A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación
A toniciade e a acentuación das palabras O acento é a forza coa que destacamos algunha das partes que compoñen as palabras cando falamos.Para marcar na escrita o lugar onde poñemos o acento usamos o acento gráfico. Sílabas tónicas e átonas Como xa sabes, cando falamos pronunciamos varios fonemas unidos en sílabas que, á súa vez, son as que forman as palabras. Hai palabras que están constituídas por unha única sílaba, que son as palabras monosílabas , e outras que están formadas por varias, palabras polisílabas . Cando dicimos as palabras non pronunciamos todas as sílabas que as compoñen coa mesma forza. En cada unha sempre hai unha sílaba que se pronuncia con máis intensidade ca as demais: é a sílaba tónica ; as outras reciben o nome de sílabas átonas . Compróbao nas seguintes palabras: mel me -do cou -sa par- tiu a- re -a can- ción pa- rau -gas é -xi-to As ...
Comentários
Enviar um comentário