Mensagens

A mostrar mensagens com a etiqueta SSEE

3ºESO E 1º BACH TAREFA SEMANAL: SÉCULOS ESCUROS E O MARISCAL

Imagem
TAREFA  SEMANAL  (PRAZO ATA O  30 DE ABRIL ) 3º ESO e 1º BACHARELATO   Mirador da Frouxeira Literatura Séculos Escuros e Ilustración. Pasamos aos Séculos Escuros, etapa de historia da literatura que se estuda conxuntamente coa Ilustración.     Como ben sabedes, así como na Idade Media vivimos unha etapa de esplendor   a nivel peninsular, a partir do século XV, faise efectiva unha decadencia que se traduce na case total falta de produción literaria, e   que se estenderá ata o século XVIII. Son moi poucas as mostras textuais que atopamos dentro da literatura. Por unha banda, temos textos líricos populares anónimos e pola outra, outros de tipo académico (poesía renacentista, barroca, villancicos de autor e algunha obriña do xénero dramático). A tarefa que propoño é que vos convirtades nunha personaxe desta época, Isabel Pérez Osorio, muller do Mariscal Pardo de Cela ou Teodomira , que é como figura nomeada no Pranto da Frou...