OUTROS XÉNEROS
Outros xéneros líricos, clasificación Giuseppe Tavani
XÉNEROS CONTAMINADOS: xéneros que no paso da lírica provenzal á nosa, sufriron modificacións e asimiláronse formalmente.
- os cinco lais que tratan de temática relativa á materia de Bretaña (rei Arturo...), que están construídos nos moldes da cantiga de amor, tres deles, e dous nos das cantigas de amigo.
- cantiga de malmaridada (malcasada): Quisera vosco falar de grado de don Denis, correspóndese cunha cantiga de amigo.
- chanson de toile –a moza está tecendo ou fiando–,con Sedia la fremosa seu sirgo torcendo de Estevan Coelho, tamén é unha cantiga de amigo.
- Alva ou alborada: considerada como un tipo de cantiga de amigo.
Trátase de composicións (de composición, no caso galego-portugués) en que os amantes expresan a súa desilusión pola chegada do amencer, a cal equivale á separación dos namorados.
XÉNEROS MENORES
Xéneros de escaso cultivo na lírica galego-portuguesa que non sufriron ningún tipo de mutación ou mestizaxe no seu paso da lírica provenzal á nosa.
- Pastorela: composición na que un cabaleiro de camiño se encontra cunha pastora que é por el requirida de amores.- Pranto: composición con motivo da morte e exequias dun personaxe moi relevante.
- Cantiga encomiástica: en louvor dun rei por algunha das súas conquistas.
- Descordo: cuxa irregularidade métrica intencionada expresa o desacougo da alma do protagonista.
- Tençon: modalidade poética en que debaten dous trobadores, indicando que a temática da discusión pode ser de amor, de amigo ou de escarnio. Na realidade dos cancioneiros, a inmensa maioría das tenzóns versan sobre asuntos escarniños e aparecen recollidas na sección correspondente a este xénero.
- Partimen ou joc partit: composición en que dous trobadores debaten sobre cuestións amorosas e que se poden considerar adaptacións da modalidade poética occitana da que toman novme.
-Cantiga de seguir: trátase dun procedemento compositivo que consiste precisamente na reutilización de elementos textuais, melódicos ou estruturais dunha composición allea que se toma como punto de partida
* A clasificación en xéneros menores e contaminados é do estudoso Giuseppe Tavani
G. Tavani (1986) . A poesía lírica galego-portuguesa. Ed. Galaxia. ISBN: 84-7154-561-6
Comentários
Enviar um comentário