MODELO BÁSICO DE COMENTARIO LITERARIO TEXTOS POÉTICOS

0. Recomendacións previas, lectura e compresión do texto
- Lectura e comprensión de todo o vocabulario do texto.
- Numerar os versos (de 5 en 5)

1. Introdución. Localización do texto

·        Autor. Ás veces sabemos o nome do autor e da obra porque aparecen ao final do texto. Se non é así tes que identificalos mediante os trazos característicos da linguaxe, a temática , as personaxes… Cando temos identificado o autor, faise unha breve mención dos datos biográficos ou da obra que sexan relevantes para comentar o texto.
·        O contexto histórico-cultural.  A época na que se escribe a obra ou o movemento literario coas principais características.
·        Xénero literario: poesía
·        Estrutura externa: como está formado o texto, aspecto visual (número de estrofas/ versos / rima e/ou esquema métrico).
- Se non sabemos nada,

     2.  Análise literaria
    2.1 Análise do contido / Plano do contido
Para a análise literaria do contido do texto teremos en conta os seguintes aspectos: 
Título: explicación do título e relación co resto do texto.
·        Tema do texto literario /subtemas/ tópicos: ubi sunt, carpe diem, fugit, aurea mediocritas, descriptio puellae. Relación que ten coa obra do autor
     
·        Estrutura interna: trátase de dividir o texto en partes en función do contido, de como se vai desenvolvendo. Se xa temos claras as voces poéticas, tamén se poden introducir aquí.
      circular: comeza e remata igual.
      paralelística: repítense as estruturas (como nas cantigas medievais).
      tradicional: presentación, nó e desenlace.
Debes indicar os versos que abrangue cada parte e explicalas, así dáse conta do contido do texto.
  Emisores, receptores: voces e personaxes 
  Temos que indiciar quen está falando, se se dirixe a algún interlocutor, ou se fala dalgunha outra personaxe.
-     Emisor e receptor poéticos: voz/ voces poéticas en P1, P2, P3, de singular ou de plural.
- Manifestación das voces poéticas: pode haber unha P1 expresando sentimentos ou un diálogo entre uha P1 e P2.  Hai textos sen suxeito determinado que están en P3 e non se dirixen a ninguén en concreto. Cando se dirixen a outra persoa, adoita haber vocativos e verbos e pronomes en P2. Tamén hai textos nos que se fala en P3 doutra personaxe (¡Soia!)

Espazo e tempo

Dar conta das referencias espaciais e temporais, se as hai (numerais, adverbios de tempo, lugar, topónimos ou xentilicios...)

Fixarse nos tempos verbais: presente, pasado, futuro; indicativo ou subxuntivo....

2.2 Análise da forma /Plano da expresión: análise estilística por planos

Plano pragmático: funcións da  linguaxe que predominan (expresiva, estética ou poética, apelativa, fática e referencial) e funcionalidade do texto (para que serve?). No caso dos textos poéticos, a función que vai predominar vai ser a estética ou poética mais no caso de textos de tipo comprometido ou social, tamén hai que ter en conta unha función referencial porque se refire a feitos que afectan á realidade.  

 Plano fonético e recursos fonéticos: aliteración, onomatopea, paronomasia, fonosimbolismo e cal é o seu efecto no texto. Teñen como finalidade enfatizar algún pequeno matiz. 

Plano morfosintáctico: hai que centrarse,  sobre todo nas clases de palabras (en nomes, adxectivos e verbos). Por exemplo, como se utilizan os adxectivos (mediante eles o autor transmite subxectividade); a abundacia de verbos fala de moita actividade e a ausencia, transmite lentitude; os textos que falan de sentimentos adoitan  ter moitos substantivos abastractos e incontables. Algúns recursos morfosintácicos anáfora, asíndeton (adoita conferir rapidez), polisíndeton (lentitude), paralelismo (intensifícase aquelo que se repite),, enumeración (sensación de acumulación), o reduplicación (focalízase a atención no termo repetido)…..  Nos textos literarios, a disposición das palabras (SUXEITO+VERBO+PREDICADO) é moi relevantse. Os hipérbatos rompen a estrutura e focalizan, poñen de manifesto determinadas palabras cuxo peso conceptual é maior que o resto.Outros recursos: interrogación e exclamación retórica.

 Plano léxico-semántico e recursos léxico- semánticos. Podedes comezar facendo referencia a campos semánticos predominantes, campos asociativos e/ou familias léxicas. Por exemplo, en "Negra sombra": sombra/asombras (mesma familia léxica); sol, vento, estrela son do campo semántico de fenómenos ou elementos naturais. Tamén son moi importantes as repeticións, por exemplo, "todo" e "min" repítense dúas veces case seguidas en ambos casos no poema negra sombra enfatizando a totalidade da negra sombra recaendo na primeira persoa. Tamén vos podedes fixar nos sinónimos (aportan riqueza léxica) e antónimos (contrapoñen conceptos). Algúns recursos son: comparación, hipérbole, metáfora, personificación/obxectualización/animalización/, sinestesia, paradoxo, antítese..., etc.

 Lingua: sinxela, complexa,  requintada, arcaísmos, dialectalismos, vulgarismos,  hipergaleguismos. Se usa trazos como guións ou apóstrofes é importante recollelo. .***


3. Conclusión / Opinión crítica
Podémola organizar en dúas partes: síntese e opinión persoal.
Con respecto á síntese, debemos recoller aqueles aspectos máis significativos tratados durante a análise. O máis común é centrarse naqueles que manifestan a conxunción entre a expresión e do contido. Tamén podemos subliñar o máis relevante de cada plano.
Logo, temos que fusionar todo iso  que fomos extraendo do texto coa nosa impresión persoal.  Así xorde a nosa interpretación  particular  na que podemos contrastar o que di o autor, co que nós cremos que que quere expresar
Impresión persoal podes valorar o interese do texto pola súa actualidade, atemporalidade, orixinalidade, estilo, etc.

LIGAZÓNS COMPLEMENTARIAS:
-Recursos, métrica e tropos na literatura castelá (Bomarzo, blog da profe Carme Miñambres)

 

Comentários

Mensagens populares deste blogue

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación

¡Soia! Follas Novas Comentario