1ºBACH TAREFAS


TRABALLO A REALIZAR ESTES DÍAS:
Nos 14 días que vai durar o confinamento perdemos 5 sesións, ademais dunha sexta que sería a da proba que suspendemos. Isto é para estas dúas semanas que non imos ter aulas:
PARTE ESCRITA
-          Tedes que ler os apuntamentos do tema 7  (verbo, adverbio, preposición e conxunción) e facer os exercicios do galego.eu correspondentes a esa parte que nos falta. Ollo! Os exercicios facédeos a ordenador, por se volos tivese que pedir para comprobar (suponse que non podemos saír da casa). 
PARTE ORAL
-          Sociolingüística (bloque de lingua e sociedade).  O tema 8 correspóndese cos contidos do bloque de lingua e sociedade. O primeiro que tedes que facer e lelo porque o ides ter que utilizar como material para desenvolver a seguinte tarefa:
·         creación dun audiovisual (de 5 a 7 minutos) no que presentedes/ expoñades de xeito oral, algún dos temas que figuran a continuación:
-          Temas:
·         A diversidade lingüística no mundo/ Europa/ España
·         A lingua galega e a lusofonía. Vantaxes.
·         Conflito lingüístico (bilingüismo e diglosia) e a situación actual do galego

-          Guión:
a)       Presentación túa (nome e apelidos) e do tema do que vas falar
b)      Exposición propiamente dita:
b.1  Introdución
b.2 Desenvolvemento dos contidos e dos puntos principais.
b.3 Conlusión
c)       Despedida
-          Características:
a)       Soporte: audiovisual, de mínimo 5 minutos e de máximo 7 minutos. Tedes que gravar a vosa exposición con móbil, cámara de vídeo…
b)      A información nos apuntamentos (tema 8) tedes que buscala e estruturala en función do que escollades.
c)       Eu recomendo poñer por escrito a presentación pero no audiovisual non podedes aparecer lendo, tedes que falar, que explicar.
d)      Se utilizades o material que eu vos dou, non fai falta falar da bibliografía, se utilizades outros materiais, debedes indicar a procedencia (cando a esteades explicando ou toda ao final)
-        

Comentários

Mensagens populares deste blogue

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación

¡Soia! Follas Novas Comentario