COMENTARIO LITERARIO ADAPTADO A 3º E 4ºESO


Definición de texto literario - Qué es, Significado y Concepto
0. Recomendacións previas, lectura e compresión do texto
É de vital importancia entender o que estás lendo. Se é preciso, terás que lelo dúas ou tres veces . Recoméndoche buscar no dicionario o que non entendas porque pode haber palabras con significados connotativos. Cando saibas cal é  a idea xeral e sexas quen de indicar de que trata o texto, xa podes comezar o comentario. 
É importantísimo que o numeres (normalmente faise de 5 en 5), porque á hora de apoiar o que fagades con exemplos, debes indicar onde están.
1. Introdución. Localización do texto
Trátase de localizar o fragmento ou o texto en función dos seguintes parámetros:
·        Autor. Ás veces sabemos o nome do autor e da obra porque aparecen ao final do texto. Se non é así tes que identificalos mediante os trazos característicos da linguaxe, a temática , as personaxes… Cando temos identificado o autor, faise unha breve mención dos datos biográficos ou da obra que sexan relevantes para comentar o texto.
·        O contexto histórico-cultural.  A época na que se escribe a obra ou o movemento literario coas principais características.
·        Xénero literario. Se estamos ante un poema, peza teatral, ensaio, narración... É a forma de expresión, se está en prosa, verso...
·        Estrutura externa: como está formado o texto, aspecto visual (número de estrofas ou versos , se é poético; parágrafos ou liñas, se é narrativo;  intervencións das personaxes, se é teatral …).Se estamos ante un texto poético, convén xa facer aquí a análise métrica.

      * Unha vez que comeces a análise, non esquezas apoiar con citas do texto o teu comentario.
     2.  Análise literaria
    2.1 Análise do contido / Plano do contido
Para a análise literaria do contido do texto teremos en conta os seguintes aspectos:
·        Tema do texto literario
O tema resúmese nunha frase breve que adoita ter como núcleo un substantivo abstracto. Xira arredor dun concepto universal: a norte,  a dor, o amor, o desamor…
·        Argumento do texto literario / subtemas / tópicos
Trátase de resumir os principais puntos do texto que nos permiten  establecer o tema.
No caso dos textos poéticos falaremos de subtemas que desenvolven, amplían, especifican .. . o tema principal (no caso de que os haxa
No caso dos textos teatrais o conflito da escea co seu clímax ( momento de maior tensión correspondente se o houbese.
·        Tópicos literarios: ubi sunt, carpe diem, fugit.... Adoitan ser máis propios dos xéneros poéticos aínda que non sempre é así.
P    Presentación 1, 10 tópicos literarios na literatura galega
P    Presentación 2: Tópicos literarios na literatura galega
      Relación do tema co movemento literario e a obra do autor.
·        Estrutura interna: trátase de dividir o texto en partes en función do contido, dos temas que trate:
      circular: comeza e remata igual.
      paralelística: repítense as estruturas (como nas cantigas medievais).
      tradicional: presentación, nó e desenlace.
     
*** A partir daquí imos distinguir os tres xéneros literarios.

Emisores, receptores: voces (poesía, lírica)  narradores (narrativa) e personaxes 8narrativa e teatro)
LÍRICA/POESÍA
NARRATIVA
TEATRO
- Emisor e receptor poéticos: voz/ voces poéticas en P1, P2, P3, de singular ou de plural.
- Manifestación das voces poéticas: pode haber unha P1 expresando sentimentos ou un diálogo entre uha P1 e P2.  Hai textos sen suxeito determinado que están en P3 e non se dirixen a ninguén en concreto.
Narrador e personaxes:
-          Hai que ter en conta ao narrador e ás personaxes e diferenciar o discurso de ambos, identificalos, describilos.
-          Narrador: grao de coñecemento da acción e das personaxes e grao de implicación na acción: homodiexético, hererodiexético, omnisciencia autorial, selecctiva, narrador testemuña, peronaxe, protagonista…
-          Personaxes: tamén participan e transmiten . Ter en conta a caracterización directa ou indirecta
-          Manifestación do discurso : estilo directo / indirecto /indirecto libre / monólogo interior

- Personaxes / voces en off que aparecen no discurso: descrición (como son, clase social, papel na obra, caracterización.
- Manifestación do discurso: diálogo: verso / prosa, declamatorio / conversacional; lento (parlamentos longos ) / rápido (parlamentos curtos); diálogo dentro do diálogo (un pesonaxe reproduce o que outro di). Tamén podemos asistir a un monólogo.
- Acoutacións: xestualidae, movementos, vestiario
- Interaccion co público.


Tamén podes ir falando dos emisores e receptores na estrutura interna.

Espazo e tempo
LÍRICA
NARRATIVA
TEATRO
Espazo e tempo aos que alude o texto: presente, pasado , futuro
Ambientes

* Tedes que fixarvos nos tempos verbais e nos adverbios de tempo
* Tedes que fixarvos se hai algunha referencia espacial, que datos se nos dan no poema do escenario (se é que os hai)

Espazo do que se fala no texto: onde suceden as accións, citado ou descrito /nalgún lugar ou en ningún / itinerante, real, simbólico, pechado, aberto… No espazo non esquezades a función: simbólica,  narrativa ou deíctica
Tempo (da historia=> externo e do discurso=> interno)
-          externo : localización nun tempo histórico, de habelo; datas e referencias reais . Trátase de identificar a sucesión real dos tempos que nos
-          interno:  duración dos feitos que se relatan na narración.
·        psicolóxico: ritmo narrativo rápido, lento ou rápido; desaxustes  (concordancia ou non do tempo narrativo co real); ralentización ou aceleración; saltos ou pasas narrativas
·        orde na narración/discurso: cronolóxico  (lineal ou descontinuo – elipses) ; desaxustes (pausas, resumos, prolepses, analepses..).  O tempo tamén pode ser circular, paralelístico. Conceptos de cronotopo e ucronía   

Espazo e tempo aos que alude o texto.

Isto pode facerse mediante a manifestación das personaxes ou mediante as acoutacións ( decorado,  son, iluminación  ou mediante a manifestación das personaxes).

Nas obras teatrais adoitan utlizarse recursos para evocar o paso do tempo, o cambio de escea...

Interacción co público




2.2 Análise da forma /Plano da expresión: análise estilística por planos
Trátase de describir os recursos literarios presentes no texto: identificación, clasificación nos planos correspondentes: fonético- morfolóxico, sintáctico, semántico, e intentar ver para que o autor se serve desa figura retórica concreta que nos quere transmitir mediante o seu emprego, sempre en relación ao contido:
·        Plano pragmático: funcións da  linguaxe que predominan (expresiva, estética ou poética, apelativa, fática e referencial) e funcionalidade do texto (para que serve?)
·        Plano fonético e recursos fonéticos: aliteración, onomatopea, paronomasia, fonosimbolismo e cal é o seu efecto no texto.
·        Plano morfosintáctico: hai que centrarse sobre todo nas clases de palabras (en nomes, adxectivos e verbos). Por exemplo, como se utilizan os adxectivos (mediante eles o autor transmite subxectividade); a abundacia de verbos fala de moita actividade e a asencia, transmite lentitude; os textos que falan de sentimentos adoitan  ter moitos substantivos abastractos e incontables. Algúns recursos morfosintácicos anáfora, asíndeton, calambur, hipérbato, enumeración, polisíndeto o reduplicación…..  Nos textos literarios, a disposición das palabras e ruptura da orde sintáctica (SUXEITO+VERBO+PREDICADO) son moi relevantes: focalizan, poñen de manifesto determinadas palabras cuxo peso conceptual é maior que o resto.  Tamén é importante ter en conta se as oracións son simples, complexas.
·        Plano léxico-semántico e recursos léxico- semánticos. Podedes comezar facendo referencia a campos semánticos predominantes, campos asociativos e familias léxicas. Os recursos son: comparación, hipérbole, metáfora, personificación, sinestesia,imaxes..., etc. Tamén é útil facer referencia a campos semánticos, campos asociativos, familias léxicas. 
.     Lingua: sinxela, complexa,  requintada, arcaísmos, dialectalismos, vulgarismos,  hipergaleguismos..*** Se temos un texto que non sexa actual, hai que identificar as características propias da lingua do período correspondente.
*** Abaixo de todo tedes ligazóns a información sobre tropos e figuras
3. Conclusión / Opinión crítica
Podémola organizar en dúas partes: síntese e opinión persoal.
Con respecto á síntese, debemos recoller aqueles aspectos máis significativos tratados durante a análise. O máis común é centrarse naqueles que manifestan a conxunción entre a expresión e do contido. Tamén podemos subliñar o máis relevante de cada plano.
Logo, temos que fusionar todo iso  que fomos extraendo do texto coa nosa impresión persoal.  Así xorde a nosa interpretación  particular  na que podemos contrastar o que di o autor, co que nós cremos que que quere expresar
Impresión persoal podes valorar o interese do texto pola súa actualidade, atemporalidade, orixinalidade, estilo, etc.

LIGAZÓNS COMPLEMENTARIAS:
Definición de texto literario - Qué es, Significado y Concepto

Comentários

Mensagens populares deste blogue

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación

¡Soia! Follas Novas Comentario