Ricardo Carvalho Calero Letras Galegas 2020


Como xa sabedes, o autor ao que se lle dedican as Letras Galegas 2020 é Ricardo Carvalho Calero. 
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol,  o 30 de outubro de 1910 e morreu o 25 de marzo de 1990 en Santiago de Compostela. Crítico literario, filólogo, lingüista e escritor, amosou dende moi cedo o seu compromiso coa lingua e coa terra como mostra a súa adhesión ao Seminario de Estudos Galegos e ao Partido Galeguista. Alén disto, foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galgas da USC,  membro numerario da Real Academia Galega (aínda que acabou renunciando), e membro de honra da Associaçom Galega da Língua. Está considerado o ideólogo do reintegracionismo que consisteen considerar á lingua galega como variedade do portugués ou, do galego-portugués.
Como crítico e literato ten unha extensa obra. Ademais de ensaio, cultivou a poesía (Vieiros, 1931; O silenzo axionllado, 1934; Anxo de terra, 1950; Poemas pendurados dun cabelo, 1952; Salerio de Fingoy, 1961; Pretérito Imperfeito, 1980; Futuro condicional,1982; Cantigas de amigo e outros poemas, 1986; Reticencias..., 1990), o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da Barreira, 1951; Scórpio, 1987). 
Pouco tempo despois de ser nomeado Fillo Predilecto de Ferrol, faleceu en Compostela no ano 1990. 
MATERIAIS
Presentación en Genial.ly con recursos audiovisuais para achegármonos á figura de Ricardo Carvalho Calero
Cartelería gañadora na categoría de secundaria no concurso-exposición das Letras Galegas organizado pola SXPL. Aquí tedes 10 carteis con información sobre o autor.
Espazo en lingua.gal dedicado ao autor 
Agália pp.457-469 Reticências
Biografía e obra na Galipedia
Ficha na Biblioteca Virtual Galega
Historia do reintegracionismo

Comentários

Mensagens populares deste blogue

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

MODELO DE COMENTARIO DE TEXTOS LITERARIOS