O SUBSTANTIVO E O ADXECTIVO. CARACTERIZACIÓN MORFOLÓXICA E SEMÁNTICA
O substantivo e o adxectivo Presentación en diapositivas de Carolina Pérez Campelo 1. Introdución O substantivo é unha clase de palabra que designa entidades do mundo: seres vivos ( sapoconcho, amigas …), cousas inanimadas ( libro, paraugas …) ou conceptos abstractos ( amizade, intolerancia …). O adxectivo é unha clase de palabra que expresa características atribuídas a elementos designados polos substantivos aos que acompañan. Morfoloxicamente, o substantivo e o adxectivo caracterízanse por presentar morfemas flexivos de xénero e número . No caso do adxectivo, ten que concordar sempre co substantivo ao que acompaña. 2. O xénero 2.1. Substantivos dun só xénero Son substantivos invariables en canto ao xénero. Pertencen exclusivamente ou ben ao masculino ( o caderno, o amor ) ou ben ao feminino ( a amizade, a chave ). Lembra que en galego... Son femininos… A maioría das árbores froiteiras e os seus froitos. Ex.: a cerdeira / a cereixa, a laranxeira ...