O VERBO II
O VERBO II (cotovia.org)
A conxugación verbal
Como xa dixemos, os verbos son palabras variables e, polo tanto, empregámolas combinando os distintos morfemas para poder expresar todas as posibilidades significativas de tempo, modo, número, persoa e aspecto.
Á hora de establecermos a combinación entre os lexemas e mais os distintos morfemas, é dicir, á hora de conxugalos, distinguimos en realidade, tres grupos de verbos:
- Os verbos regulares: fórmanse sempre unindo ao lexema as desinencias modo-temporais e numero-persoais dun verbo patrón.
- Os verbos semirregulares: trátase de verbos que, sendo regulares na maior parte das súas formas, presentan algunhas particularidades que afectan á acentuación ou ao cambio dalgunhas vogais no presente de indicativo.
- Os verbos irregulares: presentan variacións que afectan maioritariamente ao lexema e nalgúns casos tamén ás desinencias.
A conxugación dos verbos regulares.
A maioría dos verbos da lingua conxúganse de forma regular polo que, sabendo as formas dun único verbo sabemos conxugar todos os demais, só se trata de mudar o lexema.
Aínda que nos valería calquera, tomaremos como base os verbos botar, beber e vivir para a conxugación da primeira, segunda e terceira conxugación, respectivamente.
Hai que ter en conta que algúns verbos regulares alteran parcialmente o seu lexema por razóns ortográficas, é o que acontece en verbos rematados en –CER e –CIR, que mudan o “c” do lexema por un “z” na 1ª persoa do presente de indicativo e en todo o presente de subxuntivo ( así nacer presenta o lexema naz- en nazo, naza...).
Modelo para os verbos da 1ª CONXUGACIÓN: BOTAR
Modo INDICATIVO Modo SUBXUNTIVO Modo IMPERATIVO Presente Copretérito Presente Bot- o
Bot- a- s
Bot- a
Bot- a- mos
Bot- a- des
Bot- a- n Bot- a- ba
Bot- a- ba- s
Bot- a- ba
Bot- a- ba- mos
Bot- a- ba- des
Bot- a- ba- n Bot- e
Bot- e- s
Bot- e
Bot- e- mos
Bot- e- des
Bot- e- n
Bot- a
Bot- a- dePretérito Antepretérito Pretérito Formas nominais Bot- ei
Bot- a- ches
Bot- ou
Bot- a- mos
Bot- a- stes
Bot- a- ron Bot- a- ra
Bot- a- ras
Bot- a- ra
Bot- a- ra- mos
Bot- a- ra- des
Bot- a -ra- n Bot- a- se
Bot- a- se- s
Bot- a- se
Bot- á- se- mos
Bot- á- se- des
Bot- a- se- n Infinitivo:
Bot- a- r
Xerundio:
Bot- a- ndo
Participio:
Bot- a- do Futuro Pospretérito Futuro Infinitivo conxugado Bot- a- r- ei
Bot- a- r- ás
Bot- a- r- á
Bot- a- re- mos
Bot- a- re- des
Bot- a- r- án Bot- a- ría
Bot- a- ría- s
Bot- a- ría
Bot- a- ria- mos
Bot- a- ria- des
Bot- a- ría- n Bot- a- r
Bot- a- r- es
Bot- a- r
Bot- a- r- mos
Bot- a- r- des
Bot- a- r- en Bot- a- r
Bot- a- r- es
Bot- a- r
Bot- a- r- mos
Bot- a- r- des
Bot- a- r- en
Modo INDICATIVO | Modo SUBXUNTIVO | Modo IMPERATIVO | |
Presente | Copretérito | Presente | |
Bot- o Bot- a- s Bot- a Bot- a- mos Bot- a- des Bot- a- n | Bot- a- ba Bot- a- ba- s Bot- a- ba Bot- a- ba- mos Bot- a- ba- des Bot- a- ba- n | Bot- e Bot- e- s Bot- e Bot- e- mos Bot- e- des Bot- e- n | Bot- a Bot- a- de |
Pretérito | Antepretérito | Pretérito | Formas nominais |
Bot- ei Bot- a- ches Bot- ou Bot- a- mos Bot- a- stes Bot- a- ron | Bot- a- ra Bot- a- ras Bot- a- ra Bot- a- ra- mos Bot- a- ra- des Bot- a -ra- n | Bot- a- se Bot- a- se- s Bot- a- se Bot- á- se- mos Bot- á- se- des Bot- a- se- n | Infinitivo: Bot- a- r Xerundio: Bot- a- ndo Participio: Bot- a- do |
Futuro | Pospretérito | Futuro | Infinitivo conxugado |
Bot- a- r- ei Bot- a- r- ás Bot- a- r- á Bot- a- re- mos Bot- a- re- des Bot- a- r- án | Bot- a- ría Bot- a- ría- s Bot- a- ría Bot- a- ria- mos Bot- a- ria- des Bot- a- ría- n | Bot- a- r Bot- a- r- es Bot- a- r Bot- a- r- mos Bot- a- r- des Bot- a- r- en | Bot- a- r Bot- a- r- es Bot- a- r Bot- a- r- mos Bot- a- r- des Bot- a- r- en |
Modelo para os verbos da 2ª CONXUGACIÓN: COMER
Modo INDICATIVO Modo SUBXUNTIVO Modo IMPERATIVO Presente Copretérito Presente Com- o
Com- e- s
Com- e
Com- e- mos
Com- e- des
Com- e- n Com- ía
Com- ía- s
Com- ía
Com- ia- mos
Com- ia- des
Com- ía- n Com- a
Com- a- s
Com- a
Com- a- mos
Com- a- des
Com- a- n
Com- e
Com- e- dePretérito Antepretérito Pretérito Formas nominais Com- ín
Com- i- ches
Com- eu
Com- e- mos
Com- e-stes
Com- e- ron Com- e- ra
Com- e- ra- s
Com- e- ra
Com- e- ra- mos
Com- e- ra- des
Com- e- ra- n Com- e- se
Com- e- se- s
Com- e- se
Com- é- se- mos
Com- é- se- des
Com- e- se- n Infinitivo:
Com- e- r
Xerundio:
Com- e- ndo
Participio:
Com- i- do Futuro Pospretérito Futuro Infinitivo conxugado Com- e- r- ei
Com- e- r- ás
Com- e- r- á
Com- e- re- mos
Com- e- re- des
Com- e- r- án Com- e- ría
Com- e- ría- s
Com -e- ría
Com- e- ria- mos
Com- e- ria- des
Com- e- ría- n Com- e- r
Com- e- res
Com- e- r
Com- e- r- mos
Com- e- r- des
Com- e- r- en Com- e- r
Com- e- res
Com- e- r
Com- e- r- mos
Com- e- r- des
Com- e- r- en
Modo INDICATIVO | Modo SUBXUNTIVO | Modo IMPERATIVO | |
Presente | Copretérito | Presente | |
Com- o Com- e- s Com- e Com- e- mos Com- e- des Com- e- n | Com- ía Com- ía- s Com- ía Com- ia- mos Com- ia- des Com- ía- n | Com- a Com- a- s Com- a Com- a- mos Com- a- des Com- a- n | Com- e Com- e- de |
Pretérito | Antepretérito | Pretérito | Formas nominais |
Com- ín Com- i- ches Com- eu Com- e- mos Com- e-stes Com- e- ron | Com- e- ra Com- e- ra- s Com- e- ra Com- e- ra- mos Com- e- ra- des Com- e- ra- n | Com- e- se Com- e- se- s Com- e- se Com- é- se- mos Com- é- se- des Com- e- se- n | Infinitivo: Com- e- r Xerundio: Com- e- ndo Participio: Com- i- do |
Futuro | Pospretérito | Futuro | Infinitivo conxugado |
Com- e- r- ei Com- e- r- ás Com- e- r- á Com- e- re- mos Com- e- re- des Com- e- r- án | Com- e- ría Com- e- ría- s Com -e- ría Com- e- ria- mos Com- e- ria- des Com- e- ría- n | Com- e- r Com- e- res Com- e- r Com- e- r- mos Com- e- r- des Com- e- r- en | Com- e- r Com- e- res Com- e- r Com- e- r- mos Com- e- r- des Com- e- r- en |
Modelo para os verbos da 3ª CONXUGACIÓN: VIVIR
Modo INDICATIVO Modo SUBXUNTIVO Modo IMPERATIVO Presente Copretérito Presente Viv- o
Viv- e- s
Viv- e
Viv- i- mos
Viv- i- des
Viv- e- n Viv- ía
Viv- ía- s
Viv- ía
Viv- ia- mos
Viv- ia- des
Viv- ía- n Viv- a
Viv- a- s
Viv- a
Viv- a- mos
Viv- a- des
Viv- a- n
Viv- e
Viv- i- dePretérito Antepretérito Pretérito Formas nominais Viv- í- n
Viv- i- ches
Viv- i- u
Viv- i- mos
Viv- i- stes
Viv- i- ron Viv- i- ra
Viv- i- ra- s
Viv- i- ra
Viv- i- ra- mos
Viv- i- ra- des
Viv- i- ra- n Viv- i- se
Viv- i- se- s
Viv- i- se
Viv- í- se- mos
Viv- í- se- des
Viv- i- se- n Infinitivo:
Viv- i- r
Xerundio:
Viv- i- ndo
Participio:
Viv- i- do Futuro Pospretérito Futuro Infinitivo conxugado Viv- i- r- ei
Viv- i- r- ás
Viv- i- r- á
Viv- i- r- emos
Viv- i- r- edes
Viv- i- r- án Viv- i- ría
Viv- i- ría- s
Viv- i- ría
Viv- i- ria- mos
Viv- i- ria- des
Viv- i- ría- n Viv- i- r
Viv- i- r- es
Viv- i- r
Viv- i- r- mos
Viv- i- r- des
Viv- i- r- en Viv- i- r
Viv- i- r- es
Viv- i- r
Viv- i- r- mos
Viv- i- r- des
Viv- i- r- en
Modo INDICATIVO | Modo SUBXUNTIVO | Modo IMPERATIVO | |
Presente | Copretérito | Presente | |
Viv- o Viv- e- s Viv- e Viv- i- mos Viv- i- des Viv- e- n | Viv- ía Viv- ía- s Viv- ía Viv- ia- mos Viv- ia- des Viv- ía- n | Viv- a Viv- a- s Viv- a Viv- a- mos Viv- a- des Viv- a- n | Viv- e Viv- i- de |
Pretérito | Antepretérito | Pretérito | Formas nominais |
Viv- í- n Viv- i- ches Viv- i- u Viv- i- mos Viv- i- stes Viv- i- ron | Viv- i- ra Viv- i- ra- s Viv- i- ra Viv- i- ra- mos Viv- i- ra- des Viv- i- ra- n | Viv- i- se Viv- i- se- s Viv- i- se Viv- í- se- mos Viv- í- se- des Viv- i- se- n | Infinitivo: Viv- i- r Xerundio: Viv- i- ndo Participio: Viv- i- do |
Futuro | Pospretérito | Futuro | Infinitivo conxugado |
Viv- i- r- ei Viv- i- r- ás Viv- i- r- á Viv- i- r- emos Viv- i- r- edes Viv- i- r- án | Viv- i- ría Viv- i- ría- s Viv- i- ría Viv- i- ria- mos Viv- i- ria- des Viv- i- ría- n | Viv- i- r Viv- i- r- es Viv- i- r Viv- i- r- mos Viv- i- r- des Viv- i- r- en | Viv- i- r Viv- i- r- es Viv- i- r Viv- i- r- mos Viv- i- r- des Viv- i- r- en |
A conxugación dos verbos semirregulares.
As particularidades destes verbos son facilmente sistematizables:
- Os verbos rematados en –AER, - OER, - AÍR e – OÍR, presentan dúas características diferentes:
- Introducen un – i - de apoio na 1ª persoa de singular do presente de indicativo e en todo o presente de subxuntivo ( caio, caia, caias.../ moio, moia, moias... / saio, saia, saias.../ oio, oia, oias...).
- Levan diérese na primeira e segunda persoas do plural das formas do copretérito (caïamos, caïades/ oïamos, oïades...). Isto mesmo pásalles tamén aos verbos rematados en –UÍR (incluïamos, incluïades...).
- Verbos con alternancia vocálica:
- Algúns verbos que rematan en – IR e teñen na última vogal do lexema un “e”, cambian esa vogal por “i” nalgunhas formas do presente de indicativo, en todo o presente de subxuntivo e no imperativo. Ademais algúns tamén abren o “e” [ε ] na 2ª, 3ª e 6ª persoas do presente de indicativo.
- Algúns verbos que rematan en – IR e teñen na última vogal do lexema un “u”, cambian esa vogal por “o” [Ɔ ] na 2ª, 3ª e 6ª persoas do presente de indicativo.
Deste xeito:
Durmir: durmo, dormes, dorme, durmimos, durmides, dormen
Deste xeito:
Medir: mido, mides, mide, medimos, medides, miden // mida, mida, mida...
Servir: sirvo, serves, serve, servimos, servides, serven// sirva, sirvas, sirva...
A conxugación dos verbos irregulares.
Como o seu nome indica, os verbos irregulares son aqueles que non seguen os patróns que indicamos máis arriba. Polo tanto, a súa conxugación vólvese complicada nalgunhas formas concretas e é preciso observar a conxugación de cada un dos verbos por separado.
Non obstante, aínda que é certo que resulta máis doado aprender unha lingua cando esta presenta unhas regras que podemos aplicar, tamén o é que os falantes en xeral non temos problemas para dominar as excepcións á norma porque o uso sistemático fai que terminemos para aprender as formas diferentes e que as empreguemos sen problema ningún. Por iso, a maior parte das veces sabemos perfectamente as formas dos verbos irregulares da nosa lingua sen necesidade de memorizalos. Con todo, existen algunhas regras que poden axudar a aqueles de vós que teñan problemas. Velaí as van:
- Na maior parte dos casos a irregularidade afecta só ao lexema e non ás desinencias: Caber: caibo, cabía, coubestes...
- Moitos verbos fan o presente do subxuntivo a partir do lexema da 1ª persoa do presente de indicativo: Dicir: digo diga, digas...
- Moitos dos verbos presentan o mesmo lexema no pretérito de indicativo e subxuntivo e no antepretérito: Estar: estiven / estivera/ estivese...
- Na maioría dos verbos o lexema do futuro e do pospretérito é o mesmo ca o do infinitivo: Haber: haberei, habería, caber: caberei, cabería...
As perífrases verbais
Ás veces cunha forma verbal simple non somos quen de expresar todos os matices que queremos introducir na nosa conversa, por iso temos que botar man das perífrases verbais, unhas formas compostas por dous verbos que achegan novas nocións temporais, modais e aspectuais.
O bichero IV, Davila.
Segundo o tipo de significado que acheguen, distinguimos tres tipos de perífrases:
- Temporais:
- Con haber + (de) + infinitivo podemos expresar unha acción que estivo a piques de suceder: Houben vir onte pero...
- Con ir + infinitivo referímonos a algo que vai pasar: Hei ir á túa casa despois
- Con haber + (de) + infinitivo podemos expresar unha acción que estivo a piques de suceder: Houben vir onte pero...
- Modais:
- Con haber+ que+ infinitivo ou con ter + que + infinitivo expresamos obrigación: Tes que poñerte a estudar
- Con deber + (de) + infinitivo referímonos a unha obriga: Debes facer os deberes
- Con deber + (de) + infinitivo ou poder + infinitivo expresamos unha probabilidade: Debe de ter quince anos
- Aspectuais: Son o grupo máis numeroso e con elas pódense indicar varios significados referidos ao momento no que se realiza a acción:
- Unha acción no momento en que empeza: Botarse + a + infinitivo, romper + a + infinitivo, poñerse + a + infinitivo... O meu fillo rompeu a andar aos oito meses.
- Unha acción que continúa no seu proceso: levar + a + infinitivo, estar + a + infinitivo, levar + xerundio, estar + xerundio... Leva chovendo / a chover tres meses.
- Unha acción que xa rematou: Dar + participio, acabar + de + infinitivo... Seguro que dou acabado enseguida.
- Unha acción que se repite: Volver + (a) + infinitivo, ter + participio: Teño viaxado moito pero agora non podo.
En todas estas perífrases o verbo conxugado (verbo auxiliar) perde o significado que posúe cando se conxuga de forma illada (se non o perdese non sería unha perífrase senón dous verbos aos que lles cadra de estar apegados por outras razóns), deste xeito o significado da forma resultante é o significado aspectual, modal ou temporal que acabamos de ver pero aplicado ao significado léxico do verbo auxiliado. Así, por exemplo, a perífrase andas a pensar non significa que alguén pense mentres anda senón que está pensando nese momento, é dicir, que o significado de andar desaparece por completo.
O galego é unha lingua que gusta das perífrases porque, como dixemos, engaden moitos matices que as formas simples non permiten expresar. De todos xeitos, dos usos expresivos das diferentes formas verbais ocuparémonos no seguinte tema de morfoloxía.
Comentários
Enviar um comentário