O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)
Presentación sobre o texto e as súas propiedades con exemplos (Aulablog 4ºESO Gracia Santórum) Presentación sobre o texto e propiedades en prezi (só conceptos básicos) PROPIEDADES TEXTUAIS Un texto é un conxunto de enunciados con sentido que transmiten unha información nunha situación concreta (por exemplo, iso que estás lendo é un texto porque ten sentido, está formado por oracións, informa sobre algo e se produce nunha situación: neste caso, a clase de galego). Para que un texto sexa correcto, ademais de respectar as normas ortográficas e gramaticais (xénero, número, corrección verbal, etc.) ten que cumprir as seguintes propiedades: adecuación, cohesión e coherencia Adecuación: consiste en adaptar o texto á situación comunicativa na que nos atopemos, é dicir, temos que ter en conta ó receptor e o contexto no que estamos. Non é o mesmo se falamos ou lle escribimos a un amigo que se nos diriximos a un mestre; polo tanto,
Comentários
Enviar um comentário