MODELO DE COMENTARIO DE TEXTOS LITERARIOS
Recomendacións previas, lectura e compresión do texto
É de vital importancia entender o que estás lendo. Se
é preciso, terás que lelo dúas ou tres veces. Recoméndoche buscar no
dicionario o que non entendas porque pode haber palabras con significados
connotativos. Cando saibas cal é a idea
xeral e sexas quen de indicar de que trata o texto, xa podes comezar o
comentario.
Introdución. Localización do texto e breve descrición
Trátase de localizar o fragmento
ou o texto en función dos seguintes parámetros:
·
Descubrir
o autor. Ás veces sabemos o nome do
autor e da obra porque aparecen ao final do texto. Se non é así tes que
identificalos mediante os trazos característicos da linguaxe, a temática , as
personaxes… Cando temos identificado o autor, faise unha breve mención dos
datos biográficos ou da obra que sexan relevantes para comentar o texto.
·
O
contexto histórico-cultural. A época na que se
escribe a obra ou o movemento literario coas principais características.
·
Xénero
literario. Se
estamos ante un poema, peza teatral, ensaio, narración... É a forma de
expresión, se está en prosa, verso...
·
Estrutura
externa: como
está formado o texto, aspecto visual (número de estrofas, versos, parágrafos …). Se é un poema, a análise métrica podedes tratala xa aquí, se non iría no expresión pero é mellor aquí.
* Unha vez que comeces a análise, non esquezas apoiar con citas do texto o teu comentario. Lembra que o que cites deberá estar entre aspas (comiñas), e inmediatamente despois, deben aparecer os versos ou as liñas entre parénteses: "Sombra que sempre me asombras" (v.6)
* Unha vez que comeces a análise, non esquezas apoiar con citas do texto o teu comentario. Lembra que o que cites deberá estar entre aspas (comiñas), e inmediatamente despois, deben aparecer os versos ou as liñas entre parénteses: "Sombra que sempre me asombras" (v.6)
Análise
do contido / Plano do contido
Para a análise literaria do
contido do texto teremos en conta os seguintes aspectos:
·
Tema
do texto literario
O tema resúmese nunha frase breve que adoita ter
como núcleo un substantivo abstracto. Xira arredor dun concepto universal: a Morte, a dor, o amor, o desamor…
·
Argumento
do texto literario / subtemas
Trátase de resumir os principais puntos do texto que
nos permiten establecer o tema.
No caso dos textos poéticos falaremos de subtemas
que desenvolven, amplían, especifican .. . o tema principal.
No
caso dos textos teatrais, o conflito da escena co seu clímax correspondente se o
houbese.
·
Tópicos
literarios: ubi sunt, carpe diem, fugit. Adoitan ser
máis propios dos xéneros poéticos aínda que non sempre é así.
·
Estrutura
interna: proposta
persoal e tamén identificación técnica: circular, de contrapunto,
tradicional, paralelística…
***
A partir daquí imos distinguir os tres xéneros literarios
Emisores, receptores, voces, narradores e personaxes
LÍRICA
|
NARRATIVA
|
TEATRO
|
- Emisor e receptor poéticos: voz/ voces poéticas en P1, P2, P3, de
singular ou de plural.
- Manifestación das voces poéticas: pode haber
unha P1 expresando sentimentos ou un diálogo entre uha P1 e P2
- Tópico/s literario/s.
- Relación do tema co movemento literario e a
obra do autor.
|
Narrador e personaxes:
-
Hai que ter en conta o narrador e as personaxes e diferenciar o
discurso de ambos, identificalos, describilos.
-
Narrador: grao de coñecemento da acción e das personaxes e grao de implicación na
acción: homodiexético, hererodiexético, omnisciencia autorial, selecctiva,
narrador testemuña, personaxe, protagonista…
-
Personaxes: tamén participan e transmiten . Ter en conta a caracterización directa
ou indirecta. Como están elaborados: planos ou redondos, principais e secundarios/ protagonista e antagonistas
-
Manifestación do discurso : estilo directo / indirecto /indirecto libre /
monólogo interior
|
- Personaxes / voces en off que aparecen no discurso: descrición (como son, clase social, papel na
obra, caracterización.
- Manifestación do discurso: diálogo:
verso / prosa, declamatorio / conversacional; lento (parlamentos longos ) /
rápido (parlamentos curtos); diálogo dentro do diálogo (un personaxe reproduce
o que outro di). Tamén podemos asistir a un monólogo.
- Acoutacións: xestualidae, movementos,
vestiario
- Interaccion co público.
|
Espazo e tempo
LÍRICA
|
NARRATIVA
|
TEATRO
|
Espazo e tempo aos que alude o texto: presente, pasado , futuro
Ambientes
Podemos tomar referencias da narrativa.
|
Espazo do que se fala no texto: onde
suceden as accións, citado ou descrito /nalgún lugar ou en ningún /
itinerante, real, simbólico, pechado, aberto… No espazo non esquezades a
función: simbólica, narrativa ou
deíctica
Tempo (da historia=> externo e do discurso=> interno)
-
externo : localización nun tempo histórico, de habelo; datas e referencias reais
. Trátase de identificar a sucesión real dos tempos que nos
-
interno: duración dos feitos que se
relatan na narración.
·
psicolóxico: ritmo narrativo rápido, lento ou rápido; desaxustes (concordancia ou non do tempo narrativo co
real); ralentización ou aceleración; saltos ou pasas narrativas
·
orde na narración/discurso: cronolóxico
(lineal ou descontinuo – elipses) ; desaxustes (pausas, resumos,
prolepses, analepses..). O tempo tamén
pode ser circular, paralelístico. Conceptos de cronotopo e ucronía
|
Espazo e tempo aos que alude o texto.
Isto pode facerse mediante a manifestación das
personaxes ou mediante as acoutacións
( decorado, son, iluminación ou mediante a manifestación das
personaxes).
Nas obras teatrais adoitan utlizarse recursos para
evocar o paso do tempo, o cambio de escea...
Interacción co público
|
Análise da forma /Plano da expresión: análise
estilística por planos
Trátase de describir os recursos literarios presentes
no texto: identificación, clasificación nos planos correspondentes : fonético-
morfolóxico, sintáctico, semántico, e intentar ver para que o autor se serve
desa figura retórica concreta que nos quere transmitir mediante o seu emprego,
sempre en relación ao contido
·
Plano pragmático: funcións da linguaxe que
predominan e funcionalidade do texto (adecuación á situación, receptor ou contorna literaria; cohesión, análise dos conectores ; coherencia temática e progresión da mesma)
·
Plano
fonético e recursos fonéticos:
aliteración, onomatopea, paronomasia...
·
Plano morfosintáctico e recursos morfosintácticos. Hai que centrarse, en primeiro lugar, en nomes, adxectivos e verbos . Por exemplo, como se
utilizan os adxectivos (mediante eles o autor transmite subxectividade); a
abundacia de verbos fala de moita actividade e a asencia, transmite lentitude;
os textos que falan de sentimentos adoitan
ter moitos substantivos abastractos e incontables. En segundo lugar, tedes unha serie de recursos que fan referencia ben á repetición de palabras, á omisión ou a alteración sintáctica da orde (anáfora, asíndeton, calambur, hipérbato, enumeración, polisíndeto o
reduplicación…..) Nos textos literarios,
a disposición das palabras e ruptura da orde sintáctica son moi relevantes:
focalizan, poñen de manifesto determinadas palabras cuxo peso conceptual é
maior que o resto. Tamén é importante
ter en conta se as oracións son simples, moi complexa..
· Plano léxico-semántico e recursos léxico-
semánticos: comparación, hipérbole,
metáfora, personificación, sinestesia,imaxes..., etc. Tamén é útil facer
referencia a campos semánticos, campos asociativos, familias léxicas.
. Lingua: sinxela, complexa, requintada, arcaísmos, dialectalismos, vulgarismos, hipergaleguismos..
*** Se temos un texto que non sexa actual, hai que identificar as características propias da lingua do período correspondente.
Conclusión
/ Opinión crítica
*** Se temos un texto que non sexa actual, hai que identificar as características propias da lingua do período correspondente.
Podémola organizar en dúas partes: síntese e
opinión persoal.
Con
respecto á síntese, debemos recoller aqueles aspectos máis significativos tratados durante a análise. O
máis común é centrarse naqueles que manifestan a conxunción entre a expresión e
do contido. Tamén podemos subliñar o máis relevante de cada plano.
Logo, temos que fusionar todo iso que fomos extraendo do texto coa nosa impresión
persoal. Así xorde a nosa interpretación
particular na que podemos contrastar o que di o autor, co
que nós cremos que que quere expresar
Impresión persoal podes valorar o interese do texto pola súa
actualidade, atemporalidade, orixinalidade, estilo, etc.
LIGAZÓNS COMPLEMENTARIAS:
-Recursos, métrica e tropos na literatura castelá (Bomarzo, blog da profe Carme Miñambres)
Comentários
Enviar um comentário