LINGUA E SOCIEDADE



Diversidade lingüística no mundo, en Europa e na Península Ibérica. A lusofonía. Multilingüismo e plurilingüismo. Lingua minoritaria e lingua minorizada. Conflito lingüístico e diglosia. Ecolingüismo.
Estándares de aprendizaxe:
·         A diversidade lingüística no mundo, en Europa e na Península Ibérica.
·         O papel da lusofonía nas linguas do mundo do século XXI e a súa importancia cultural e económica desde aperspectiva galega.
·         Conceptos de multilingüismo, plurilingüismo, lingua minoritaria e lingua minorizada, conflito lingüístico e diglosia.
·         Os fundamentos do ecolingüismo. 



A diversidade lingüística no mundo
No mundo fálanse entre catro mil e sete mil linguas das cales máis da metade están en perigo de extinción. Fronte a esta diversidade lingüística, existen menos de douscentos estados, o que nos leva a afirmar que a maioría dos estados son plurilingües, isto é, que normalmente as fronteiras lingüísticas non se corresponden coas fronteiras políticas ou administrativas.
A distribución lingüística no mundo é moi desigual. A maior densidade atopámola en Papúa Nova Guinea (Oceanía), onde se falan unhas setecentas linguas nunha extensión menor ca a da Península Ibérica. No extremo oposto, o noso continente constitúe unha das zonas con menor diversidade lingüística, debido ás históricas tendencias uniformadoras dos estados europeos. Aínda así, en Europa rexístranse máis de dúascentas linguas, e só trinta son linguas de Estado.
Esta enorme variedade idiomática obriga a recorrer a linguas de comunicación internacional, as denominadas linguas francas. Ao longo da historia, diferentes linguas que desempeñaron esta función, segundo o poder político e económico dos seus imperios ou estados: o grego, o latín, o francés, o ruso... Na actualidade, o inglés é a lingua internacional por excelencia.

Familias lingüísticas

As linguas que teñen unha orixe común pertencen á mesma familia lingüística e podemos consideralas, polo tanto, linguas irmás entre si. A lingua de orixe recibe o nome de lingua nai, por exemplo o latín no caso das linguas románicas. Todas as linguas da Península Ibérica son románicas, agás o éuscaro, e tamén pertencen a esta familia o francés, o italiano, o sardo, o occitano, o romanés, etc. Dende o punto de vista do parentesco lingüístico, a máis próxima ao galego é o portugués, xa que durante séculos ambas constituíron unha única lingua.
O latín pertence, á súa vez, á familia indoeuropea, á cal pertence tamén a gran maioría das linguas faladas en Europa (coa excepción do éuscaro, o húngaro ou o finés). Así, as linguas xermánicas (inglés, alemán, holandés, sueco, islandés...), as célticas(bretón, galés,     Irlandés...), as bálticas (lituano e letón), as eslavas (ruso, polaco, checo, serbio, croata...), e o grego son tamén de orixe indoeuropea. Pero as linguas indoeuropeas non se restrinxen ao noso continente, senón que tamén pertencen a esta gran familia moitas linguas de Asia, entre elas o curdo, o hindi ou o nepalí.
Algunhas das linguas indoeuropeas de Europa, como o español, o inglés ou o portugués, fálanse noutros continentes debido a que se estenderon a raíz das colonizacións. De aí que estas linguas se atopen entre as máis faladas no mundo, despois do chinés mandarín, que é a que conta con maior número de falantes. O españole o inglés ocupan o segundo e terceiro lugar, con 332 millóns de usuarios e 322 respectivamente, dos cales a gran maioría se sitúan fóra de Europa. A continuación temos o bengalí, o hindi, o portugués e o ruso.
No caso do portugués, o seu antigo imperio colonial espallou a lingua en diversas zonas do mundo, e hoxe fálana arredor de douscentos millóns de persoas nos estados en que é lingua oficial: Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Timor Leste e Cabo Verde.

Estados monolingües e plurilingües: linguas minorizadas
e linguas minoritarias en Europa
Resulta difícil atopar un Estado monolingüe incluso en Europa, onde os estados intentaron impoñer a ecuación «un Estado = unha nación = unha lingua». O exemplo típico de estado monolingüe é Islandia e, evidentemente, o seu monolingüismo está moi relacionado co feito de ser unha illa cun número reducido de habitantes e atoparse xeograficamente afastada.
En definitiva, hoxe en día os máis dos estados europeos seguen a ser plurilingües, aínda que moitas das súas linguas padecen situacións de dominación e corren perigo de desaparecer. Cando nunha mesma comunidade ou territorio se produce o fenómeno da convivencia de dúas ou máis linguas, adoita acontecer que esa convivencia é desequilibrada a favor da lingua que goza do prestixio social e do poder económico: é a lingua dominante. A lingua débil desa convivencia desequilibrada está sometida a condicións sociopolíticas que restrinxen os seus usos e funcións: fálase entón de lingua minorizada.
En Europa Occidental son moitas as linguas de diferentes comunidades históricas que podemos considerar linguas minorizadas, sometidas á presión doutra ou doutras linguas dominantes. Por outra parte, tamén podemos clasificar as linguas en minoritarias ou maioritarias, segundo a súa porcentaxe de falantes, aínda que estes termos son sempre relativos. En efecto, o galego, por exemplo, é unha lingua maioritaria en Galicia pero é minoritaria se temos en conta o conxunto do territorio español.

Cómpre distinguir, ademais, as linguas que teñen a condición de linguas oficiais dun  Territorio con independencia política, isto é, as linguas de Estado (o francés, o español, o
italiano, o grego, o portugués), e, por outra parte, as linguas non estatais, faladas por comunidades integradas no territorio máis amplo doutros estados (o sardo, o bretón, o catalán, o galego...). As linguas que non posúen un estatus político de oficialidade teñen graves dificultades para sobrevivir, especialmente na nosa sociedade mundializada. Así, a maioría das linguas minorizadas son linguas sen Estado, se ben non faltan exemplos como o de Irlanda onde, malia ter o gaélico o recoñecemento de lingua cooficial do Estado, na práctica padece a presión constante da lingua dominante, que é a lingua da antiga metrópole: o inglés.
No que respecta ao recoñecemento da súa pluralidade lingüística, atopamos grandes diferenzas entre os distintos estados de Europa. En primeiro lugar, hai estados que ignoran totalmente os grupos lingüísticos diferentes do oficial, como ocorre por exemplo en Francia co bretón ou o occitano (linguas minoritarias e minorizadas). Estes estados son oficialmente monolingües, pero trátase evidentemente dun monolingüismo irreal.
En contraste, hai estados moi respectuosos coa súa diversidade lingüística, estados plurilingües que declaran linguas oficiais dos seus diferentes territorios as linguas propias correspondentes. Por exemplo, en Bélxica, a zona norte ou flamenga (Flandres) ten como lingua oficial o holandés, e a zona sur ou valona (Wallonie) ten como lingua oficial o francés, mentres que a capital, Bruxelas, é oficialmente bilingüe. Por outra parte, en Suíza atopamos catro linguas oficiais (o alemán, o francés, o italiano e o romanche ou retorrománico) distribuídas nos diferentes cantóns, dos cales algúns son plurilingües e outros monolingües nas súas respectivaslinguas propias.
Por último, hai estados que declaran unha lingua oficial para todo o territorio e conceden o status de cooficial a outras linguas nas súas respectivas zonas xeográficas. Este é o caso do Estado español.
Unha mesma lingua pode gozar de status moi diferentes nos diversos estados onde se fala. Isto acentúase debido á variedade de políticas lingüísticas existentes en Europa. Por exemplo, o alemán é unha lingua minorizada e minoritaria nos vales alpinos de Italia, onde non ten ademais ningún recoñecemento oficial e, en cambio, é lingua oficial e maioritaria de Alemaña, Austria e Suíza. Pola súa parte, o francés en Suíza é unha lingua minoritaria pero con gran prestixio social e con status legal. Do mesmo xeito, os dereitos lingüísticos do éuscaro son moi distintos no territorio de Euscadi, pertencente ao Estado español, onde ten carácter de lingua cooficial, e en Iparralde (País Vasco francés), xa que en Francia o Estado practica unha política moi restritiva e centralista contra as súas linguas minorizadas e minoritarias.
A
 As linguas da Península Ibérica

A Península Ibérica divídese en tres estados –Portugal, España e Andorra–, que constitúen un bo exemplo da diversidade lingüística existente en Europa. Así, Andorra é oficialmente monolingüe en catalán pero, debido ao contacto cos estados veciños e ao alto índice de turismo, presenta unha importante variedade de linguas (francés, castelán, portugués, etc.) nun territorio moi reducido canto á súa extensión. Portugal, a pesar de ser un territorio bastante máis extenso, é practicamente monolingüe, aínda que conta con dúas linguas oficiais: o portugués en todo o estado e o mirandés circunscrito a Miranda do Douro. Por outra parte, no Estado español, coexisten sete linguas cunha extensión, vitalidade e recoñecemento legal moi distintos.
En total, as linguas faladas no Estado español son sete: galego, astur-leonés, castelán, éuscaro, aragonés, catalán e aranés. Todas elas son linguas románicas ou neolatinas, é dicir, derivan do latín, agás o éuscaro, de orixe descoñecida, pero que se falaba xa na Península antes da chegada dos romanos.
Tal como establece a Constitución Española no seu artigo terceiro, o castelán é a única lingua oficial en todo o Estado.
As linguas de España diferentes do castelán, para que sexan consideradas cooficiais nos seus territorios, teñen que ser recoñecidas como tales nos respectivos estatutos de autonomía. De aí que a súa situación legal varíe moito segundo os casos.
Dúas das sete linguas de España, o astur-leonés e o aragonés, non teñen status legal de cooficialidade en ningunha das comunidades onde se falan.
A protección e promoción das linguas non estatais está amparada tamén pola lexislación da Unión Europea (UE), como a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, elaborada polo Consello de Europa e aprobada polo Parlamento Europeo de Estrasburgo en novembro de 1992. O Estado español ratificou a Carta en abril de 2001 e as súas disposicións entraron en vigor en agosto dese mesmo ano, pero algúns dos estados integrantes da Unión Europea negáronse a ratificala, o que provoca unha situación de desigualdade no interior da propia Unión.

O catalán
O catalán é unha lingua falada por sete millóns de persoas aproximadamente, a maioría delas bilingües. En España, fálase nas comunidades onde é lingua cooficial xunto co castelán: Cataluña, Illas Baleares e Valencia (nesta coa denominación de valenciano). Fálase tamén en zonas limítrofes coas anteriores, aínda que nestes casos non goza de status legal: no leste de Aragón (zona coñecida como Franja del Ponent) e, en menor medida, en Murcia. Fóra do territorio do Estado español, fálase catalán en Andorra, no Rosellón francés e na cidade sarda de Alguer. Polo tanto, trátase dunha lingua falada en catro estados europeos: España, Andorra, Francia e Italia. No Principado de Andorra é, ademais, a única lingua oficial, mentres que en Alguer comparte cooficialidade co italiano e co sardo. Agás en Cataluña, Andorra e Baleares, o catalán corre perigo debido á presión secular das linguas estatais de España, Francia e Italia.
DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA
O éuscaro ou vascoDIV
ERFálano máis de seiscentas mil persoas en Euskadi, no norte de Navarra e no País
Vasco francés (Iparralde).
Nas últimas décadas, a política lingüística do goberno vasco conseguiu que se incrementase sensiblemente o número de persoas que posúe competencia lingüística en éuscaro, ao tempo que se produciu un notable aumento da produción literaria e o emprego do idioma en todos os ámbitos, usos e funcións. Non obstante, a extensión do éuscaro vese limitada na práctica debido á gran distancia lingüística que existe entre esta lingua e as demais linguas da Península (todas románicas).

O astur-leonés
As falas e variedades da lingua astur-leonesa úsanse principalmente en Asturias, onde, malia o recoñecemento de que son obxecto por parte do Estatuto, non teñen a condición de lingua cooficial, perden progresivamente falantes e ven reducidos os seus ámbitos de uso debido á desigual competencia co castelán. No ensino só existe a posibilidade de estudar astur-leonés como materia optativa a partir de terceiro de primaria e nos medios de comunicación apenas ten presenza. En 1980 creouse a Academia de la Llingua Asturiana, que elaborou unha normativa ortográfica. O astur-leonés tamén se fala no norte e noroeste de León, así como na Seabra zamorana, pero nestas zonas a súa situación é aínda peor. As cifras de falantes son moi dispares porque non existen censos fiables: para Asturias, os datos que se ofrecen oscilan entre os cen mil e os catrocentos cincuenta mil.

O aragonés
O Estatuto aragonés fala de protexer “modalidades lingüísticas propias». O aragonés está en franca regresión, pois só sobrevive como linguafamiliar e coloquial na metade norte da provincia de Huesca, sobre todo nos vales pirenaicos, onde o falan unhas quince mil persoas. Aínda que o proceso de castelanización está moi acentuado, na década de 1970 comezaron a xurdir movementos en defensa do aragonés, en torno ao Consello d’a Fabla Aragonesa.

O aranés
O aranés é unha variante do gascón, unha das modalidades da lingua occitana. Fálano unhas sete mil persoas no Vall d’Arán, situado nos Pireneos, na provincia de Lleida. Recoñecido e protexido polo Estatut catalán, ten a condición de lingua cooficial no val, xunto co catalán e o español. Este é, polo tanto, o único territorio oficialmente trilingüe do Estado español.

O galego
A lingua galega fálana arredor de dous millóns e medio de persoas en Galicia.O territorio correspondente á lingua galega excede os límites administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia na súa fronteira oriental, pois ocupa a parte occidental de Asturias, de León e de Zamora. Existe ademais unha illa lingüística en tres concellos no noroeste de Cáceres, que conservan unha variedade de galego procedente da lingua medieval. Cómpre considerar tamén que algúns países de destino emigratorio (Arxentina, Uruguai, Brasil, México, Venezuela, Francia, Suíza, Reino Unido, Alemaña...) contan cun elevado número de galegofalantes que manteñen a lingua no ámbito familiar, especialmente naqueles países onde o castelán non é a lingua oficial.
O galego segue sendo hoxe en día a lingua maioritaria de Galicia.
En 1981 apróbase o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) e o galego acada así o estatus de lingua cooficial. Como reflicte o artigo 5 do EAG, o galego recoñécese como a única lingua propia de Galicia, así como lingua oficial desta Comunidade xunto co castelán. O concepto de lingua propia responde a factores históricos e culturais, mentres que a condición de lingua oficial se refire ao ámbito do goberno e da administración pública, é dicir, á lingua ou linguas que debe utilizar o Estado na súa relación cos cidadáns.LINGÜÍSTICA
NA ENÍNS
UO eco-lingüismo
 O respecto á diversidade cultural, a perservación da riqueza lingüística, a rexeneración das identidades, a non renuncia ao patrimonio da humanidade enteira que son as linguas.
A alternativa a esta visión negativa da diversidade lingüística é a ecoloxía lingüística, concepción que defende a coexistencia natural das linguas, é dicir, que cada comunidade lingüística conserve e promova o uso da lingua propia en condicións de normalidade e plenitude de funcións dentro do seu territorio, establecendo a aprendizaxe dunha segunda língua para a relación con outras comunidades.
Do anteriormente exposto podemos extraer as seguintes conclusíóns:
a) A diversidade lingüística é unha manifestación da diversidade, da riqueza cultural e o progreso. da humanidade.
b) Todas as linguas son vehículos de comunicación aptos para todos os ámbitos e usos sociais.
c) Non existen linguas superiores e inferiores.


Dúas linguas nunha sociedade
                                              
A situación natural é que nunha comunidade homoxénea desde o punto de vista actual,          étnico e cultural se fale unha sóa língua, xa que non existe ningunha razón de tipo práctico que faga necesario o uso de dous idiomas. Sen embargo, é frecuente que nun mesmo territorio se falen dúas ou máis linguas: a propia dese territorio e outra ou     outras linguas que foron introducidas como consecuencia de procesos de uniformíza           ción política, dominación económica, movementos de poboación, etc.

            UO proceso de penetración dunha lingua allea nunha sociedade

                        As fases do proceso son as seguintes:
1. Penetración de clases dirixentes foráncas: nobreza, alto clero e burocracia        ligada á       administración civil e relixiosa. Estes grupos vinculados ao exercicio do poder introducen o uso do idioma alleo nas esferas relacionadas coa administración.
2. Asimilación das elites ou clases dirixentes autóctonas; estas pasan a empregar o idioma estranxeiro, asociado ao exercicio do poder e marca de diferencia social.
3. Extensión do proceso asimilativo ao conxunto da poboación, nunha relación directa coa íntrodución de novos modos de vida , a industrialización e urbanización da        sociedade. O ensino e os medios de comunicación de masas actúan como elementos   decisivos da asimilación.

Nos casos en que a presencia de dúas linguas nunha sociedade é resultado dun             proceso de dominación e uniformización políticocultural, nunca se produce un estado de equilibrio entre os dous idiomas; polo contrario, orixínase unha situación de loi          ta entre as linguas (conflito lingüístico) que se manifesta de xeito latente ou expreso    e que pode chegar a xerar conflitos de índole politica.

O conflito lingüístico: Bilingüismo e diglosia

A existencia, nunha mesma comunidade, de dúas linguas en situación de igualdade e equilibrio harmónico aínda que existan unhas leis que sancionen este igualitarismo é algo só posibel a nivel teórico, unha realidade que non se pode constatar ningunha parte do mundo.
Do anterior derivase que non existen comunidades propiamente bilingües. Pode haber comunidades cun número máis ou menos grande de individuos capaces falar dúas linguas pero, socialmente, a presencia de dous idiomas sempre ten carácter conflitivo: un predomína sobre o outro.
Nun principio, o termo bilingüismo utilizouse tanto para referirse á capacide dun individuo para usar dúas linguas como para designar as comunidades en que convivían dúas linguas. A inexistencia de comunidades propiamente bilingües fai preferibel o uso do concepto para referirse á capacidade dun individuo para comunicarse coa mesma facilídade en dúas linguas diferentes. As súas características son:
a) É un fenómeno individual.
b) Supón o emprego non condicionado das dúas linguas.
c) Supón a inexistencia de conflito lingüistico na comunidade.

A diglosia é un concepto aplicable a situacións de contacto lingüístico nas que as dúas linguas cumpren funcións diferentes na socíedade: unha como lingua dominante (lingua A) e outra como lingua dominada (lingua B). A lingua B tende a empregarse como vehículo de comunicación no nivel oral informal; é lingua das relacións familiares e do ámbito privado. A lingua A, polo contrario, emprégase en todos os ámbitos, pero é a variante exclusiva ou absolutamente dominante no plano formal: medios de comunicación, ensino, administración, etc.
Outra diferenza importante entre a lingua A e a B radica no distinto grao de codificación dunha e doutra: mentres a lingua dominante está sometida a normas que regulan o seu uso e posúe o vocabulario necesario para designar todos os campos do saber, o uso predominantemente oral coloquial da lingua B determina o seu escaso nivel de codificación normativa, a fragmentación dialectal e a carencia de vocabular básico para referirse a campos temáticos dos que estivo historicamente excluída Estas eivas da lingua B son facilmente subsanábeis mediante un proceso de planificacíón língüistica que se propoña a elaboración da norma (estandarización) e a súa nor malización plena,

Alternativas ao conflito diglósico: substitución ou normalización
Dado que unha situación de equilibrio harmónico entre as dúas linguas non é posibel, os condiciona mentos políticos, socioeconómicos e ideolóxicos farán que a balanza se incline ben cara á substitución lingüística, isto é, a poboación abandona a lingua propia e esta desaparece, ben cara á normalización, é dicir, a lingua propia convértese en vehículo normal de comunicación da comunidade:
Dada a súa natureza problemática, as situacións de contacto lingüístico non se manteñen indefinidamente no tempo; polo contrario, a dinámica política, social e cultural tende á  recuperación do estado natural, isto é, o establecemento dunha única lingua para a comunidade. Daquela, xorden dúas alternativas posibeis:
a) A substitución lingüística, é dicir, a perda total da lingua propia e a adopción  da língua allea.
b) A normalización lingüística, proceso en virtude do cal a lingua propia recupera todos os usos e funcións sociais, desprazando do seu territorio o idioma foráneo.

O GALEGO E A LUSOFONÍA:



LIGAZÓN A UN ARTIGO RELACIONADO DE ÁNGEL CARRACEDO






Comentários

Mensagens populares deste blogue

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación

¡Soia! Follas Novas Comentario