Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta 4º ESO

HISTORIA EXTERNA DA LINGUA GALEGA

Imagem
Breve historia da lingua galega (Xosé Ramón Freixeiro Mato) Genial.ly cronoloxía dos momementos momentos máis relevantes da lingua galega.

INTRODUCIÓN Á LITERATURA

Imagem
  1. Que é a literatura?   A literatura é unha arte, como a música, a pintura, a escultura, o cine... na que se utilizan as palabras para emocionar e conmover.  1.1 Orixes   Poema de Gilgamesh A literatura xurdiu de xeito oral xa que o código escrito é posterior ao desenvolvemento da lingua falada. As súas orixes tamén se relacionan coa necesidade de narrar (contar) que ten o ser humano, forma parte da súa natureza. Por exemplo,  configurou mitos para explicar a creación do mundo, os fenómenos naturais... Entre os documentos máis antigos que conservamos están: O poema de Gilgamesh (narración épica sumeria, séculos XV ao XX a. C) e varios textos exipcios , entre os que destaca a Historia de Shinué (2000. a C). 1.2 Literatura oral e escrita, diferenzas: AUTOR: a literatura oral carece de autor coñecido; na escrita, pola contra, adóitase saber quen é o autor (aínda que en moitos textos antigos carecen de autoría) TRANSMISIÓN: no caso da literatura oral, a canle é...

LITERATURA GALEGA DE POSGUERRA

Imagem
    Artigos relacionados AELGA   Tendencias da lírica na posguerra Nova narrativa galega. Mapa 

Ricardo Carvalho Calero Letras Galegas 2020

Como xa sabedes, o autor ao que se lle dedican as Letras Galegas 2020 é Ricardo Carvalho Calero.   Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol,  o 30 de outubro de 1910 e morreu o 25 de marzo de 1990 en Santiago de Compostela. Crítico literario, filólogo, lingüista e escritor, amosou dende moi cedo o seu compromiso coa lingua e coa terra como mostra a súa adhesión ao Seminario de Estudos Galegos e ao Partido Galeguista. Alén disto, foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galgas da USC,  membro numerario da Real Academia Galega (aínda que acabou renunciando), e membro de honra da Associaçom Galega da Língua. Está considerado o ideólogo do reintegracionismo que consisteen considerar á lingua galega como variedade do portugués ou, do galego-portugués. Como crítico e literato ten unha extensa obra. Ademais de ensaio, cultivou a poesía ( Vieiros , 1931;  O silenzo axionllado, 1934; Anxo de terra , 1950; Poemas pendurados dun cabelo , 1952;  Salerio de Fing...