25 DE ABRIL, SEMPRE!
Sabedes que pasou o 25 de abril de 1974 en Portugal? A Revoluçao dos Cravos foi un fito histórico importantísimo na loita contra o fascismo en Portugal. Unha canción, un caravel e a unión do pobo fixérona posible. Para saber un chisco máis, escollemos esta proposta de Aulas Galega s que ten información sobre a data, o testemuño de Celeste Caeiro, a canción Grândola, Vila Morena de Zeca Afonso, ademais dun titorial audiovisual para facermos o noso caravel no confinamento. Tamén vos deixamos esta marabillosa versión de Grândola dos cativos e cativas da Escola da Semente Compostela, e un breve audiovisual da Escola da Semente Lugo que explica dun xeito moi sinxelo o que aconteceu ese 25 de abril de 1974. Baixo a denominación de Escolas da Semente agrúpanse centros educativos en diferentes cidades de toda a Galiza que apostan pola inmersión lingüística total na nosa lingua. Para afondar na lusofonía propóñovos dous espazos web de obrigada visita, un é o da Assoc...