Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta DENOTACIÓN

SEMÁNTICA. CONCEPTOS RELACIONADOS E RELACIÓNS SEMÁNTICAS.

Imagem
    ogalego.eu SEMÁNTICA 1. Conceptos básicos. A semántica estuda o significado das palabras. Unidades: Sema : os semas son os trazos significativos das palabras. Ex: cadeira: asento, con respaldo, con patas... Cada unha das características que identifican á cadeira dende o punto do significado, serían  semas. Semema : conxunto de todos os semas que se asocian a un lexema. Lexema : é a unidade mínima dotada de significante e significado. Ex: cadeira, sofá ... 2. Campo semántico,  campo asociativo e familia léxica O conxunto de palabras que teñen  un ou máis semas comúns e algún oposto ou diferenciador  forman un  campo semántico . É dicir, comparten un ou máis trazos do seu significado.Ex: campo semántico dos asentos :   cadeira, banco, banqueta, sofá, escano, tallo.  Semas : obxecto para se sentar as persoas, con respaldo, para unha persoa, con brazos, con patas, baixo... Todas as palabras dun campo semántico t...