3º ESO TAREFA RECUPERACIÓN


Teñen que facer esta tarefa todos aqueles que suspendesen algunha parte da materia:
Aquí tedes un texto de Ánxela Gracián titulado As noites que o vento asubía o teu nome
    Unha vez que o leades, tedes que:
-facer un pequeno traballo de investigación: quen eran María Peres a Balteira e o Xograr Lourenzo?
- Indicar tema principal, resumo e opinión persoal do texto.

Comentários

  1. 3º ESO TAREFA RECUPERACIÓN

    María Peres a Balteira: era o nome real da mellor de todas as xograresas que cantaron
    na lírica medieval galego-portuguesa, tamén a máis fermosa, ou cando menos a máis
    aldraxada. Seus pais eran fidalgos e deles herdou as terras que posuía e que
    coñecemos polas vendas e doazóns que fixo ós mosteiros de Sobrado e Monfero.
    O seu oficio foi o de soldadeira, xograresa adscrita á corte e que recibía soldada, polo
    seu traballo de cantante ou bailarina. Non obstante, pola súa vida licenciosa, cómpre
    pensar na compatibilidade co oficio de prostituta. Frecuentou a corte de Fernando III e
    Afonso X e contra ela escribiron quince cantigas de escarnio dez autores, entre eles o
    propio Rei Sabio. Bótanlle en cara toda clase de vicios —xogar ós dados, desplumar a
    xente, transmitir doenzas, relacións sexuais con clérigos, escolares, xograres, etc.— e
    búrlanse dela polo seu arrepentimento, as cruzadas e a vellez. O feito de que se lle dea
    importancia lévanos a pensar que, malia a vida desordenada que levou, esta fidalga
    tivo moito peso na súa época na que o papel da muller tiña moi pouca relevancia.

    Xograr Lourenzo: foi un xograr portugués do segundo terzo do século XIII. Ao servizo
    nun longo tempo de Johan Garcia de Guilhade, frecuentou as cortes portuguesa de
    Afonso III e castelá de Afonso X. Nacido en Portugal, en Terras de Cornelhá, está
    considerado como galego de espírito porque foi en Santiago onde aprendeu as artes
    musicais e de poeta. Foi na catedral de Santiago de Compostela onde exerceu de cedo
    como organista a mediados do século XIII. Pouco máis tarde trasladouse á corte castelá
    de Afonso X, onde gaña sona como un dos trobadores máis destacados pola súa
    calidade compositiva e pola arte á hora de improvisar. Despois duns anos, volve
    outrora a Portugal e triunfa na corte do rei Afonso III. É autor de 18 textos.

    Tema principal: como María Balteira cóntalle sucesos dunha etapa da súa vida ao
    Xograr Lourenzo.

    ResponderEliminar
  2. Resumo:
    Comeza cunha carta de María Balteira ao Xograr Lourenzo, esta deséxalle boa saúde, e
    cóntalle que os médicos lle diagnosticaron a locura pero que ela non o cría, pero
    confesáballe que non tiña a saúde de antes xa que os anos non perdoan.
    María pedíalle todos os días a Deus que o asubío do vento non fose o último que
    escoitase. Tamén contoulle que había cometido moitos pecados e que non había
    ninguén que a salvase do inferno. Esta pediulle a Lourenzo que cando morrese levase o
    seu cadáver alí onde puidera oír o rechouchío das rolas e que a enterrase en sagrado e
    nun túmulo de pedra pois non quixera ser pasto de cans nin comida de lobos.
    Contoulle a Lourenzo que no mundo había tres tipos de homes: os que coidan das
    nosas almas, os que coidan dos nosos corpos e os que traballan. Faloulle dunha triloxía
    piramidal e aseguráballe que as Sagradas Escrituras gradan outra cousa.
    María había aprendido moitas cousas nos mosteiros e abadías. María tamén dicía que
    o número dous é o número que goberna a razón do noso pensamento, dous, a loita de
    contrarios, pero ela dicía que o xusto era equilibralo nun punto medio.
    Ela confesaba que nunca tivo fillos e que lle pesaba pero María Balteira facía o que lle
    petaba e iso non acae ben á condición de nai que se dá ós seus fillos. Moi poucos
    homes recoñecen a verdade das súas mulleres e moi poucos as aman. María gorentaba
    unha sociedade xusta para as mulleres, que sendo as que dan vida lles fose dado algo
    máis ca un papel secundario para as súas vidas.
    As defensoras da moral pública deron en dicir que María Balteira era unha candonga,
    unha desvergoñada e unha puta.
    Despois María atopou unha compañía de tunantes ¡, foi falar cun cura e díxolle que a
    súa alma estaba perdida, entón marchou a Xerusalén. Embarcou nunha nave camiño a
    Terra Santa para buscar a purificación da súa alma e para seguir a vontade de El-Rei.
    Pero ao chegar a súa terra foi acusada de pederastia e corrupción moral.
    Por último díxolle a Lourenzo que esa noite iba a ir a por ela a muller da gadaña e
    tamén preguntoulle se sabía das noites máis longas. Lourenzo ao ler a carta
    respondeulle que si, que as noites mais largas eran as que o vento asubiaba o seu
    nome. E así acaba esta historia.

    Opinión persoal: a verdade é que o libro non ha sido do meu agrado, hai nalgunhas
    partes que perdíame e non era capaz de seguir a historia por moito que puxese
    atención, creo que hai algunhas partes nas que se para demasiado o conto e que non
    son tan importantes. Ademais foime difícil ter que ler o conto a través de internet,
    pero si que hai algunhas partes que gustáronme bastante e que disfrutei.

    ResponderEliminar
  3. Ola son Mencía Vázquez e os comentarios que hai ahí son meus

    ResponderEliminar
  4. Tarefa de recuperación: Lectura do texto de Ánxela Gracián titulado As noites en que o vento asubía o teu nome:

    1.- Quen era María Balteira e o Xograr Lourenzo?
    -María Balteira: é a personaxe que lle escribe á carta ao seu amigo Xograr Lourenzo. Baixaba sempre coas primeiras luces da alba, por ver se había correos que lle dixeran que o perdón que solicitara de El-Rei lle fora concedido e que se autorizaba o seu regreso.
    Se cadraba os médicos que diagnosticaron a súa loucura e que previron que esa perda das dificultades mentais levaría consigo a decrepitude inmediata do corpo, estaban equivocados. Nunca tomou en serio as opinións deses necios que determinan a saúde pola cor da urina, o cheiro dos arrotos ou as manchas das meniñas. Dixo: Son uns mentiráns sen escrúpulos que aproveitan as feblezas humanas para enriquecer as súas faldriqueiras. Cada noite pedíalle ó altísimo que todo o goberna e que todo o perdoa, que lle deixara oír o vento que brúa nestas noites da fin do inverno e que cada novo mencer que acordo, non sexa o último.
    A tersura da súa pel e a compararon ó nácar das caracolas que habitan no máis fondo do océano, os seus beizos cobras con leixaprén e ata finda, a súa fronte coma o cristal das fontes de Roma, e os seus ollos eran as algas do fondo dos regatos nos que a auga non escoa.
    María Balteira era coñecedora dos segredos de tantas camas...
    -Xograr Lourenzo: amigo que recibe á carta de María Balteira. Chamáballe citolar tristeiro. María pediulle que levase o seu cadáver alí onde puidera oír o rechouchío das rolas. Pediulle tamén que o enterres en sagrado e en túmulo de pedra con cruz cristiá no cimo, pois non quixera ser pasto de cans nin feras salvaxes nin tampouco morrer ignorada ó longo dos séculos.
    2- Tema principal: Eu creo que o tema principal é como María Balteira quería que fose o mundo e como quería morrer.
    3-Resumo: María Balteira escríbelle unha carta ao seu amigo Xograr Lourenza, na que lle conta a súa vida e o seu punto de vista das cousas.
    Cóntalle como está mentalmente e como quere morre(xa que di que quédalle pouco).
    Tamén conta como cree que é o matrimonio e como foi a súa viaxe a Xerusalén.
    Nos últimos versos deste libro María Balteira dille ao seu amigo: Nada me tarde tanto como a chegada da noite, porque sei que será esta noite cando veña por min a muller da gadaña. Esta noite de espera é a noite máis longa que coñezo. ¿Sabes ti de noites máis longas?
    Ao que este respóndelle: Si, As noites en que o vento asubía o teu nome.
    E de alí o nome de este libro.
    4-Opinión persoal: Persoalmente o libro gustoume moito, xa que paréceme interesante e intrigante, polo feito de ver que respondía Xograr Lourenzo. Ao final defraudoume un pouco polo feito de que Xograr só contestase iso, pero de todas formas gustoume. Recoméndoo.

    Este traballo é de Aurora Rodríguez Pérez. 3ºESOA Nº20.

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación

¡Soia! Follas Novas Comentario