O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

Presentación sobre o texto e as súas propiedades con exemplos (Aulablog 4ºESO Gracia Santórum)

Presentación sobre o texto e propiedades en prezi (só conceptos básicos)


                                              PROPIEDADES TEXTUAIS  

Un texto é un conxunto de enunciados con sentido que transmiten unha información nunha situación concreta (por exemplo, iso que estás lendo é un texto porque ten sentido, está formado por oracións,  informa sobre algo e se produce nunha situación: neste caso, a clase de galego).

Para que un texto sexa correcto, ademais de respectar as normas ortográficas e gramaticais (xénero, número, corrección verbal, etc.) ten que cumprir as seguintes propiedades: adecuación, cohesión e coherencia

Adecuación:  consiste en adaptar o texto á situación comunicativa na que nos atopemos, é dicir, temos que ter en conta ó receptor e o contexto no que estamos. Non é o mesmo se falamos ou lle escribimos a un amigo que se nos diriximos a un mestre;  polo tanto, non nos comunicamos da mesma maneira. En función disto, o texto ten que adaptarse á intención lingüística do emisor, o que fai que teña que ter unha estrutura determinada (se queremos contar unha historia, o máis adecuado é unha estrutura narrativa; se queremos convencer, estrutura argumentativa...). Tamén ten que adecuarse ao destinatario (idade, estudos e coñecemento que ten sobre o tema). Tamén é preciso ter en conta o código (gramaticalidade e corrección oral e escrita) e a canle (boa caligrafía, disposición textual clara...). E por último, a propia situación:

-   Rexistro formal:  forma de falar máis coidada (vocabulario, estruturas máis complexas)

-       Rexistro informal: empregamos unha forma de falar máis descoidada (vocabulario máis simple, expresións coloquiais, estruturas básicas).

  Ex.  Falando cun amigo podemos dicir: “pasa del” . Se estamos no colexio e  falamos cun profesor esa expresión non sería adecuada

 * No caso das variedades dialectais aínda que sempre se consideraron propias de situacións informais, están sendo cada vez máis reivindicadas  en contextos cultos. Por exemplo, a utilización da gheada e do seseo en contextos cultos.

Coherencia: consiste en ordenar correctamente as ideas, que estas  teñan relación entre si (un tema común), que engadan nova información e que non resulten contraditorias. Hai uns principios básicos que se deben cumprir para que un texto sexa coherente: o principio da relación temática (ten que haber un tema central, común), o da progresión temática e da pertiencia (a información ten que relacionarse co tema pero tamén aportar algo novo, debe ser importante),  e o da non contradición.

      Outros conceptos a ter en conta na coherencia: tema e rema, foco e isotopía

      Tema:  contén a información coñecida polo destinatario, é aquelo do que o emisor comeza a falar cando inicia o enunciado.

        Rema: información descoñecida polo destinatario.

        Ex:  Xoán tivo boas notas (tema: "Xoán";  rema: "tivo boas notas")

        Foco: elemeno da nova información que se destaca para traer atención.

        Isotopía: conceptos que se repiten e que nos axudan a crear o núclo informativo.

   

Cohesión: esta propiedade céntrase  en unir (ligar) as diferentes ideas dun texto.

Para lograr a cohesión temos os seguintes recursos: 

-         Anáforas e catáforas: conectan os elementos do discurso, a anáfora con algo que apareceu anteriormente, e a catáfora con algo que aparecerá despois:

    Ex. Xoán foi o cinema co tempo xusto. Aínda así el conseguiu chegar grazas ao seu tío que o colleu no coche. (ANÁFORA)

    Ex. Xoán vai alí. No parque están os seus amigos (CATÁFORA)

-     Deíxe: termos que indican quen, onde e como se produce a comunicación (pronomes persoais, demostrativos)

    Ex. Eu cheguei no das 12 e ti aínda non.

-         Omisión de palabras ou elipse: consiste en suprimir unha palabra que xa se nomeou ou que se pode deducir facilmente.  

Ex.    Os policías detiveron os ladróns despois dunha dura persecución e (eles) leváronos    para a comisaría.

-         A substitución: permite evitar repeticións. Podemos empregar pronomes ou sinónimos (tamén hiperónimos, hipónimos, holónimos e merónimos ou incluso por metáforas)

 Antón (1) foi de viaxe a Francia (2) cos seus amigos e alí (2) coñeceu a unha persoa especial. El  (1)  sentíase moi feliz.

-         Os conectores:  son todos aqueles elementos que permiten unir as frases ou as oracións: conxuncións (porque, polo tanto, pero, se, aínda que, etc) preposicións ( a, con, de, desde, para, por …) adverbios (ademais, antes, despois, etc. ) .

 

   Principais conectores de oracións:

Ø Se queremos indicar unha condición empregaremos nexos como: se, como (con subxuntivo), a condición de que, sempre que, a menos que…

     Ex.  se está chovendo non iremos á praia

           como chova non iremos á praia.

Ø Se queremos indicar a causa empregaremos nexos como: porque, xa que, como (con indicativo), a causa de,  por mor de, dado que, posto que…

Ex. non iremos á praia porque chove.

                  como chove non iremos á praia.

                  a causa da chuvia, non iremos á praia.

                  non iremos á praia xa que chove.                   

Ø Se queremos indicar unha consecuencia: polo tanto, en consecuencia, daquela, así pois,  en consecuencia,  así que,  de maneira que, de modo que…

Ex. chove, polo tanto non iremos á praia

      a consecuencia da chuvia, non iremos á praia.

Ø Cando queremos indicar unha obxección que parece impedir algo,pero aínda así faise : aínda que, a pesar de que, pero, poren,  nembargante.

Ex. Aínda que chova, iremos á praia

     a pesar de que chova iremos á praia

     chove pero iremos á praia.

Ø Se queremos indicar finalidade, a razón pola que facemos algo: para, para que, co fin de que, coa finalidade de que. 

***Hai máis exemplos na primeira presentación (está colgada enriba de todo)

Marcadores discursivos

* De introdución: presentan o tema (Ex. Lembras aquel rapaz? Téñoche que contar...)

* De mantemento: indican que se continúa co mesmo tema (Ex: Aínda che direi máis, o que fixo xa o sabe máis xente.)

* De reparación: cando o enunciado non se corresponde coas espectativas do receptor (Ex: Non sei de que me falas...)

* De recuperación: recupera temas (Ex: Por certo, aquela película que iamos ver?)

* De topicalización: polo que a min respecta, no concerninte a iso....


Ligazón: recursos de cohesión en formato esquema (moi completo)



      

Comentários

Mensagens populares deste blogue

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación

¡Soia! Follas Novas Comentario