación dos verbos regulares.   A maioría dos verbos da lingua conxúganse de forma regular p...

O VERBO I

Imagem
  O VERBO I ( cotovía.org )  Introdución Un dos tipos de palabras que máis rendibilidade ofrece á hora de construírmos os textos é o verbo. O verbo é a palabra que empregamos para contar as cousas que suceden ou que imaxinamos e tamén para falar dos nosos sentimentos ou das nosas necesidades e iso é, en definitiva, o que facemos cando falamos de nós ou cando relatamos algún feito propio ou alleo. Por suposto, o que expresemos co verbo depende do significado que ese verbo teña, pero máis alá do seu significado particular ( andar, beber, decidir, rabear... ) todos teñen en común o feito de que se refiren a unha acción, a un estado ou a un proceso e que ademais achegan outros significados, como o tempo no que transcorre ese feito ( Canto moi ben/ Cantei moi ben onte no festival ) ou se é unha realidade ou é un desexo  (Cantarei moi ben/ Oxalá cante ben no festival ), por exemplo. O verbo é un tipo de palabra variable que serve para expresar accións, estados ou procesos . ...

UN CHISCO DE SOCIOLINGÜÍSTICA EN IMAXES

Imagem
  CALENDARIO 2017 PARA GCIENCIA DE L.DÁVILA

O PRONOME PERSOAL

Imagem
  O pronome persoal ( cotovia.org ) Neste repaso que andamos a facer polos tipos de palabras cos que contamos na lingua, ímonos agora parar na última categoría pertencente ao grupo das palabras variables: o pronome persoal. Xa vimos no seu momento que o pronome é unha especie de comodín, é dicir, un tipo de palabra que serve para, chegado o caso, poder colocala no lugar dun substantivo, que se cadra xa utilizamos varias veces e non queremos seguir repetindo. Tamén vimos que existen dous tipos de pronomes: os que comparten as súas formas cos adxectivos determinativos (demostrativos, posesivos, indefinidos, numerais, relativos, interrogativos e exclamativos) que chamamos xenericamente “pronomes non persoais” e os pronomes persoais. E por que establecemos estes dous grupos? Vémolo a continuación:   Caracterización dos pronomes persoais Os pronomes persoais son palabras variables que empregamos para referirnos ás tres persoas do discurso ( a quen fala, a quen escoita e a aquela pe...

Determinantes/Pronomes II: numerais, indefinidos, relativos, interrogativos-exclamativos.

Lembra que os determinantes ou adxectivos determinativos son tipos de palabras variables en xénero e número (algúns tamén con respecto a outras nocións) que  acompañan a substantivos para concretalos pero que, ademais, achegan algunha información sobre el: a quen pertence, onde está situado, cantos son... Precisamente segundo o significado que posúan, distinguimos varios tipos de adxectivos determinativos: Os demostrativos Os posesivos Os numerais Os indefinidos Os relativos Os interrogativos-exclamativos. Os numerais Son numerais as formas que empregamos para presentar substantivos contables ofrecendo información sobre cantidade ou orde ( Teño tres cans, O terceiro coche está mal aparcado ). Algunhas das formas son variables en xénero e número ( un cuarto , dous cuartos , a cuarta parte, tres cuartas part...