2ºESO TAREFAS


2º DA ESO (tamén o tedes en edixgal)
Vouvos mandar traballo para as clases que imos perder nestes catorce días, en teoría  son 5 (semana do 16 ao 20, perdemos 2 sesións; semana do 23 ao 27, perdemos 3 sesións)
PARTE ESCRITA
Correspóndense co que fariamos en aulas:
-          DITONGO E HITATO (parte 5/ unidade 4): lede a teoría (a da unidade ou a da ligazón que vos poño abaixo) e facede un ESQUEMA/RESUMO:
·         EXERCICIOS DO DITONGO E DO DO HIATO: 4, 5, 6, 7, 8. Todos no procesador (a ordenador), os interactivos,  gardádeos. Tamén tedes que facer o exercicio da ligazón que indico abaixo (os catro textos) e anotar a solución, tamén no procesador. Se isto se alonga ides ter que entregarme cousas, é mellor que teñamos todo en formato dixital.
-          TIPOS DE TEXTOS relacionados cos medios de comunicación (parte 3/ unidade 4): tedes que facer un esquema que conteña os tipos de textos dos que aí se fala, así como as súas características principais. Trátase de resumir, non de copiar todo.
PARTE ORAL DEBERES: CRÓNICAS DO CONFINAMENTO
Dos creadores de “Diario de Nadal” chega: “Crónicas do confinamento”, un novo exercicio para demostrar habilidades comunicativas.
Agora ides ser xornalistas e tedes como labor informar de como estades levando este período mediante a creación dunhas crónicas. As crónicas informan sobre os feitos ocorridos nun día, nunha xornada ou nun breve período de tempo que vós, os e as xornalistas analizades, valorades e interpretades.
Debedes combinar a información obxectiva das noticias coas vosas propias impresións persoais.
Como facemos a crónica?
-          Cada día (aínda que algún o saltedes, non pasa nada) debedes crear unha pequena crónica FALANDO do vivido, mesturando datos obxectivos que vexades, por exemplo, nas noticias (avance da pandemia, vacinas ou medicamentos…), coas vosas impresións persoais, os vosos sentimentos (medo, dúbida, alegría por xogar a videoxogos….).
-           Tedes que facelo durante 10 días (non teñen que ser seguidos).
-          Formato e duración:  como xa levades tarefas escritas, esta ídela facer ORAL. Trátase de que vos gravedes falando durante  un minuto máis ou algo máis (de 60 a 90 segundos).  Podedes facelo co ordenador ou co móbil. Mellor audiovisual.
-          Ao final, teriades de 10 a 15 minutos de gravación nos que se vai retratando a corentena xunto coas vosas impresións diarias.
-          Podedes presentar todas as crónicas en formato dixital nun arquivo único ou cada unha no seu, iso si, dentro dunha carpeta co voso nome.
-          Recomendación: primeiro, redactade un guión da vosa intervención para saber de que falar.
-          Podedes apoiar a vosa crónica co que queirades.

Comentários

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación

¡Soia! Follas Novas Comentario