A revolta das mulleres galegas contra a fame en 1847. Comentario crítico contexto Rexurdimento
A revolta das mulleres galegas contra a fame en 1847 Foi un conflito de subsistencias no marco dunha crise xeral do sistema capitalista. Porén, na Galiza non se pode disociar das vagas sociais de fondo ligadas aos núcleos provincialistas, aínda activos após a derrota da revolución de abril de 1846. O capítulo galego da recesión mundial de 1847, aquela que analizou Karl Marx nun apartado dos 'Grundisse', testou máis unha vez o papel decisivo das mulleres na organización e dirección da protesta social. A Coruña, nun gravado francés de 1850 Acrise de 1847 na Galiza expresouse nun problema de subsistencias, ao dispararse o prezo dos cereais como consecuencia dunha caída da produción, dun aumento das exportacións para un mercado europeo con dificultades de abastecemento e dunhas prácticas co...