CORRECCIÓN DE TAREFAS 3ºESO


TAREFAS ESCRITAS
1. Lectura dos posts anteriores de literatura medieval (lírica satírica e relixiosa e prosa medieval).   Rresumo/esquema/mapa conceptual... o que a tecnoloxía permita dos contidos principais de literatura.











ESQUEMA DE COMENTARIO
2. Repaso do pronome: exercicios 9 e 10 ogalego.eu (só as 10 primeiras frases de cada un)


2. Comentario de texto dunha cantiga de escarnio e maldizer que seleccionedes vós da recompilación que está en rede. Aquí contéstovos a cada un, ao non facerdes todos a mesma cantiga, non podo pór un modelo.


9)https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/solucions/morfoloxia/pronomepersoal/9.htm

10) https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/solucions/morfoloxia/pronomepersoal/10.htm


3. Lectura páxina 113 (abreviación, abreviatura e símbolo) e exercicios: 1,2,3 e 5

Páxina 113

1. Bolígrafo; manifestación; metropolitano; otorrinolaringólogo/a; poliomielite; progresista; taxímetro; televisión.

2. AA. VV. - Asociación de Veciños/as.

asdo. – asinado.

dto. – desconto.

ed. – Edición; editor/a.

páx. – Páxina.

r/ - rúa.

s/n – sen número.

vs – versus.

3. Abreviaturas de formas de tratamento: Dra., Sr., Vde., Ilmo., Dna.

5. C – carbono [Química].

h – hora [Física].

÷ – dividido/a por [Matemáticas].

m – metro [Física].

π – número pi [Matemáticas].

Tb – terabyte [Informática].

≠ – diferente a [Matemáticas].

kg – kilogramo [Física].

T – corchea [Música].

$ – dólar [Economía].


4. Lectura páxina 118 e exercicio 1,2 e 4

1. Fala con corrección inglés, francés, alemán etc., mais non sabe falar ben a súa primeira lingua.

Inés naceu en Madrid; Eva, en Sevilla.

“Miguel fai o que queiras”. Isto foi o último que me dixo.

Os atletas, que xa estaban moi cansados, pararon. Tamén é posíbel non empregar as vírgulas, segundo o

tipo de cláusula de relativo (explicativa ou especificativa).

Aldán, que coñece moita xente, díxome que Luís, o seu cuñado, me podía axudar.

A tranquilidade, a amabilidade das súas xentes, as fermosas paisaxes etc. son factores importantes para

escoller un destino turístico.

Se queres que vaia contigo ao teatro, tes que acompañarme ao museo.

2. Un grave accidente ocasionou a dimisión da xunta directiva.

No val de Loureda (Arteixo) encóntranse moitas árbores froiteiras; imos até alí?

Cartelle, 23 de xaneiro de 2015.

Podes levar a miña cámara de fotos nova, mais ten moito coidado; non a perdas!

Sr. Casas, enviámoslle inmediatamente os lapis, os marcadores e as pastas que nos encargou.

Uns ían cantando; outros, bailando.

O IES da Laracha está a 100 m da biblioteca municipal.

4. RESPOSTA ABERTA


TAREFA ORAL : DEBATE/ARGUMENTACIÓN (lectura páxina 134  do libro de texto): corrección individual





Comentários

Mensagens populares deste blogue

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

MODELO DE COMENTARIO DE TEXTOS LITERARIOS