COMENTARIO CRÍTICO. PROPOSTA OGALEGO.EU
PARTE DE TEXTOS DAS ABAU: COMPRENSIÓN E PRODUCIÓN
En que consisten as preguntas 1, 2, 3 dos exames das ABAU e
como se puntúan.
a) Comprensión textual (preguntas 1
e 2), o que se valora
Formularanse dúas cuestións breves —cunha valoración de 1 punto cada unha— sobre algún aspecto de interpretación e análise do texto proposto, na liña das que a continuación se indican a modo de exemplo:

• Resumo breve do texto ou dunha parte del.
• Estrutura do texto.
• Ideas principais e secundarias.
• Intencionalidade do texto: o alumado deberá comprender o sentido real do texto, máis alá da súa literalidade, percibindo recursos como, por exemplo, a ironía, as implicaturas, presuposicións...
• Significado concreto no texto dalgunhas palabras, expresións ou fragmentos.
• Recoñecemento e descrición de recursos cohesivos gramaticais e léxico-semánticos.
• Descrición do rexistro do texto e análise das súas manifestacións lingüísticas.

b) Produción textual (pregunta 3), o que
se valora
Pediráselle ao alumno/a que constrúa un texto persoal cunha extensión
aproximada de 200-250 palabras sobre un tema proposto, relacionado dalgún xeito
co contido do texto do exame. Nesta pregunta valorarase a capacidade para
producir un texto que sexa informativo, coherente, ben estruturado e adecuado á
situación comunicativa.
A cualificación da pregunta (3 puntos) desagregarase en tres tramos de 1 punto cada un, do seguinte xeito:
1) Construción textual: 1 punto. Valorarase:
• A adecuada selección da información, coa presenza daquela que sexa pertinente e necesaria para que o texto resulte comprensible. Terase en conta a capacidade para evitar clixés, estereotipos, lugares comúns e ideas excesivamente previsibles, así como unha orixinalidade gratuíta e afastada do contido do texto da proba.
• A coherencia discursiva. A sucesión de enunciados do texto debe presentar continuidade temática e progresión informativa. Non debe ademais introducir contradicións.
• A organización da información: estruturación do texto (p. ex., introdución, desenvolvemento e conclusións), argumentación e organización en parágrafos.
2) Adecuación léxico-gramatical: 1 punto. Valorarase:
• A capacidade de construción de textos adecuados á situación (formal) en que estes se producen. Terase en conta o manexo apropiado dos rexistros da lingua nas escollas lexicais e nas construcións gramaticais. O texto deberá evitar polo tanto trazos propios da oralidade e dos textos espontáneos e non planificados, así como aqueles que amosen un requintamento afectado. En definitiva, valorarase o bo manexo dos recursos cohesivos, tanto gramaticais coma léxicos.
3) Corrección ortográfica e gramatical: 1 punto. Valorarase:
• O correcto dominio da ortografía e os signos de puntuación, así como a gramaticalidade das construcións sintácticas e das escollas morfolóxicas, desde o punto de vista do galego estándar. A extensión proposta debe entenderse a título aproximativo e informativo. Porén, para evitar estratexias elusivas maliciosas, a presentación de textos cunha extensión manifestamente menor á solicitada, ao extremo de dificultar a axeitada avaliación da tarefa, suporá unha diminución proporcional da valoración global da pregunta. Polo mesmo motivo non se tomarán en consideración os textos (ou partes deles) que carezan da necesaria pertinencia con relación ao tema proposto.

Os consellos do profe Xosé Manuel Calvo Muras para a
realización das cuestión 1, 2, 3
Cuestións 1 e 2: comprensión textual
(10 minutos)
Se xa fixeches as cuestións 4 e 5, isto implica que xa liches repetidas
veces o texto e estás familiarizado con el. Iriamos agora analizando a forma
apropiada de resolveres as preguntas 1 e 2 (2 puntos) e que gardan
relación coa comprensión do texto e valen dous puntos. Vexamos algunhas
cuestións que soen repetirse.
- NA PRIMEIRA cuestión sobre a interpretación dos contidos do texto poden
pedirche que expliques o significado de palabras ou expresións do texto,
podes facelo libremente con exemplos, con sinónimos. Se che piden que definas
as palabras, debes ser máis preciso; deberías facelo como se fai nun
dicionario: se for un adxectivo ou substantivo abstracto podería empezar por “Dise
do que...”, “Condición do que..”. Se se tratar dun substantivo
concreto: “Obxecto ou utensilio que se usa ou serve para...”etc.
Nesta pregunta, en concreto, fállase moito por non explicar o significado
no texto, tal como a miúdo se insiste, ou ben por dar só sinónimos.
O máis recomendábel é dar unha definición ou explicación o máis precisa e breve
posíbel e sempre relela e revisar a claridade expositiva, canto máis breve sexa
a resposta, mellor debería de ser considerada.
-RESUMO do texto. Esta
pregunta debe responderse en catro ou cinco liñas, coas propias palabras
e nun único parágrafo. Se che saen máis liñas ou estás a copiar frases ou
expresións do texto, a non ser que estas sexan verdadeiramente significativas,
posibelmente esteas a facer unha paráfrase e non un resumo. Outro erro moi
habitual é introducir a túa opinión cando o que che piden é que
interpretes ou resumas a opinión do autor do texto. A túa opinión debes gardala
para o comentario de texto. Esta cuestión mesmo deberías deixala para ao final;
despois de ter traballado moito o texto, serache máis fácil resolvela en moi
pouco tempo.
-ESQUEMA: se o que che piden é
un esquema, isto suporía algo máis de tempo. Trátase de subliñar ideas
principais e secundarias. Consello: non debes subliñar na primeira
lectura, todo che parece importante. Faino logo da segunda e reflexiva lectura.
Se o texto tiver título, fíxate nel; é parte a miúdo moi importante do
texto. Se non se che pide xustificación non tes que achegala. Podes facelo en
forma de chave, satélite, cun gráfico ou simplemente clasificándoas en
principal e secundarias.
-ESTRUTURA: esta cuestión tamén
pode ter máis dificultade ca o resumo ou o esquema; non debemos confundir
esquema e estrutura. O obxectivo na estrutura é detectares as partes en que
podemos dividir o texto e a súa interrelación: introdución/argumentación/conclusión;
problema/solución; pregunta/resposta; tese/antitese/(síntese); distribución
diacrónica etc. Cada texto ten a súa singularidade e o importante é que ti
xustifiques a túa interpretación. Unha vez máis cómpre lembrar que, se ten
título, debemos telo en conta. A xustificación da estrutura pode ser un bo
resumo do texto.
Cuestión 3: Produción textual (comentario crítico)
Deixamos para o final esta cuestión, valorada con 3 puntos. Deberiamos
desenvolvela en 25/30 minutos. Aquel alumnado que deixe algunhas cuestións
en branco, por exemplo as teóricas, podería dedicarlle algún tempo máis; esta
cuestión por si soa xa case te pode acercar ao aprobado. Nas indicacións aos
correctores recomendan desenvolvela nunhas 200/250 palabras, eu mesmo
recomendaría algo máis. É moi importante ler con atención as recomendacións
e as normas de valoración de cada apartado. Non esquezas que o corrector está
obrigado a especificar: un punto para a construción textual, outro para a
adecuación e un terceiro punto para a corrección ortográfica e gramatical.
Se non cometes faltas de ortografía, podes facilmente gañar a metade da
puntuación cunha redacción espontánea e pouco planificada, mais para
conseguires os tres puntos debes coidar a selección de información, a súa
organización en parágrafos debidamente conectados, a coherencia discursiva, a
cohesión, a selección do léxico apropiado, a pertinencia da argumentación e a
revisión de ortografía e puntuación.
Ter en conta:
- Facer un comentario crítico non é parafrasear ideas e argumentos do
propio texto. Trátase de que entendas ben o texto (malamente sairá un bo
comentario do tema do texto se non interpretaches debidamente o tema e falas
doutra cousa que non é o que se pide) e que deas a túa propia opinión e a
razoes cos teus propios argumentos Arguméntase con datos, con
exemplos coñecidos ou sacados da propia experiencia ou con autoridades, no caso
de coñeceres os argumentos ou mesmo unha cita literal sobre o tema dalgunha
autoridade, ou un dito ou frase popular.
- É moi recomendábel que fagas unha reflexión previa á
escrita, que decidas a postura que vas tomar e concibas mentalmente ou elabores
nunha marxe sobre o papel das opcións un esquema estruturado. Mesmo deberías
facelo notar en catro ou cinco parágrafos introducidos polo conector adecuado.
Convén facer unha lectura crítica do texto, procurando outros puntos de vista
que o autor non tivo en conta e tratar de contraargumentar a súa postura, aínda
que poidas coincidir en boa mediada coa postura que el defende. A seguir
redactarías cada idea coa maior claridade e sinxeleza posíbel e cos argumentos
apropiados. Procura fuxir dun estilo requintado con excesiva adxectivación.
Podes coincidir en todo ou parcialmente coa opinión do autor; mais, insistimos,
debes aportar os teus propios argumentos. A velocidade a que escribimos
permite ir seleccionando palabras e buscando o sinónimo máis preciso, porén
sempre debes ao final reler o texto e revisar forma e contido, puntuación e
acentuación. E rematado este proceso, podemos aínda engadir unha conclusión
a xeito de resumo ou na que poñamos a énfase nalgunha idea que non quedase
suficientemente clara ou debidamente argumentada. Só na conclusión nos
poderiamos permitir unha opinión subxectiva sen argumentala. Se unha idea ou
argumento se che ocorre nesta segunda lectura, debes engadila cunha cita/chamada
nunha marxe para que o corrector a lea no seu debido
contexto; engadila doutro xeito denotaría desorde.
Comentários
Enviar um comentário