Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta FOLLAS NOVAS

TEXTOS ROSALÍA COMENTARIO LITERARIO Follas novas

Aquí vos deixo textos de Rosalía de Follas novas Tamén vos animo a ler a obra e para iso,déixovos dous enlaces á obra íntegra:  Edición da biblioteca Galiciana Edición de 1943   Basta unha morte Cala, can negro, n'ouvees á porta de quen ben quero; corvos, non voés por riba do sobrado onde está enfermo; co teu resprandor, Compaña, vaite, non lle poñas medo. Si é que queres que alguén morra, eu sei dun san que contento por el déravo-la vida e irá convosco ós infernos. Viúvas dos vivos, viúvas dos mortos, Follas Novas 1880 A xustiza pola man   Aqués que tén fama d' honrados na vila roubáronme tanta brancura qu' eu tiña; botáronme estrume nas galas dun día, a roupa de cote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron en dond' eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; ó raso cas lebres dormín nas campías; meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería, ¡morreron, morreron ca fame que tiñan! Quedei deshonrada, mucháronm' a vida, ...