Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta 3º ESO

INTRODUCIÓN Á LITERATURA

Imagem
  1. Que é a literatura?   A literatura é unha arte, como a música, a pintura, a escultura, o cine... na que se utilizan as palabras para emocionar e conmover.  1.1 Orixes   Poema de Gilgamesh A literatura xurdiu de xeito oral xa que o código escrito é posterior ao desenvolvemento da lingua falada. As súas orixes tamén se relacionan coa necesidade de narrar (contar) que ten o ser humano, forma parte da súa natureza. Por exemplo,  configurou mitos para explicar a creación do mundo, os fenómenos naturais... Entre os documentos máis antigos que conservamos están: O poema de Gilgamesh (narración épica sumeria, séculos XV ao XX a. C) e varios textos exipcios , entre os que destaca a Historia de Shinué (2000. a C). 1.2 Literatura oral e escrita, diferenzas: AUTOR: a literatura oral carece de autor coñecido; na escrita, pola contra, adóitase saber quen é o autor (aínda que en moitos textos antigos carecen de autoría) TRANSMISIÓN: no caso da literatura oral, a canle é...

ESQUEMA COMENTARIO TEXTOS LITERARIOS MEDIEVAIS CANTIGAS DOS TRES TIPOS 3ºESO

ESQUEMA- GUÍA QUE APARECERÁ NA PROBA INTRODUCIÓN: Tipo cantiga,   nome autor, identificación xénero.Orixe CONTIDO -  Tema principal , na Cantiga de amigo tamén o tipo. -   Estrutura partes e explicación do contido de cada unha -   Voces poéticas, interlocutores e outros elementos: Cantiga de amigo: a quen se dirixe a amiga (voz poética), que sentimentos expresa/ de que fala Cantiga de amor: a quen se dirixe o trobador (voz poética), que sentimentos expresa /de   que fala. Grao na escala dos amantes. Outros datos que teñan que ver co espazo ou co tempo. EXPRESIÓN  - Cantiga de refrán ou de mestría. Número de cobras e de palavras, esquema de rima e tipo. - Recursos estilísticos (refrán, paralelismo, leixaprén, dobres, mordobres, fiinda, atá fiinda, comparacións, hipérboles,. .) - Cantiga de amor: / campos semánticos principais. - Lingua: características propias da lingua medieval. CONCLUSIÓN     MODELO REDACTADO Intr...

A revolta das mulleres galegas contra a fame en 1847. Comentario crítico contexto Rexurdimento

Imagem
A revolta das mulleres galegas contra a fame en 1847   Foi un conflito de subsistencias no marco dunha crise xeral do sistema capitalista. Porén, na Galiza non se pode disociar das vagas sociais de fondo ligadas aos núcleos provincialistas, aínda activos após a derrota da revolución de abril de 1846. O capítulo galego da recesión mundial de 1847, aquela que analizou Karl Marx nun apartado dos 'Grundisse', testou máis unha vez o papel decisivo das mulleres na organización e dirección da protesta social. A Coruña, nun gravado francés de 1850 Acrise de 1847 na Galiza expresouse nun problema de subsistencias, ao dispararse o prezo dos cereais como consecuencia dunha caída da produción, dun aumento das exportacións para un mercado europeo con dificultades de abastecemento e dunhas prácticas co...