TEXTO COMENTARIO CRÍTICO Feminino gramatical / feminino real
Feminino gramatical / feminino real Leo no noso diario (nº 91): "Cada día do mes de abril Galiza sufriu unha baixa de 54 autónomas" e boto as mans á cabeza. Feminicidio laboral? Axiña me decato, claro está, de que a penosa cifra se refere a autónomos en xeral e xustamente boto en falta na información cantos deste gremio en tan dificultosa situación son mulleres. O mesmo diría de "veciñas" ou de "alcadesas". Esta escolla gramatical non é só que sexa errónea, é que é equívoca e contraproducente, pois mesmamente non discrimina, para sabermos en todo caso cantas son mulleres. Que pasaría se lésemos nos avisos alertadores do tránsito: "X... tantas mortas na Semana Santa do ano pasado". Lemos: "mortos" e este nome inclúe homes, mulleres, nenos e vellos, claro está. Igualmente, se lésemos: "As delincuentes ou as bárbaras que cometeron tal ou cal atropelo...": por que temos de dar por suposto que son mulleres? Tal uso é fillo ...