Mensagens

A mostrar mensagens de março, 2020

2ºESO TAREFA RECUPERACIÓN

O misterio das badalas   de Xabier P. Docampo podedes lelo en rede. Tedes que facer un resumo por capítulos e indicar opinión persoal. Para o martes 31 de marzo.

3º ESO TAREFA RECUPERACIÓN

Teñen que facer esta tarefa todos aqueles que suspendesen algunha parte da materia: Aquí tedes un texto de Ánxela Gracián titulado As noites que o vento asubía o teu nome     Unha vez que o leades, tedes que: -facer un pequeno traballo de investigación: quen eran María Peres a Balteira e o Xograr Lourenzo? - Indicar tema principal, resumo e opinión persoal do texto.

1º BACH TAREFA rRECUPERACIÓN PROBA LIBRO DE LECTURA

Escollede un dos seguintes textos  e facedes un comentario indicando: tema/temas principais, resumo, proposta de estrutura e opinión persoal. Achegádeo  na aula virtual ou na conta de correo específica: lgelitmestracon2020@gmail.com ,antes do martes, 31 de m Francisco X. Fernández Naval, Non se che faga tarde, Monólogo para inventar o amor Raúl Dans, Mantis (Misión)
1º BACH- TAREFA RECUPERACIÓN (SÓ PARA OS QUE NON ACHEGASEN O TRABALLO) Algúns de vós non entregastes o traballo da análise das cantigas e é esencial para superar a materia nesta avaliación. A tarefa de recuperación consiste no comentario dunha cantiga de escarnio e maldizer. Aquí tedes un esquema adaptado ao xénero pero podedes seguir o modelo que vimos na clase. A diferenza básica é que neste caso comezamos polo contido e no modelo anterior, pola expresión. O texto escollédelo vós: ben dos que vimos na clase ben da antoloxía que tedes no blog  https://linguagalegaeliteraturamestracon.blogspot.com/2020/03/esquema-resumo-e-seleccion-textual.html . Xusto na entrada anterior, tedes tamén teoría ESQUEMA DE COMENTARIO INTRODUCIÓN: - Identifícación do xénero e do tema principal (as cantigas de escarnio identificanse polo tema) - Orixe destas cantigas CONTIDO - Se sabemos quen é o autor ou se é do tipo escarnio ou do tipo maldizer, indicádelo aquí, e tamén as diferenzas entre ambos
Imagem
Hoxe é o día da poesía. Podémolo celebrar de moitos xeitos e con moitos autores. Eu escollín a Rosalía Fernández Rial e o texto  "Ingravidez"  , que no seu momento foi o vídeo promocional do poemario  Sacar a bailar.
XA QUE NON PODEMOS IR AO SALÓN..... QUE O SALÓN DO LIBRO VEÑA A NÓS: PASEO VIRTUAL POLO SALÓN DO LIBRO

NOVIDADE DE HOXE: INICIATIVA AULAS GALEGAS

AULAS GALEGAS Preto de 200 profesionais, entre eles,  Anxo Guerra e Anxos Rial (dous profes que todos coñeces, dous anxos, nunca mellor dito),  forman parte dun proxecto conxunto Aulas Galegas ( http://aulasgalegas.org/quen-somos/ ), espazo web que pretende fomentar a nosa lingua a distancia, así como seguir normalizando o seu uso. Sei que levades tarefas bastantes pero non deixedes de visitar este espazo web xa que podedes atopar todo tipo de contidos que vos poden axudar a mellorar a competencia na nosa lingua. Vou intentar irvos achegando algunha iniciativa de interese cada día: un espazo web, un audiovisual, un libro, un artigo... algo que me chame a atención e que de seguro, vai ser do voso interese. Aburiño

LINGUA E SOCIEDADE

Imagem
Diversidade lingüística no mundo, en Europa e na Península Ibérica. A lusofonía. Multilingüismo e plurilingüismo. Lingua minoritaria e lingua minorizada. Conflito lingüístico e diglosia. Ecolingüismo. Estándares de aprendizaxe: ·          A diversidade lingüística no mundo, en Europa e na Península Ibérica. ·          O papel da lusofonía nas linguas do mundo do século XXI e a súa importancia cultural e económica desde aperspectiva galega. ·          Conceptos de multilingüismo, plurilingüismo, lingua minoritaria e lingua minorizada, conflito lingüístico e diglosia. ·          Os fundamentos do ecolingüismo.   A diversidade lingüística no mundo No mundo fálanse entre catro mil e sete mil linguas das cales máis da metade están en perigo de extinción. Fronte a esta diversidade lingüística, existen menos de douscentos estados , o que nos leva a afirmar que a maioría dos estados son plurilingües , isto é, que normalmente as fronteiras lingüísticas non se corresponden

1ºBACH TAREFAS

TRABALLO A REALIZAR ESTES DÍAS: Nos 14 días que vai durar o confinamento perdemos 5 sesións, ademais dunha sexta que sería a da proba que suspendemos. Isto é para estas dúas semanas que non imos ter aulas: PARTE ESCRITA -           Tedes que ler os apuntamentos do tema 7   (verbo, adverbio, preposición e conxunción) e facer os exercicios do galego.eu correspondentes a esa parte que nos falta. Ollo! Os exercicios facédeos a ordenador, por se volos tivese que pedir para comprobar (suponse que non podemos saír da casa).  PARTE ORAL -           Sociolingüística (bloque de lingua e sociedade).   O tema 8 correspóndese cos contidos do bloque de lingua e sociedade. O primeiro que tedes que facer e lelo porque o ides ter que utilizar como material para desenvolver a seguinte tarefa: ·          creación dun audiovisual (de 5 a 7 minutos) no que presentedes/ expoñades de xeito oral, algún dos temas que figuran a continuación: -           Temas: ·          A diversidade lingüíst

2ºESO TAREFAS

2º DA ESO (tamén o tedes en edixgal) Vouvos mandar traballo para as clases que imos perder nestes catorce días, en teoría  son 5 (semana do 16 ao 20, perdemos 2 sesións; semana do 23 ao 27, perdemos 3 sesións) PARTE ESCRITA Correspóndense co que fariamos en aulas: -           DITONGO E HITATO (parte 5/ unidade 4): lede a teoría (a da unidade ou a da ligazón que vos poño abaixo) e facede un ESQUEMA/RESUMO: ·          Ditongo e hiato:    http://cotovia.org/proxecto/ort/ort_til_01.html?orix=ort&tema=ort_til_01.html ·          EXERCICIOS DO DITONGO E DO DO HIATO: 4, 5, 6, 7, 8. Todos no procesador (a ordenador), os interactivos,   gardádeos. Tamén tedes que facer o exercicio da ligazón que indico abaixo (os catro textos) e anotar a solución, tamén no procesador. Se isto se alonga ides ter que entregarme cousas, é mellor que teñamos todo en formato dixital. http://cotovia.org/proxecto/exe/exe_ort_06.html?orix=ort&tare=&tema=ort_til_01.html -           TIPOS

Achegas e comunicación

Conta de correo para achegar os traballos: lgelitmestracon2020@gmail.com Non esquezades indicar no asunto o voso nome e o grupo ao que pertencedes. Achegade as tarefas por partes: nunha quenda a parte escrita e noutra a oral.

3º ESO TAREFAS PARA OS 14 DÍAS DE CONFINAMENTO

Indicacións previas: - as actividades tedes que facelas nun procesador de textos, non poden estar na libreta por se mas tivésedes que enviar de xeito telemático. - non copiedes os enunciados, só indicade: páxina, número e respostas correctas por orde (ou na mesma disposición na que aparecen no libro) -  separade os exercicios de lingua dos de literatura. Tarefas para estes días: TAREFAS ESCRITAS 1. Lectura dos posts anteriores de literatura medieval (lírica satírica e relixiosa e prosa medieval). Tamén tedes isto no libro nas páxinas 122,123,124.  Facedes un resumo/esquema/mapa conceptual... o que a tecnoloxía vos permita dos contidos principais de literatura. 2. Comentario de texto dunha cantiga de escarnio e maldizer que seleccionedes vós da recompilación que está en rede. ESQUEMA DE COMENTARIO INTRODUCIÓN: - Identifícación do xénero e do tema principal (as cantigas de escarnio identificanse polo tema) - Orixe destas cantigas CONTIDO - Se sabemos quen é o autor ou se