Determinantes/Pronomes II: numerais, indefinidos, relativos, interrogativos-exclamativos.
Lembra que os determinantes ou adxectivos determinativos son tipos de palabras variables en xénero e número (algúns tamén con respecto a outras nocións) que acompañan a substantivos para concretalos pero que, ademais, achegan algunha información sobre el: a quen pertence, onde está situado, cantos son... Precisamente segundo o significado que posúan, distinguimos varios tipos de adxectivos determinativos: Os demostrativos Os posesivos Os numerais Os indefinidos Os relativos Os interrogativos-exclamativos. Os numerais Son numerais as formas que empregamos para presentar substantivos contables ofrecendo información sobre cantidade ou orde ( Teño tres cans, O terceiro coche está mal aparcado ). Algunhas das formas son variables en xénero e número ( un cuarto , dous cuartos , a cuarta parte, tres cuartas partes )