3º ESO TAREFAS PARA OS 14 DÍAS DE CONFINAMENTO

Indicacións previas:
- as actividades tedes que facelas nun procesador de textos, non poden estar na libreta por se mas tivésedes que enviar de xeito telemático.
- non copiedes os enunciados, só indicade: páxina, número e respostas correctas por orde (ou na mesma disposición na que aparecen no libro)
-  separade os exercicios de lingua dos de literatura.

Tarefas para estes días:
TAREFAS ESCRITAS
1. Lectura dos posts anteriores de literatura medieval (lírica satírica e relixiosa e prosa medieval). Tamén tedes isto no libro nas páxinas 122,123,124.  Facedes un resumo/esquema/mapa conceptual... o que a tecnoloxía vos permita dos contidos principais de literatura.

2. Comentario de texto dunha cantiga de escarnio e maldizer que seleccionedes vós da recompilación que está en rede.

ESQUEMA DE COMENTARIO

INTRODUCIÓN:
- Identifícación do xénero e do tema principal (as cantigas de escarnio identificanse polo tema)
- Orixe destas cantigas
CONTIDO
- Se sabemos quen é o autor ou se é do tipo escarnio ou do tipo maldizer, indicádelo aquí, e tamén as diferenzas entre ambos tipos
- Tipoloxía segundo a temática
- Resumo do contido (moitas veces repite a mesma idea nas sucesivas cobras)
- Elementos significativos: datos contextuais que poida ofrecer para favorecer a sátira: que aspectos subliña: defectos, vicios., se aparece máis dunha personaxe...
EXPRESIÓN
- Número de cobras e de versos, esquema de rima
- Recursos estilísticos propios (diloxía, equívoco) e compartidos con outros xéneros (refrán, paralelismo, dobres, mordobres, comparacións, hipérboles...)
- Léxico propio do xénero e relacionado co tema
- Lingua: características propias da lingua medieval.
CONCLUSIÓN

2. Repaso do pronome: exercicios 9 e 10 ogalego.eu (só as 10 primeiras frases de cada un)
3. Lectura páxina 113 (abreviación, abreviatura e símbolo) e exercicios: 1,2,3 e 5
4. Lectura páxina 118 e exercicio 1,2 e 4

TAREFA ORAL : DEBATE/ARGUMENTACIÓN (lectura páxina 134  do libro de texto)
Moitos de vós xa tedes experiencia no tema.
Obviamente, non imos poder facer un debate pero si podedes presentar unha argumentación a favor ou en contra dun tema de actulidade.
Trátase de que realicedes unha defensa
- Pesentación do tema e  posicionamento a favor ou en contra.
- Indicación dos puntos/argumentos principais que trataredes na exposición.
- Desenvolvemento dos argumentos.
- Conclusións

* Tedes que achegalo en formato audiovisual mediante correo electrónico (pendente)
* A duración será de  5 minutos mínimo e 7 máximo.
* Podedes facelo co móbil, coa cámara...
* Podedes ter un esquema pero non ler directamente.



Comentários

  1. Ola Conchi, Alejandro, Miguel e mais eu tiñamos que facer a presentación oral, que facemos?
    Grazas de antemán.
    Un saudiño <3 , Martín.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola chicos, pensei que vos respondera o outro día! Debín de escribir a mensaxe e logo non a publiquei.... Sempre me pasa. Non vos preocupedes, agora a tarefa oral é inviable, polo momento, facede a nova

      Eliminar
  2. Ola Conchi, teño o comentario dun libro optativo feito pero non podo colgalo porque non funciona o foro da aula virtual

    ResponderEliminar
  3. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  4. Boas noites Conchi. Espero que esteas ben. Son Belén de 3°C. Tiña a dúbida de que temos que facer cos exercizos e esquemas que mandaches facer. Hai que envialos a algunha conta de correo?
    Un saudo

    ResponderEliminar
  5. Ola Conchi, onde estas ás cantigas para analizar, digoo por que non as atopo e como o prazo remata maña se non teño resposta antes terei que enviar a tarefa sen o comentario, igual se non é Conchi tamén me pode responder calquera outra persoa. Saúdos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu collín un na parte de Etiquetas, Lírica Medieval. Ahí entras nun apartado que pone resumo e cantigas de escarnho e maldizer. E hai un documento con varias cantigas.

      Eliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación

¡Soia! Follas Novas Comentario