Os escravos galegos en Cuba en 1854: “Traballan como dous negros”. Comentario crítico, textos relacionados co Rexurdimento
Os escravos galegos en Cuba en 1854: “Traballan como dous negros” A mediados do século XIX, saíron de Galicia centos de galegos para converterse en escravos. Aproveitando a fame que vivía o país, o empresario Urbano Feijoo creou unha compañía para levar á Habana xornaleiros para traballar no ferrocarril e nas plantacións de azucre baixo condicións inhumanas . O obxectivo era ‘branquear’ Cuba, repoboándoa de galegos, que facían “o mesmo traballo que dous negros, ao prezo dun só escravo”. Urbano Feijoo Sotomayor nacera en Viana do Bolo en 1798, pero foi en Cuba onde fixo fortuna. Grazas ás súas boas relacións, chegou a administrar alí cinco enxeños azucreiros , tres cafetais e varias facendas. Tamén foi accionista do ferrocarril de Sagua. Urbano Feijoo. Ademais, en 1854 foi elixido deputado en Cortes pola circunscrición de Ourense , dentro do Partido Liberal. Foi ese ano no que puxo en marcha a súa empresa, movido segundo dicía polo seu “ filantrópico pensamen...