A toniciade e a acentuación das palabras O acento é a forza coa que destacamos algunha das partes que compoñen as palabras cando falamos.Para marcar na escrita o lugar onde poñemos o acento usamos o acento gráfico. Sílabas tónicas e átonas Como xa sabes, cando falamos pronunciamos varios fonemas unidos en sílabas que, á súa vez, son as que forman as palabras. Hai palabras que están constituídas por unha única sílaba, que son as palabras monosílabas , e outras que están formadas por varias, palabras polisílabas . Cando dicimos as palabras non pronunciamos todas as sílabas que as compoñen coa mesma forza. En cada unha sempre hai unha sílaba que se pronuncia con máis intensidade ca as demais: é a sílaba tónica ; as outras reciben o nome de sílabas átonas . Compróbao nas seguintes palabras: mel me -do cou -sa par- tiu a- re -a can- ción pa- rau -gas é -xi-to As ...
Presentación sobre o texto e as súas propiedades con exemplos (Aulablog 4ºESO Gracia Santórum) Presentación sobre o texto e propiedades en prezi (só conceptos básicos) PROPIEDADES TEXTUAIS Un texto é un conxunto de enunciados con sentido que transmiten unha información nunha situación concreta (por exemplo, iso que estás lendo é un texto porque ten sentido, está formado por oracións, informa sobre algo e se produce nunha situación: neste caso, a clase de galego). Para que un texto sexa correcto, ademais de respectar as normas ortográficas e gramaticais (xénero, número, corrección verbal, etc.) ten que cumprir as seguintes propiedades: adecuación, cohesión e coherencia Adecuación: ...
ESQUEMA- GUÍA QUE APARECERÁ NA PROBA INTRODUCIÓN: Tipo cantiga, nome autor, identificación xénero.Orixe CONTIDO - Tema principal , na Cantiga de amigo tamén o tipo. - Estrutura partes e explicación do contido de cada unha - Voces poéticas, interlocutores e outros elementos: Cantiga de amigo: a quen se dirixe a amiga (voz poética), que sentimentos expresa/ de que fala Cantiga de amor: a quen se dirixe o trobador (voz poética), que sentimentos expresa /de que fala. Grao na escala dos amantes. Outros datos que teñan que ver co espazo ou co tempo. EXPRESIÓN - Cantiga de refrán ou de mestría. Número de cobras e de palavras, esquema de rima e tipo. - Recursos estilísticos (refrán, paralelismo, leixaprén, dobres, mordobres, fiinda, atá fiinda, comparacións, hipérboles,. .) - Cantiga de amor: / campos semánticos principais. - Lingua: características propias da lingua medieval. CONCLUSIÓN MODELO REDACTADO Intr...
Comentários
Enviar um comentário