LITERATURA: O XÉNERO NARRATIVO
O xénero narrativo. Os elementos da narración (Proxecto Cotovía) Introdución Como xa dixemos, fronte ao resto das narracións, as de carácter literario caracterízanse porque os feitos que nelas se contan non pertencen á realidade senón á ficción , son sucesos inventados por un autor ou autora coa finalidade de entreter o público que, con posterioridade, gozará coa historia que se conta e tamén coa maneira na que ese autor/a decidiu contala. Ademais na narración literaria non só hai ficción na historia que se conta, tamén a hai na persoa que a conta, xa que o emisor non é alguén real senón un medio do que se vale o autor/a (este si que é real) para facernos chegar a historia. Unha obra literaria pode contar unha historia que xa coñecemos e non por iso resultar aburrida porque o interese está en como se nos conta máis que no que se nos conta. Isto non quita que sexa preferible que detrás do relato tamén haxa unha boa historia. De todos os xeitos, a