Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta 3ºESO

TEXTOS ROSALÍA COMENTARIO LITERARIO Follas novas

Aquí vos deixo textos de Rosalía de Follas novas Tamén vos animo a ler a obra e para iso,déixovos dous enlaces á obra íntegra:  Edición da biblioteca Galiciana Edición de 1943   Basta unha morte Cala, can negro, n'ouvees á porta de quen ben quero; corvos, non voés por riba do sobrado onde está enfermo; co teu resprandor, Compaña, vaite, non lle poñas medo. Si é que queres que alguén morra, eu sei dun san que contento por el déravo-la vida e irá convosco ós infernos. Viúvas dos vivos, viúvas dos mortos, Follas Novas 1880 A xustiza pola man   Aqués que tén fama d' honrados na vila roubáronme tanta brancura qu' eu tiña; botáronme estrume nas galas dun día, a roupa de cote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron en dond' eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; ó raso cas lebres dormín nas campías; meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería, ¡morreron, morreron ca fame que tiñan! Quedei deshonrada, mucháronm' a vida, ...

ROSALÍA É MOITO!!! II

Imagem
 Ilustradora Abi Castillo Apuntamentos da Profa , é moi interesante o tratamento da imaxe de Rosalía. Aquí hai información de todo o Rexurdimento. Apuntamentos de Rosalía de Castro da profe Anxos Rial ROSALÍA DE CASTRO 1. INTRODUCIÓN 2. VIDA E OBRA 3. CANTARES GALLEGOS (1863) 3.1. INTENCIÓN E COMPOSICIÓN 3.2. ESTRUTURA E VOCES 3.3. OS TEMAS 3.4. FORMAS 3.5. RECEPCIÓN 4. FOLLAS NOVAS (1880) 4.1 ESTRUTURA E NÚCLEOS TEMÁTICOS 4.2. A CONCEPCIÓN DA VIDA EN FOLLAS NOVAS 5. A PROSA DE ROSALÍA 1. INTRODUCIÓN Na segunda metade do século XIX, o lento agromar da conciencia nacional como resposta aos males do país –explotación, marxinación, atraso económico e emigración– medra parello á reivindicación lingüística, de xeito que o simple emprego do galego constitúe unha clara opción ideolóxica . E a mellor maneira de prestixiar un idioma é utilizalo como vehículo dunha grande obra literar...