CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDIZER
A cantiga de escarnio e maldizer:
Provén do sirventés provenzal (composición de tipo moral) combinado coa tradición satírica autóctona transmitida oralmente e anterior á convivencia coas formas occitanas.
Breve resumo (web Universo Cantigas)
Na Arte de trobar do cancioneiro B estabelécese unha distinción teórica entre as cantigas de escarnio e as cantigas de maldizer. Ambos xéneros a intención común de “dizer mal de alguén”
Na Arte de trobar do cancioneiro B estabelécese unha distinción teórica entre as cantigas de escarnio e as cantigas de maldizer. Ambos xéneros a intención común de “dizer mal de alguén”
aínda que cunha pequena diferenza
- as cantigas de escarnio serían aquelas que usan “palabras cubertas” con “dous entendimentos”, isto é, que se basean nos variados procedementos da aequivocatio para xogar cos dobres sentidos.
- as cantigas de mal dizer utilizarían para a burla e a sátira palabras directas, sen duplos sentidos.
Aínda que temos esta distinción na teoría, na realidade dos cancioneiros non se cumpre xa que moitas das cantigas que aparecen cunha linguaxe referencial (directa, explícita) teñen tamén sentidos velados (dobres sentidos, significados ocultos)
Outros recursos específicos das cantigas de escarnio e maldizer:
Outros recursos máis de tipo xeral serían: exaxeracións ou hipérboles, comparacións, preguntas retóricas. Tamén podemos atopar recursos comúns aos outros tipos de cantigas: dobre, mordobre, refrán, palavra perduda, paralelismos...
Con respecto á intencionalidade, adoitan agruparse en catro modalidades:
a) Sátira política: contra a traizón ao señor lexítimo, a inxerencia activa da xerarquía eclesiástica nos asuntos civís, a extrema covardía na batalla dalgúns nobres e cabaleiros, ou as malas prácticas dos privados do rei, entre outros temas
b)Sátira social, persoal e de costumes: contra a mesquindade e avareza ridícula dos ricos-homes (nobres de clase baixa), contra a escaseza ou avareza dos fidalgos, contra a renuncia a defender a liñaxe para vingar un rapto, sobre a sexualidade vista desde os prismas deformantes do exceso, da carencia ou do desvío.
c) Sátira literaria: ataques entre trobadores ou contra os xograres por non saberen medir os versos, por cantaren ou tocaren mal, por exemplo.
d) Sátira moral: crítica xeral contra a perda dos vellos valores e a decadencia do mundo presente.
Na maioría das cantigas escarniñas prima a intención lúdica, mais en moitos casos servían tamén como espello deformante de condutas reprobábeis onde as persoas reais non gustarían de se veren reflectidas. As sátiras políticas foron utilizadas como verdadeiras armas para desprestixiar ao inimigo ou para ridiculizar certos comportamentos impropios ou desleais.
Exemplo:
Joan Soárez, pero vós teedes
que trobades en esta terra ben,
quero-vos en conselhar ũa ren:
aqui fazed' esso que ben sabedes,
ca aqui tẽe vós por sabedor
de trobar; mais nós trobamos melhor
e ben entendemos com' o fazedes.
que trobades en esta terra ben,
quero-vos en conselhar ũa ren:
aqui fazed' esso que ben sabedes,
ca aqui tẽe vós por sabedor
de trobar; mais nós trobamos melhor
e ben entendemos com' o fazedes.
E se vós de trobar sabor avedes,
aqui trobade - faredes i sen -
e non trobedes cabo Santarén,
con esses juizes que vós queredes,
ca ben trobamos d' escarnh' e d' amor;
mais se avedes de trobar sabor,
Martin Alvel' é aqui con que trobedes.
aqui trobade - faredes i sen -
e non trobedes cabo Santarén,
con esses juizes que vós queredes,
ca ben trobamos d' escarnh' e d' amor;
mais se avedes de trobar sabor,
Martin Alvel' é aqui con que trobedes.
E por travar no que non conhocedes
non daríamos nós nada poren,
ca vos direi or' o que vos aven
en estes juizes que vós dizedes:
cantar julgamos de bon trobador,
mais cantar d' ama nen de tecedor
nunca julgamos: vó-lo saberedes.
non daríamos nós nada poren,
ca vos direi or' o que vos aven
en estes juizes que vós dizedes:
cantar julgamos de bon trobador,
mais cantar d' ama nen de tecedor
nunca julgamos: vó-lo saberedes.
Airas Peres Vuitoron
Comentários
Enviar um comentário