O XÉNERO LÍRICO
O xénero lírico I (cotovia.org)
Introdución
Xa falamos abondo noutras unidades dos textos escritos en prosa, imos falar agora de poesía. Somos conscientes de que a algúns vos asusta esta palabra, que dicides que non vos gusta ler poesía e que ademais non a entendedes. Se cadra tedes algo de razón pero ao mellor non tanta como pensades... non vos gustan as letras das cancións?, pois poesía son...
O xénero lírico é o xénero das emocións por excelencia. Cando alguén escribe un texto poético faino para expresar os seus sentimentos (amor, rabia, desesperanza, placidez... os que sexan) e, polo tanto, resultan textos moi subxectivos o que, certamente, dificulta a lectura porque non sempre nos é doado comprendermos as emocións dos demais... Mais a boa poesía consegue que o lector comparta e faga seus os sentimentos que se transmiten no texto.
Por outra banda, tamén é certo que moitas veces nos textos poéticos empréganse recursos estilísticos que obrigan a unha lectura atenta para poder comprender o sentido verdadeiro das palabras. Ademais eses recursos están moi concentrados, pois a extensión das poesías adoita ser breve e hai que utilizar as palabras dun xeito moi elaborado para condensar todo o que se quere transmitir. Isto, efectivamente, tamén dificulta a lectura.
E, por último, o texto poético moitas veces posúe unha armazón (número de sílabas, tipos de rimas, tipo de estrofas...) destinada a achegar o ritmo e a musicalidade cuxo dominio resulta un pouco complicado chegar a manexar.
Así pois, tendes razón: a poesía é complicada de ler. O texto poético
é como un xogo de pistas onde cada elemento encerra o seu misterio,
para entendelo ben temos que conseguir dar co significado de cada un
pero o resultado paga a pena.
1. A organización externa dos poemas: a métrica
Dixémosche antes que as letras das cancións son poesías (non todas!!)
e realmente a musicalidade é unha das características definitorias
deste xénero (de feito os primeiros textos poéticos da nosa literatura
son letras de cancións), de aí que os aspectos rítmicos sexan tan
importantes.
Como se consegue o ritmo e a musicalidade nun poema? Coa medida e coa rima dos versos
O ritmo conséguese a través da repetición de determinados elementos, ímolos vendo:
1.1 MEDIDA DOS VERSOS
- Coa medida dos versos. Por exemplo, se todos os
versos teñen a mesma medida o texto presentará un ritmo suave e
melódico, mais ás veces interesa romper o ritmo para chamar a atención
do lector sobre algunha palabra e iso pódese lograr, simplemente,
cambiando a medida dun verso. Compróbao no exemplo 1 (vid. máis abaixo). Por outra banda, os versos formados por moitas sílabas producen a
impresión de sosego e monotonía, mentres que os versos curtos poden
transmitir a sensación de rapidez, de velocidade...
Fíxate: Se les en voz alta estes dous fragmentos de poemas pertencentes á obra Os Eidos, O libro do Courel, de Uxío Novoneyra, verás os diferentes ritmos: suave e cadencioso no primeiro, e moito máis marcado no segundo: exemplo 2
A que se tiveses que poñerlles música para facer unha canción non che valería o mesmo ritmo?, pois por iso...!
Para medir a lonxitude dos versos debemos contar o número de sílabas que compoñen cada un, pero hai que ter en conta:
- A acentuación da última palabra:
- Se se trata dunha palabra grave contaremos as sílabas de xeito normal.
- Se se trata dunha palabra aguda ou un monosílabo engadiremos unha sílaba máis.
- Se se trata dunha palabra esdrúxula debemos restar unha sílaba.
Exemplo 3
- Algunhas licenzas:
Por veces o número de sílabas reais pode alterarse se o/a autor/a decide botar man dalgún dos seguintes recursos:
- Sinalefa: consiste en contar como unha única
sílaba a última sílaba dunha palabra e o comezo doutra. Só se pode
aplicar cando a última comeza por vogal e a primeira comeza tamén por
vogal ou por hache.
Exemplo 4
-
Sinérese: Consiste en contar como unha única sílaba dúas sílabas diferentes que forman un hiato.
Exemplo 5
-
Diérese: consiste en contar como dúas sílabas diferentes as vogais que constitúen un ditongo.
Exemplo 6
- Sinalefa: consiste en contar como unha única
sílaba a última sílaba dunha palabra e o comezo doutra. Só se pode
aplicar cando a última comeza por vogal e a primeira comeza tamén por
vogal ou por hache.
- Versos de arte menor: Teñen oito sílabas ou menos (bisílabos, trisílabos, tetrasílabos, pentasílabos, hexasílabos, heptasílabos ou octosílabos).
- Versos de arte maior: Teñen máis de oito sílabas (enneasílabos, decasílabos, hendecasílabos, dodecasílabos, tridecasílabos, alexandrinos ...).
1.2 RIMA
- Outro procedemento para conseguir a musicalidade nos poemas é a rima.
Para marcar as rimas úsanse letras minúsculas se os versos son de arte menor e maiúsculas se son de arte maior. Repítense as letras nos versos que teñen a mesma rima e se algún non rima, que se chama verso solto, ponse un guión.A rima é a repetición de certos sons a partir da última vogal acentuada dun determinado verso nos versos seguintes.
Este recurso antigamente era moi utilizado (porque axuda na memorización dos poemas) pero na actualidade hai moitos poemas nos que non está presente, o cal non quere dicir que non teñan ritmo pois, como vimos, pódese marcar doutras maneiras. Os poemas que non teñen rima chámanse poemas de verso libre. Exemplo 7
Nos poemas que si teñen rima pódese distinguir dous tipos:
2. As estrofas
Os versos preséntanse nos poemas agrupados en estrofas, que reciben nomes diferentes dependendo do número de versos que as compoñan, do número de sílabas de cada un dos versos e do tipo de rima que se estableza entre eles.
Por suposto, cada autor/a é libre de cinguirse a estrofas preestablecidas e incluso de non utilizar estrofas (nos poemas de verso libre); na actualidade é esta a tendencia máis seguida. Mais de empregar estrofas, estas son algunhas das máis habituais:
- Estrofas de dous versos
- O pareado: Son dous versos que riman entre si. Poden ser de arte maior ou menor e a rima tamén pode ser asonante o consoante. (AA, Aa, aa...)
Exemplo 10
- Estrofas de tres versos
- Terceto: Son tres versos de arte maior que riman, con rima consonante, o primeiro co terceiro, mentres o segundo queda solto (aínda que se a estrofa continúa pode rimar co verso impar da seguinte estrofa: A - A.
Exemplo 11
- Estrofas de catro versos
- Cuarteto: Trátase de catro versos de arte maior na que riman, con rima consonante, o primeiro co cuarto e o segundo co terceiro:
A B B A.
Exemplo 12
- Redondilla: Ten o mesmo esquema do cuarteto pero os versos son de arte menor.
Exemplo 13
- Sirventés: Son catro versos de arte maior, tamén de rima consonántica, pero a rima establécese entre o primeiro co terceiro e o segundo co cuarto: A B A B.
Exemplo 14
- Cuarteta: Ten o mesmo esquema có serventés pero os versos son de arte menor.
Exemplo 15
- Copla Formada por catro versos de arte menor de rima asonante, na que riman entre si o segundo co cuarto e quedan soltos o primeiro e o terceiro: - a - a.
Exemplo 16
- Poemas que combinan distintos tipos de estrofas
-O soneto:Composto por catorce versos hendecasílabos que se distribúen en dous cuartetos e dous tercetos:
A B B A A B B A C D C C D C (a rima dos tercetos pode variar):
Exemplo 17
-O romance: Fórmase cun número indeterminado de versos octosílabos nos que os versos pares riman con rima asonante mentres quedan soltos os impares: - a - a ...
Exemplo 18
* Todos os textos empregados nos exemplos están adaptados ortograficamente.
Viaxe
Disme que temos que levantar o voo,
cambiar de aires,
fuxir.
Pero onde vaiamos, iremos ti e mais eu
e quen sabe se todo isto non virá tamén.
Manuel Rivas, Ningún cisne
Este mofo das pedras tan vello e tan miudiño (16)
é o silencio baixiño que lles vai saíndo en frebas (16)
e que se queda á pe delas pra que non podan sentilo. (16)
Dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e non di nada
E volta o cuco a cantar.
(7+1)
(8)
(7+1)
anda a tombos pola praia, ,
a montaña lavandeira
bota areales nas ágoas.
(7+1)
(8)
(8)
(9-1)
Amado Carballo, Proel
unha dorna mariñeira;
nos ollos sempre un relanzo
de escumas cantaroleiras,
no corazón -¡Ai Dios Santo!-
no corazón unha arela.
(8)
(8)
(8)
(8)
(8)
X.Mª Álvarez Blázquez, "Romance do pescador peleriño
pra distraer a alma das súas contas,
tanto de amor e bágoas, dez por cento
de perdidos amores, e oitenta de soedade
(...)
(11)
(11)
(14)
Álvaro Cunqueiro, Herba aquí e acolá.
debruzada na fiestra,
co mar metido na alma,
que era moito mar para ela.
Os argazos do cabelo
enredábanlle na testa,
porque o vento enredador
tiña cobiza das rendas.
(8)
(8)
(8)
(8)
(8)
(7+1)
(8)
X.Mª Álvarez Blázquez, "Romance do pescador peleriño"
medrei desde o xardín da miña infancia.
Cando a casa pechou mudei o vento.
Aínda teño a carne madura nas ameixas
e son auga e xarope en acedume.
Marta Dacosta, Pel de ameixa
Xa secou aquel mar longo.
E sen saber de onde veu,
se é doutro ou e meu,
navego nun mar de fondo.
a
b
b
a
María Mariño, "Palabra no tempo"
No chan, verdor intenso;
No fondo da miña alma,
Todo sombrizo e negro.
a
-
a
Rosalía de Castro, Follas novas
de min déixame estar, deitado e quedo,
deitado como un can ollando o mundo,
ollando, mentres ti, sobre os restrollos
dos meus versos amargos, ves o acedo
penar e irte perdendo dos meus ollos.
-
A
B
-
B
Antón Tovar, Arredores
o primeiro claro, na capoeira,
e o alerta repetido de eira en eira
é toque de rebato na campía.
B
B
A
Ramón Cabanillas, "A luzada do día"
entre badulaques tantos,
fixo nacer estes cantos
de escarnio e de maldicir.
Neles, sen ningún aliño,
pro con moito ritintín,
chámolle, tal como os vin,
pan, ao pan e ao viño, viño.
b
b
a
a
b
b
a
Celso Emilio Ferreiro, Cemiterio privado
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
B
A
B
X.M. Díaz Castro, "Penélope"
nas noites do longo inverno
as liñas máis delgadiñas
que o fío do pensamento.
b
a
b
Uxío Novoneyra, Os Eidos. Poemas do Courel
tanta alegría nas bágoas
nin neve nas bidueiras
nin esperanza nas mágoas.
a
-
a
Manuel Rivas, A desaparición da neve
non enche a sequidade do vacío,
non outona nin dá froito tardío,
non deixa de ser verso en folla morta.
A quentura dos libros nada aporta,
nada con que matar un arrepío,
nada con que escoitar un asubío,
nada con que vencer a unha comporta.
A quentura dos libros é vendaxe,
é gasa, sulfamida, esparadrapo,
é postema que axiña debilita.
A quentura dos libros é miudaxe,
é remendo cosido dun farrapo,
é dor de desamor que non se evita.
B
B
A
A
B
B
A
C
D
E
C
D
E
Miro Villar, Ausencias pretérita
nenos, vellos e medianos,
esta historia verdadeira
xa comeza cos romanos.
Era unha vez unha terra
que Gallaecia era chamada,
onde había moitas tribos
nunha idade antepasada.
Fabricaban xoias de ouro
de fina ourivesería,
mais as linguas ignoramos,
pois ningunha se escribía.
Chegaron despois de Roma
xentes ben organizadas,
que gañaron esta terra
polas armas esforzadas.
a
-
a
-
a
-
a
-
a
-
a
-
a
-
a
Darío Xoán Cabana, Historia da lingua galega
Bibliografía
http://cotovia.org/proxecto/lit/lit_ud4_01.html?orix=lit&tema=lit_ud4_01.html#close
Comentários
Enviar um comentário