Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta COMENTARIO CRÍTICO

A violación. Artigo de opinión Teresa Barro. Comentario crítico

A violación Para xulgar a violación é preciso entender de onde provén e a que responde. A violación xorde das ideas supremacistas que se teñen do que son as mulleres e para que son, e úsase tamén para castigar, torturar e amedrontar. A violación é como matar e torturar: é reducir un ser humano a nada. Nas guerras é unha das armas que se usan para aterrorizar, asoballar e aldraxar.  Pero non se toma en serio porque forma parte do sistema patriarcal e do supremacismo que ese sistema impón. O patriarcado decretou que o varón tiña superioridade nata sobre a muller, que a muller nacía para servilo e glorificalo, e que sen el non era nada, nen muller sequera. A muller e os fillos son propriedade do patriarca e os varóns teñen direito a posuir ás mulleres e ¨facelas deles¨.  Na mentalidade supremacista criada polo patriarcado, os violadores fanlles un favor ás mulleres que violan, poisque lles ensinan a seren mulleres e fannas sentir o que elas queren se...

Nova xornada de protestas e disturbios nos EUA pola morte de George Floyd. Comentario Crítico

Nova xornada de protestas e disturbios nos EUA pola morte de George Floyd Á lista de casos de violencia policial e racismo que se viven nos EUA sumouse a semana pasada a morte en Minneapolis dun cidadán negro baixo custodia policial logo de que un dos axentes mantivese o xeonllo sobre o pescozo del durante case nove minutos. A carraxe nestes sete días foi en aumento nas rúas e estendeuse por todo o país. Onte viviuse nos Estados Unidos unha nova xornada de protestas pola morte hai unha semana do cidadán negro George Floyd a mans dun policía branco en Minneapolis (Minnesota). Protestas que se converteron en fortes enfrontamentos coa policía e en disturbios, incluídos saqueos de tendas e o uso excesivo da forza por parte dos axentes.  Floyd morreu despois de ser arrestado pola Policía. O vídeo onde se pode ver un axente branco axeonllado durante varios minutos sobre o pescozo deste home de 46 anos, detido por unha suposta falsificación, fixo estalar as protestas. Na...

A revolta das mulleres galegas contra a fame en 1847. Comentario crítico contexto Rexurdimento

Imagem
A revolta das mulleres galegas contra a fame en 1847   Foi un conflito de subsistencias no marco dunha crise xeral do sistema capitalista. Porén, na Galiza non se pode disociar das vagas sociais de fondo ligadas aos núcleos provincialistas, aínda activos após a derrota da revolución de abril de 1846. O capítulo galego da recesión mundial de 1847, aquela que analizou Karl Marx nun apartado dos 'Grundisse', testou máis unha vez o papel decisivo das mulleres na organización e dirección da protesta social. A Coruña, nun gravado francés de 1850 Acrise de 1847 na Galiza expresouse nun problema de subsistencias, ao dispararse o prezo dos cereais como consecuencia dunha caída da produción, dun aumento das exportacións para un mercado europeo con dificultades de abastecemento e dunhas prácticas co...

Os escravos galegos en Cuba en 1854: “Traballan como dous negros”. Comentario crítico, textos relacionados co Rexurdimento

Imagem
Os escravos galegos en Cuba en 1854: “Traballan como dous negros” A mediados do século XIX, saíron de Galicia centos de galegos para converterse en escravos. Aproveitando a fame que vivía o país, o empresario Urbano Feijoo creou unha compañía para levar á Habana xornaleiros para traballar no ferrocarril e nas plantacións de azucre baixo condicións inhumanas . O obxectivo era ‘branquear’ Cuba, repoboándoa de galegos, que facían “o mesmo traballo que dous negros, ao prezo dun só escravo”. Urbano Feijoo Sotomayor nacera en Viana do Bolo en 1798, pero foi en Cuba onde fixo fortuna. Grazas ás súas boas relacións, chegou a administrar alí cinco enxeños azucreiros , tres cafetais e varias facendas. Tamén foi accionista do ferrocarril de Sagua. Urbano Feijoo. Ademais, en 1854 foi elixido deputado en Cortes pola circunscrición de Ourense , dentro do Partido Liberal. Foi ese ano no que puxo en marcha a súa empresa, movido segundo dicía polo seu “ filantrópico pensamen...

TEXTO COMENTARIO CRÍTICO Feminino gramatical / feminino real

Imagem
Feminino gramatical / feminino real Leo no noso diario (nº 91): "Cada día do mes de abril Galiza sufriu unha baixa de 54 autónomas" e boto as mans á cabeza. Feminicidio laboral? Axiña me decato, claro está, de que a penosa cifra se refere a autónomos en xeral e xustamente boto en falta na información cantos deste gremio en tan dificultosa situación son mulleres. O mesmo diría de "veciñas" ou de "alcadesas". Esta escolla gramatical non é só que sexa errónea, é que é equívoca e contraproducente, pois mesmamente non discrimina, para sabermos en todo caso cantas son mulleres. Que pasaría se lésemos nos avisos alertadores do tránsito: "X... tantas mortas na Semana Santa do ano pasado". Lemos: "mortos" e este nome inclúe homes, mulleres, nenos e vellos, claro está. Igualmente, se lésemos: "As delincuentes ou as bárbaras que cometeron tal ou cal atropelo...": por que temos de dar por suposto que son mulleres? Tal uso é fillo ...

COMENTARIO CRÍTICO. PROPOSTA OGALEGO.EU

PARTE DE TEXTOS DAS ABAU: COMPRENSIÓN E PRODUCIÓN En que consisten   as preguntas 1, 2, 3 dos exames das ABAU e como se puntúan. a) Comprensión textual (preguntas 1 e 2), o que se valora Formularanse dúas cuestións breves —cunha valoración de 1 punto cada unha— sobre algún aspecto de interpretación e análise do texto proposto, na liña das que a continuación se indican a modo de exemplo: • Resumo breve do texto ou dunha parte del. • Estrutura do texto. • Ideas principais e secundarias. • Intencionalidade do texto: o alumado deberá comprender o sentido real do texto, máis alá da súa literalidade, percibindo recursos como, por exemplo, a ironía, as implicaturas, presuposicións... • Significado concreto no texto dalgunhas palabras, expresións ou fragmentos. • Recoñecemento e descrición de recursos cohesivos gramaticais e léxico-semánticos. • Descrición do rexistro do texto e análise das súas manifestacións lingüísticas. b) Produción textual (pregunta 3), ...