Ricardo Carvalho Calero Letras Galegas 2020
Como xa sabedes, o autor ao que se lle dedican as Letras Galegas 2020 é Ricardo Carvalho Calero. Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol, o 30 de outubro de 1910 e morreu o 25 de marzo de 1990 en Santiago de Compostela. Crítico literario, filólogo, lingüista e escritor, amosou dende moi cedo o seu compromiso coa lingua e coa terra como mostra a súa adhesión ao Seminario de Estudos Galegos e ao Partido Galeguista. Alén disto, foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galgas da USC, membro numerario da Real Academia Galega (aínda que acabou renunciando), e membro de honra da Associaçom Galega da Língua. Está considerado o ideólogo do reintegracionismo que consisteen considerar á lingua galega como variedade do portugués ou, do galego-portugués. Como crítico e literato ten unha extensa obra. Ademais de ensaio, cultivou a poesía ( Vieiros , 1931; O silenzo axionllado, 1934; Anxo de terra , 1950; Poemas pendurados dun cabelo , 1952; Salerio de Fing...