Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta 1ºESO

O XÉNERO LÍRICO II

No tema anterior vimos os aspectos poéticos que gardan relación coa métrica, e tamén que as rimas e as estrofas non son elementos imprescindibles, pois existe poesía de moi boa calidade que carece de rima e outras que si a teñen e son auténticos ripios ( textos que riman pero non transmiten emoción e nos que non hai beleza). Daquela, se a rima non é a que crea a poesía, que outros aspectos debemos ter en conta para comprendela? O CONTIDO DO TEXTO: As voces poéticas Para analizar un poema é moi importante saber quen fala e ese suxeito chámase VOZ POÉTICA.  Podemos ter tantas voces poéticas como persoas gramaticais (EU, TI, EL,NÓS, VÓS ELES/AS), pero o máis frecuente é que sexa ou unha primeira persoa ( P1 ou EU lírico) ou unha terceira persoa (P3). Para detectar a voz poética, hai que fixarse nos verbos e saber cal é a súa persoa gramatical ("amo","vivo"... están en P1, fronte a "el ama" ," ela vive" que están en P3).  Cando se utiliza a voz  poét...

LITERATURA: O XÉNERO NARRATIVO

Imagem
  O xénero narrativo. Os elementos da narración (Proxecto Cotovía) Introdución Como xa dixemos, fronte ao resto das narracións, as de carácter literario caracterízanse porque os feitos que nelas se contan non pertencen á realidade senón á ficción , son sucesos inventados por un autor ou autora coa finalidade de entreter o público que, con posterioridade, gozará coa historia que se conta e tamén coa maneira na que ese autor/a decidiu contala. Ademais na narración literaria non só hai ficción na historia que se conta, tamén a hai na persoa que a conta, xa que o emisor non é alguén real senón un medio do que se vale o autor/a (este si que é real) para facernos chegar a historia. Unha obra literaria pode contar unha historia que xa coñecemos e non por iso resultar aburrida porque o interese está en como se nos conta máis que no que se nos conta. Isto non quita que sexa preferible que detrás do relato tamén haxa unha boa historia. De todos os xeito...

INTRODUCIÓN Á LITERATURA

Imagem
  1. Que é a literatura?   A literatura é unha arte, como a música, a pintura, a escultura, o cine... na que se utilizan as palabras para emocionar e conmover.  1.1 Orixes   Poema de Gilgamesh A literatura xurdiu de xeito oral xa que o código escrito é posterior ao desenvolvemento da lingua falada. As súas orixes tamén se relacionan coa necesidade de narrar (contar) que ten o ser humano, forma parte da súa natureza. Por exemplo,  configurou mitos para explicar a creación do mundo, os fenómenos naturais... Entre os documentos máis antigos que conservamos están: O poema de Gilgamesh (narración épica sumeria, séculos XV ao XX a. C) e varios textos exipcios , entre os que destaca a Historia de Shinué (2000. a C). 1.2 Literatura oral e escrita, diferenzas: AUTOR: a literatura oral carece de autor coñecido; na escrita, pola contra, adóitase saber quen é o autor (aínda que en moitos textos antigos carecen de autoría) TRANSMISIÓN: no caso da literatura oral, a canle é...