3ºESO E 1º BACH TAREFA SEMANAL: SÉCULOS ESCUROS E O MARISCAL


TAREFA  SEMANAL  (PRAZO ATA O  30 DE ABRIL )
3º ESO e 1º BACHARELATO
  MIRADOR PICO DA FROUXEIRA EN FOZ LUGO - GALICIA Mirador da Frouxeira
Literatura Séculos Escuros e Ilustración.
Pasamos aos Séculos Escuros, etapa de historia da literatura que se estuda conxuntamente coa Ilustración.   
Como ben sabedes, así como na Idade Media vivimos unha etapa de esplendor  a nivel peninsular, a partir do século XV, faise efectiva unha decadencia que se traduce na case total falta de produción literaria, e  que se estenderá ata o século XVIII.
Son moi poucas as mostras textuais que atopamos dentro da literatura. Por unha banda, temos textos líricos populares anónimos e pola outra, outros de tipo académico (poesía renacentista, barroca, villancicos de autor e algunha obriña do xénero dramático).

A tarefa que propoño é que vos convirtades nunha personaxe desta época, Isabel Pérez Osorio, muller do Mariscal Pardo de Cela ou Teodomira, que é como figura nomeada no Pranto da Frouseira.
O que tedes que facer é unha narración en primeira persoa contando a tráxica historia do seu home. Ollo! Non perdades de vista a situación sociopolítica e tampouco como sería o día a día dunha muller naquela época.Tamén é importante que teñades en conta que se trataba dunha muller cun estatus social alto pois era a filla do primeiro conde de Lemos
- mínimo media cara dun folio, máximo unha cara.
- mellor a ordenador e nun formato que sexa editable. Quen non poida, á man e achegades a/s foto/s.
- enviar a  lgelitmestracon2020@gmail.com

Materiais que vos poden servir de axuda: 

A) Audiovisuais
-          Audiovisuais breves  sobre a historia do Mariscal Pardo de Cela
* Non é preciso que vexades os dous, falan do mesmo.

B) Padget

C) Se alguén quere ampliar coñecementos, deixo tamén estes apuntamentos sobre os Séculos Escuros e a Ilustración. A primeira parte fai un achegamento á historia, sociedade e á situación sociolingüística en ambas etapas (páxinas 1-3). A segunda parte (páxinas 4-6) fala da literatura neste período.

D) Texto anónimo da época que fala da historia de Pardo de Cela


PRANTO DA FROUXEIRA
1     A min chaman Teodomira,
       señora do gran tesouro,
       por estrela esclarecida
       xago neste Valedouro

5     O vilán que me vendeu
       máis que un mouro foi traidor
       que de Lugo a Ribadeu
       todos me tiñan temor

       De min a triste Frouseira
10   que por treizón son vendida,
       derribada na ribeira
       ca xamais se veu vencida.

       Per treizón tamén vendido
       Jesús, nosso Redentor,
15   e por aquestes treidores,
       Pero Pardo, meu Señor.
               

       Vinte e dous foron chamados
       os que vendido o han
       non por fame de sustento
20   de carne viño nin pan.

       Eles quedan por tredores
       e seu amo por leal
       pois os Reis a súa filla
       súas terras mandan dar.

25   A Deus daran conta delo
       que lles queira perdoar
       co que acabou a Frouseira
       e a vida do Mariscal                              

Comentários

Mensagens populares deste blogue

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

MODELO DE COMENTARIO DE TEXTOS LITERARIOS

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación