ESQUEMA COMENTARIO TEXTOS LITERARIOS MEDIEVAIS CANTIGAS DOS TRES TIPOS 3ºESO

ESQUEMA- GUÍA QUE APARECERÁ NA PROBA

INTRODUCIÓN: Tipo cantiga,  nome autor, identificación xénero.Orixe

CONTIDO

-  Tema principal , na Cantiga de amigo tamén o tipo.

-  Estrutura partes e explicación do contido de cada unha

-  Voces poéticas, interlocutores e outros elementos:

Cantiga de amigo: a quen se dirixe a amiga (voz poética), que sentimentos expresa/ de que fala

Cantiga de amor: a quen se dirixe o trobador (voz poética), que sentimentos expresa /de  que fala. Grao na escala dos amantes.

Outros datos que teñan que ver co espazo ou co tempo.

EXPRESIÓN 

- Cantiga de refrán ou de mestría. Número de cobras e de palavras, esquema de rima e tipo.
- Recursos estilísticos (refrán, paralelismo, leixaprén, dobres, mordobres, fiinda, atá fiinda, comparacións, hipérboles,. .)
- Cantiga de amor: / campos semánticos principais.
- Lingua: características propias da lingua medieval.


CONCLUSIÓN

 

 


MODELO REDACTADO

Introdución

Situámonos ante unha cantiga de..... ... (tipo: amigo, amor ou escarnio e maldizer / xénero menor) de  (nome do autor) xa  que  que aparece a palabra ....................  no verso.........( No caso das de amigo, vai aparecer este termo, ou "irmana, amiga, velida..."; no caso das de amor "senhor, dama..".  No caso das de escarnio e maldizer non hai ningunha palabra identificativa pero recoñecémolas porque son satíricas, é dicir porque atacan vicios, defectos e actitudes ou incluso a persoas concretas). Ademais, a voz  poética é ......... (masculina- amor  e escarnio; feminina- amigo).

A orixe destas cantigas é... (As cantigas de amor teñen orixe provenzal e réxense polo código do amor cortés,  o trobador está ao servizo dunha senhor, como se fose o seu vasalo e ela debe protexelo ou cando menos non mostrarse sanhuda con el. As cantigas de amigo teñen unha orixe autóctona que se vincula coa tradición europea oral da canción de muller e coas kharjas mozárabes na península. As cantigas de escarnio e maldizer teñen a súa orixe no sirventés provenzal que é unha composición satírica de tipo moral, pero aínda que no caso da galego-portuguesa de escarnio e maldizer, amplían temas).

ANÁLISE DO CONTIDO

Dende o punto de vista do contido, o tema principal é .................................(lembrade que o tema se fai cun substantivo abstracto) Ademais, dentro deste xénero, pertence ao subtipo ............. (no caso das de amigo e escarnio e maldicer hai subtipos, nas de amor non. Subtipos das cantigas de amigo: mariña ou barcarola, romaría, bailada, alba). 

Podemos dividir o texto en ......... partes. A primeira vai do verso....... ao verso................ e trata de .......... A segunda...................... (indícase cantas partes e que versos ou estrofas  comprende cada unha e logo explícase de que van. Estas cantigas son moi repetitivas, moitas veces dáse o tema principal na primeira cobra e logo, as seguintes van aportando pequenas variacións. Nun caso así, poderiamos facer só unha parte; hai quen considera esas pequenas variacións forman partes independentes, entón teriamos unha parte por cada cobra; e tamén é frecuente que o contido se agrupe de dúas en dúas estrofas cando hai leixaprén)

*** A continuación, indícovos que tratar, isto tédelo que redactar vós.

Cantiga de amigo. Hai que falar das personaxes: amiga : que sentimentos manifesta / amigo: se está ausente, sse ten ou non interese / nai: normalmente impide o romance / irmás e amigas: confidentes /elementos naturais: o mar, as ondas. A continuación, hai que comentar os elementos espaciais e temporais.

Cantiga de amor. Hai que falar da voz poética, do trobador, e indicar cales son os sentimentos amorosos que manifesta cara súa senhor; a quen se dirixe (aínda que vai falar da dama, pódese dirixir a ela, a Deus, ao Amor…).  Pola relación que manifesta coa amada temos que saber o grao de amante: fenhedor, precador, entendedor, drudo (este último aínda que na lírica provenzal existía, aquí só aparece en cantigas de escarnio e maldizer). Tamén hai que falar da amada e da relación que ten coa voz poética/trobador. Ela responde a un ideal de beleza e case non hai descrición: muller nova, brancura, pelo loiro… Se queredes podedes comentar a diferenza entre a dama provenzal e a nosa.

Cantiga de escarnio e maldizer. As primeiras fan sátiras xerais e as segundas, a personaxes concretas.FALTA COMPLETAR TIPOS

ANÁLISE DA EXPRESIÓN

Dende o punto de vista da expresión, estamos ante unha cantiga de ........... (de refrán se ten refrán, de mestría se non ten refrán).  Esta cantiga está formada por .......(indicar o número) de cobras de .......(indicar o número) cada unha, con rima ............. (macho ou femia). O esquema  métrico sería o seguinte: . ....(indicar o esquema métrico).

Como todos sabemos, as cantigas teñen como finalidade seren cantadas e nese senso, abondan os recursos de repetición como ................. (paralelismo, leixaprén, dobres, mordobres, fiinda, atá fiinda. Hainos que explicar indicando os versos).   Tamén atopamos ......  ( Nos tres tipos pode haber: comparacións, hipérboles. Nas de escarnio e maldizer: equívocos, diloxías). 

(Só para a cantiga de amor) Con respecto ao léxico, destacan os seguintes campos semánticos............ ( louvanza da dama, reserva da dama, coita de amor, amor do poeta. Debedes indicar que campos sémicos predominan e algún exemplo)  A función destes campos semánticos é enxalzar o tema principal.

Por último, con respecto á lingua,  o galego portugués era unha koiné (explicación). Destacan as grafías nh ou lh, g/ j; z/ ç (exemplos) (aquí, todo o que vexades diferente da lingua actual ten cabida: apóstrofes, palabras como senhor que tiñan unha terminación en OR para ambos xéneros..)

Xa para rematar,............................ (recapitulades o máis importante ou indicades a vosa impresión pero sen “ Gústame / non me gusta”)

 

 COMENTARIO CANTIGAS MEDIEVAIS

INTRODUCIÓN:
- Se sabemos quen é o autor haino que indicar aquí. A continuación, tedes que identificar o xénero e o tema principal.
- Orixe destas cantigas (provenzal- amor e escarnio, autóctono - amigo)

CONTIDO

-  Indicamos o tema principal (se non falamos del antes na introdución)  e a tipoloxía segundo a temática.

- Resumo do contido (moitas veces repite a mesma idea nas sucesivas cobras) e/ou estrutura. Pódense facer ambas cousas pero o mellor é facer unha estrutura e resumir mentres explicas as partes.  Á hora de facer a estrutura hai que indicar os versos que comprende cada parte.

- Elementos significativos: datos contextuais que poida ofrecer para favorecer a cantiga (algunha descrición da dama, datos sobre o espazo e o tempo, algún que aspectos subliña: defectos, vicios. nas de escarnio,  se aparece máis dunha personaxe...

EXPRESIÓN

- Número de cobras e de versos, esquema de rima
- Recursos estilísticos (refrán, paralelismo, leixaprén, dobres, mordobres, fiinda, atá fiinda, comparacións, hipérboles, diloxía, paradoxo...)
- Léxico propio do xénero e relacionado co tema/ campos semánticos principais.
- Lingua: características propias da lingua medieval.


CONCLUSIÓN

 


Comentários

Mensagens populares deste blogue

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación

¡Soia! Follas Novas Comentario