CORRECCIÓN TAREFAS 2º DA ESO

2º ESO: CORRECCIÓN TAREFAS

EXERCICIOS (só os que non son interactivos)

NÉTEX
4.Distingue, nas seguintes palabras, as que levan ditongo das que levan hiato. Nos ditongos, especifica se son crecentes ou decrecentes.

 remedio       ruína      deleite        oriúndo            masai
 maquía        aínda      caixa           couce              boureo
 limitación   bieito      ambiente     europeísta       foráneo
DITONGOS
HIATOS
remedio / deleite / masai / caixa / couce / boureo / bieito / ambiente /
limitación
aínda / ruína / oriúndo / maquía / aínda limitación / foráneo/ boureo/ europeísta

DITONGOS CRECENTES
DITONGOS DECRECENTES
 Remedio,ambiente, limitación
Deleite, masai, caixa, couce, boureo,

*Bieito é un tritongo
5.Acentúa as palabras da seguinte listaxe segundo conveña.
 náusea / tuia /orquídea / aloe / túa / heroe /poética / período / cirurxía / peón / traquea/ neon - /mágoa / olimpíada / transeúnte / auréola / reuma / diocese  
6.Ditado. Escoita o seguinte texto e cópiao no teu caderno.
Irmandiños A Estrada e Fillas de Breogán fanse coa copa da Asociación de Fútbol
Gaélico.
O campo Manuel Anxo Cortizo de Lalín acolleu na noitiña do sábado os encontros nos
que se disputaba a copa da Asociación Galega de Fútbol Gaélico.
O equipo masculino de Irmandiños A Estrada impúxose por 20-10 ao/ó Estrela Vermella de Compostela, mentres que Fillas de Breogán gañou o encontro que disputou fronte ás Irmandiñas por 23-17.
Ambas as finais foron moi disputadas e non se resolveron até o último minuto. No caso
da final masculina, os composteláns comezaron mellor e remataron a primeira parte
cunha vantaxe dun tanto no marcador. Porén, na segunda metade, os da Estrada foron
superiores  malia que non sentenciaron o encontro ata que faltaban 5 minutos para o
final.
No caso do encontro feminino, as coruñesas, invictas na competición ligueira e cunha
marcha imparable na copa, foron quen de se impoñeren diante dunhas Irmandiñas que
acudiron a Lalín cun cadro moi xusto.
O broche de ouro a esta xornada de fútbol gaélico foi a entrega de trofeos. Os MVP
do torneo foron Eva Lago de Fillas de Breogán, que repite galardón individual despois
do acadado na Champions, e David Fuentes “Cana”, dos Irmandiños. A entrega de
premios finalizou cos trofeos aos equipos campións e cun terceiro tempo ó/ao máis puro
estilo do fútbol gaélico.
*** OS DEMAIS EXERCICIOS ERAN INTERACTIVOS

ESQUEMA DE DITONGO E HIATO ( a ver se o paso a ordenador)



Curso: Ámbito de comunicación

Curso: Ámbito de comunicación




TIPOS DE TEXTOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

A noticia é un texto breve no que se informa sobre un suceso recente, de xeito claro e conciso . Son os textos que nutren de contido os xornais, publicacións impresas ou dixitais que ofrecen información e opinións sobre temas de actualidade. Tamén poden ser textos orais.


Normalmente responde ás preguntas: ONDE?. CANDO? QUEN? COMO? POR QUE?

Titular: é un enunciado que resume o contido da noticia.

Entradiña: correspóndese  cunha síntese dos datos esenciais da noticia.



Corpo: é a información e disponse xerarquicamente.



A reportaxe é un relato xornalístico, máis extenso que a noticia, no que se informa polo miúdo sobre un tema concreto.


As reportaxes  profundizan ou amplian a información existente arredor dun tema e non están ligadas estritamente á actualidade diaria, de aí que a orixinalidade e a liberdade expresiva.

A crónica é un texto xornalístico que trata un tema de actualidade, combinando a información e a opinión.


As crónicas informan sobre os feitos ocorridos nun día,  nun breve período de tempo que o xornalista analiza, valora e interpreta. Por mor do seu carácter híbrido, a información obxectiva vai acompañada de opinións, o que xustifica que conteña expresións e adxectivos valorativos.

O artigo xornalístico é un texto argumentativo no que a persoa autora expón o seu punto de vista sobre un tema determinado, de contido moi variable.


O artigo xornalístico reflicte a opinión do seu autor ou autora, quen adoita ser alguén de recoñecido prestixio profesional. Esta clase de textos caracterízase por presentar unha gran liberdade expresiva e unha estrutura moi aberta. Trátase, por tanto, de textos cun carácter subxectivo, o que se traduce no uso de formas verbais en primeira persoa do singular ou do plural, así como de adxectivos valorativos.

-O artigo de fondo: é un texto extenso asinado por unha persoa colaboradora ocasional do periódico.

-A columna:  de menor extensión que o artigo de fondo, integra unha sección fixa no xornal e vai asinada por unha persoa colaboradora habitual.

-O editorial.:é unha variante do artigo de fondo (normalmente breve) que expresa as ideas e opinións da dirección do xornal respecto dun tema.
























Comentários

Mensagens populares deste blogue

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

MODELO DE COMENTARIO DE TEXTOS LITERARIOS

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación