SOMOS ROMÁNICOS CONTEXTO Vivimos nun mundo globalizado no que cada vez é máis complexo conservar o patrimonio lingüístico. Nesta Europa é multilingüe e multicultural hai unha atención moi desigual á linguas minoritarias e minorizadas cuxa oficialidade, promoción e normalización dependen en boa medida da vontade dos gobernos, aínda que haxa lexislación de apio como a Carta Europea das Linguas minoritarias. Neste senso, nós queremos poñer en valor dúas linguas minorizadas como son o galego e o sardo, a través da lingüística románica, apoiándonos no latín como lingua nai e no castelán como complemento. É dicir, que o alumnado vexa a potencialidade da súa propia bagaxe lingüística xa que, en boa medida, a promoción feroz das linguas hexemónicas fai que vivamos de costas a esa Europa multilingüe da que falabamos ao inicio. OBXECTIVO PRINCIPAL ...
Mensagens
A mostrar mensagens de maio, 2026