OS MAIOS


Aí vén o Maio de flores cuberto!

 



Neste artigo do diario en galego Nós  tedes máis información sobre as orixes desta festividade.
Para saber dos Maios na nosa cidade, déixovos esta información da páxina do concello
E por se hai alguén interesado en ampliar coñecementos, aquí está o enlace á Wikipedia.

Por outra banda, se hai un poeta galego do que se fala cando chega esta data é Manuel Curros Enríquez, autor do poema "O Maio" que forma parte de Aires da miña terra. Do mesmo xeito que Rosalía e Pondal, Curros é un dos grandes do Rexurdimento, e este texto que aquí vos deixo reflite moi ben o seu espírito. A Curros gustáballe moito reivindicar xustiza e pórse de lado do pobo, por iso este poema é tan especial, parece que estamos ante un texto costumista que nos vai falar dunha tradición festiva pero pouco a pouco, vemos como a temática que emerxe é a social. Fixádevos como denuncia todos e cada un dos males que atacan á clase traballadora.
O MAIO
Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...

Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra

Xa para rematar, tedes un comentario completísimo deste texto no galego.eu


Comentários

Mensagens populares deste blogue

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

A sílaba. Os ditongos, tritongos e hiatos. Repaso de acentuación

¡Soia! Follas Novas Comentario