O XÉNERO LÍRICO II
No tema anterior vimos os aspectos poéticos que gardan relación coa métrica, e tamén que as rimas e as estrofas non son elementos imprescindibles, pois existe poesía de moi boa calidade que carece de rima e outras que si a teñen e son auténticos ripios ( textos que riman pero non transmiten emoción e nos que non hai beleza). Daquela, se a rima non é a que crea a poesía, que outros aspectos debemos ter en conta para comprendela? O CONTIDO DO TEXTO: As voces poéticas Para analizar un poema é moi importante saber quen fala e ese suxeito chámase VOZ POÉTICA. Podemos ter tantas voces poéticas como persoas gramaticais (EU, TI, EL,NÓS, VÓS ELES/AS), pero o máis frecuente é que sexa ou unha primeira persoa ( P1 ou EU lírico) ou unha terceira persoa (P3). Para detectar a voz poética, hai que fixarse nos verbos e saber cal é a súa persoa gramatical ("amo","vivo"... están en P1, fronte a "el ama" ," ela vive" que están en P3). Cando se utiliza a voz poét...