SOMOS ROMÁNICOS

CONTEXTO

        Vivimos nun mundo globalizado no que cada vez é máis complexo conservar o patrimonio lingüístico. Nesta Europa é multilingüe e multicultural hai unha atención moi desigual á linguas minoritarias e minorizadas cuxa oficialidade, promoción e normalización dependen en boa medida da  vontade dos gobernos, aínda que haxa lexislación de apio como a Carta Europea das Linguas minoritarias.  
         Neste senso, nós queremos poñer en valor dúas linguas minorizadas  como son o galego e o sardo, a través da lingüística románica, apoiándonos no latín como lingua nai e no castelán como complemento. É dicir, que o alumnado vexa a potencialidade da súa propia bagaxe lingüística xa que, en boa medida, a promoción feroz das linguas hexemónicas fai que vivamos de costas a esa Europa multilingüe da que falabamos ao inicio. 

OBXECTIVO PRINCIPAL
         Poñer en valor linguas minorizadas galega e sarda mediante o achegamento  á lingüstica románica, e aproveitando a bagaxe de latín e castelán,  dende unha perspectiva comunicativa que derrube prexuízos e teza pontes de intercomprensión.

DESTINATARIOS
         Esta iniciativa está destinada á selección dun total de 10 ou 15 alumnos cos que se pretende  facer unha mobilidade a Sardeña e que serían de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Por outra banda, tamén se terá en conta e priorizaranse aqueles alumnos/as que tivesen/teñan materias como latín, cultura clásica ou mesmo outras do tronco romance como francés ou portugués. Este alumnado estará acompañado por un grupo de profesores cuxo número está aínda por determinar.


SITUACIÓN DE APRENDIZAXE
        Pretendemos que o alumnado utilice os  coñecementos das linguas romances que domina: galego e castelán, así como trazos básicos das gramáticas históricas que lles permitan traducir e entender breves textos en sardo. Para isto, desenvolvemos unha serie de tarefas que van dende o desbotamento de prexuízos lingüísticos ata a tradución de textos das linguas minorizadas que queremos promocionar. 


TAREFAS

1.  Para que serven as linguas? Visionado e posterior reflexión dunha breve entrevista ao lingüista Moreno Cabrera na que fala dos dominios lingǘísticos do español como lingua hexemónica, e da finalidade última das linguas, que non é outra que a de comunicar no contexto no que xorde, e dende cuxa óptica se nomea ese mundo.  
AUDIOVISUAL  MORENO CABRERA

2. Situación sociolingüśitica actual comparativa de dúas linguas minorizadas: sardo e galego. Importancia do respaldo gubernamental e lexislación.  Pequeno achegamento ao plano lexislativo das linguas minorizadas: situación actual das linguas e respaldo legal. Como inflúe o estado na promoción das linguas e como determina a súa vitalidade. Comparación da situación lingüística do galego e do Sardo. 


3. Árbore das linguas. De onde vimos? Unha vez que temos claro cal é a situación das linguas que pretendemos poñer en valor mediante a súa potencialidade lingüśitica,  iremos ás orixes. Nesta tarefa pretendemos que o alumnado entenda a xenealoxía da lingüística románica, como a fragmentación dialectal dou lugar a todas e cada unha das linguas románicas poñendo especial interese no galego, sardo e castelán, que serán as que se traballen máis especificamente no noso centro.    Pola súa parte, o centro de Cerdeña complementará a súa bagaxe co sardo, italiano e latín.                         
                                         

                                   
                                        



    
MATERIAIS DE PESCUDA

 GALEGO GRAMÁTICA HISTÓRICA

 CASTELÁN GRAMÁTICA HITÓRICA 

         
 IDIOMA SARDO PROEL LINGUAS DO MUNDO


3.  Tecemos verbas .  Chega o momento de poñer en práctica os coñecementos aprendidos traducindo textos breves sardo - galego e viceversa.  Comezaremos con esta iniciativa de tradución do portal das palabras Partimos de  Su patriottu Sardu a sos feudatarios (O patriota sardo aos seus feudatarios), un himno que Francesco Ignazio Mannu escribe en 1794. Este poema, ao que chaman a Marsellesa sarda, é un canto á revolta contra os propietarios estranxeiros. Foi publicado en Córcega e distribuído clandestinamente en Sardeña. Son 376 versos compostos de oito en oito e numerosas veces adaptados e cantados. Nós escollemos a do grupo musical Tazenda que se pode escoitar aquí. Pola outra banda, para o centro sardo propoñemos esta canción de Dakidarría titulada Terra, texto actual e reivindicativo que ademais fai referencia á nosa xeografía. A partir de aquí, o alumnado interesado pescudará textos literarios das mesmas épocas e efectuará, por grupos, as súas traducións.  Os produtos finais serán tidos en conta á hora de seleccionar ao alumnado na rúbrica final.

4.  Itercambio de producións durante o curso. Estes traballos serán compartidos entre os centros do intercambio como accións de visibilización e intercomprensión; e pasarán a formar parte dun banco de recursos GALEGO-SARDO para visiblizar todo este traballo.






MATERIAIS
    






Comentários

Mensagens populares deste blogue

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

ESQUEMA COMENTARIO TEXTOS LITERARIOS MEDIEVAIS CANTIGAS DOS TRES TIPOS 3ºESO