Mensagens

Imagem
SOMOS ROMÁNICOS CONTEXTO           Vivimos nun mundo globalizado no que cada vez é máis complexo conservar o patrimonio lingüístico. Nesta Europa é multilingüe e multicultural hai unha atención moi desigual á linguas minoritarias e minorizadas cuxa oficialidade, promoción e normalización dependen en boa medida da  vontade dos gobernos, aínda que haxa lexislación de apio como a Carta Europea das Linguas minoritarias.              Neste senso, nós queremos poñer en valor dúas linguas minorizadas  como son o galego e o sardo, a través da lingüística románica, apoiándonos no latín como lingua nai e no castelán como complemento. É dicir, que o alumnado vexa a potencialidade da súa propia bagaxe lingüística xa que, en boa medida, a promoción feroz das linguas hexemónicas fai que vivamos de costas a esa Europa multilingüe da que falabamos ao inicio.  OBXECTIVO PRINCIPAL           ...

WAYÚ - GALEGO

Imagem
                                                          WAYÚ/ WAYUU /GUAJIRO O wayuu (en wayuu: Wayuunaiki ) é unha lingua arauaca falada por 305 000 persoas do pobo wayuu , que habitan no noroeste de Venezuela e no nordeste de Colombia , na península da Guajira . O wayuu é unha das grandes linguas arauacas . Existen diferenzas mínimas dependendo da rexión da Guajira na que vivan os falantes. A meirande parte dos mozos wayuu tamén falan español de xeito fluído. A extinta lingua guanebuca puido ter sido un dialecto do wayuu. Para promover a integración cultural e o ensino bilingüe entre os wayuu e os outros colombianos, o Centro Etnoeducativo Kamusuchiwo’u desenvolveu unha iniciativa para crear un dicionario ilustrado wayuunaiki–español, español–wayuunaiki. [ 1 ] O wayuu está clasificado...

O VERBO II

Imagem
 O VERBO II ( cotovia.org ) A conxugación verbal Como xa dixemos, os verbos son palabras variables e, polo tanto, empregámolas combinando os distintos morfemas para poder expresar todas as posibilidades significativas de tempo, modo, número, persoa e aspecto. Á hora de establecermos a combinación entre os lexemas e mais os distintos morfemas, é dicir, á hora de conxugalos, distinguimos en realidade, tres grupos de verbos: Os verbos regulares : fórmanse sempre unindo ao lexema as desinencias modo-temporais e numero-persoais dun verbo patrón. Os verbos semirregulares : trátase de verbos que, sendo regulares na maior parte das súas formas, presentan algunhas particularidades que afectan á acentuación ou ao cambio dalgunhas vogais no presente de indicativo. Os verbos irregulares : presentan variacións que afectan maioritariamente ao lexema e nalgúns casos tamén ás desinencias.   A conxugación dos verbos regulares.   A maioría dos verbos da lingua conxúganse de forma regular p...

O VERBO I

Imagem
  O VERBO I ( cotovía.org )  Introdución Un dos tipos de palabras que máis rendibilidade ofrece á hora de construírmos os textos é o verbo. O verbo é a palabra que empregamos para contar as cousas que suceden ou que imaxinamos e tamén para falar dos nosos sentimentos ou das nosas necesidades e iso é, en definitiva, o que facemos cando falamos de nós ou cando relatamos algún feito propio ou alleo. Por suposto, o que expresemos co verbo depende do significado que ese verbo teña, pero máis alá do seu significado particular ( andar, beber, decidir, rabear... ) todos teñen en común o feito de que se refiren a unha acción, a un estado ou a un proceso e que ademais achegan outros significados, como o tempo no que transcorre ese feito ( Canto moi ben/ Cantei moi ben onte no festival ) ou se é unha realidade ou é un desexo  (Cantarei moi ben/ Oxalá cante ben no festival ), por exemplo. O verbo é un tipo de palabra variable que serve para expresar accións, estados ou procesos . ...

HISTORIA EXTERNA DA LINGUA GALEGA

Imagem
Breve historia da lingua galega (Xosé Ramón Freixeiro Mato) Genial.ly cronoloxía dos momementos momentos máis relevantes da lingua galega.

UN CHISCO DE SOCIOLINGÜÍSTICA EN IMAXES

Imagem
  CALENDARIO 2017 PARA GCIENCIA DE L.DÁVILA

O PRONOME PERSOAL

Imagem
  O pronome persoal ( cotovia.org ) Neste repaso que andamos a facer polos tipos de palabras cos que contamos na lingua, ímonos agora parar na última categoría pertencente ao grupo das palabras variables: o pronome persoal. Xa vimos no seu momento que o pronome é unha especie de comodín, é dicir, un tipo de palabra que serve para, chegado o caso, poder colocala no lugar dun substantivo, que se cadra xa utilizamos varias veces e non queremos seguir repetindo. Tamén vimos que existen dous tipos de pronomes: os que comparten as súas formas cos adxectivos determinativos (demostrativos, posesivos, indefinidos, numerais, relativos, interrogativos e exclamativos) que chamamos xenericamente “pronomes non persoais” e os pronomes persoais. E por que establecemos estes dous grupos? Vémolo a continuación:   Caracterización dos pronomes persoais Os pronomes persoais son palabras variables que empregamos para referirnos ás tres persoas do discurso ( a quen fala, a quen escoita e a aquela pe...