REVISTA CARTAFOL

REVISTA CARTAFOL

 A revista "Cartafol" ten unha longa e vizosa vida no Instituto. Podes ver todos os números publicados nesta ligazón.
Aínda que neste curso non teñamos as mellores circunstancias, queremos manter viva a publicación e contarmos coa túa colaboración.
Os traballos deben ser orixinais e inéditos. A temática, xénero e estilo son libres. O artigo de opinión, a poesía, a fotografía, o conto, a banda deseñada etc. teñen acollida nas páxinas da revista "Cartafol".
Tamén interesa publicar algunha foto de cada grupo, na que figure como pé de foto algunha frase que teña algún sentido para o grupo e lembre anécdotas ou vivencias.
Anímate e presenta o teu orixinal. Terá valoración como un exercicio de creación na materia de Lingua.
O prazo de entrega remata o luns 25 de maio.
 CARTAFOL

Comentários

Mensagens populares deste blogue

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

MODELO DE COMENTARIO DE TEXTOS LITERARIOS

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación