Mensagens

A mostrar mensagens de setembro, 2021

INTRODUCIÓN Á LITERATURA

Imagem
  1. Que é a literatura?   A literatura é unha arte, como a música, a pintura, a escultura, o cine... na que se utilizan as palabras para emocionar e conmover.  1.1 Orixes   Poema de Gilgamesh A literatura xurdiu de xeito oral xa que o código escrito é posterior ao desenvolvemento da lingua falada. As súas orixes tamén se relacionan coa necesidade de narrar (contar) que ten o ser humano, forma parte da súa natureza. Por exemplo,  configurou mitos para explicar a creación do mundo, os fenómenos naturais... Entre os documentos máis antigos que conservamos están: O poema de Gilgamesh (narración épica sumeria, séculos XV ao XX a. C) e varios textos exipcios , entre os que destaca a Historia de Shinué (2000. a C). 1.2 Literatura oral e escrita, diferenzas: AUTOR: a literatura oral carece de autor coñecido; na escrita, pola contra, adóitase saber quen é o autor (aínda que en moitos textos antigos carecen de autoría) TRANSMISIÓN: no caso da literatura oral, a canle é...

SEMÁNTICA. CONCEPTOS RELACIONADOS E RELACIÓNS SEMÁNTICAS.

Imagem
    ogalego.eu SEMÁNTICA 1. Conceptos básicos. A semántica estuda o significado das palabras. Unidades: Sema : os semas son os trazos significativos das palabras. Ex: cadeira: asento, con respaldo, con patas... Cada unha das características que identifican á cadeira dende o punto do significado, serían  semas. Semema : conxunto de todos os semas que se asocian a un lexema. Lexema : é a unidade mínima dotada de significante e significado. Ex: cadeira, sofá ... 2. Campo semántico,  campo asociativo e familia léxica O conxunto de palabras que teñen  un ou máis semas comúns e algún oposto ou diferenciador  forman un  campo semántico . É dicir, comparten un ou máis trazos do seu significado.Ex: campo semántico dos asentos :   cadeira, banco, banqueta, sofá, escano, tallo.  Semas : obxecto para se sentar as persoas, con respaldo, para unha persoa, con brazos, con patas, baixo... Todas as palabras dun campo semántico t...

RESUMOS GRAMATICAIS EN FUNCIÓN DOS NIVEIS DE LINGUA DO MARCO EUROPEO

Imagem
      1. RESUMO GRAMATICAL NIVEL CELGA 2 1º e 2º ESO 2. RESUMO GRAMATICAL NIVEL CELGA 3 4º ESO 3. RESUMO GRAMATICAL NIVEL CELGA 4  1º e 2º BACHARELATO  

O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES (ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA)

Presentación sobre o texto e as súas propiedades con exemplos  (Aulablog 4ºESO Gracia Santórum) Presentación sobre o texto e propiedades en prezi (só conceptos básicos)                                                PROPIEDADES TEXTUAIS    Un texto é un conxunto de enunciados con sentido que transmiten unha información nunha situación concreta (por exemplo, iso que estás lendo é un texto porque ten sentido, está formado por oracións,   informa sobre algo e se produce nunha situación: neste caso, a clase de galego). Para que un texto sexa correcto, ademais de respectar as normas ortográficas e gramaticais (xénero, número, corrección verbal, etc.) ten que cumprir as seguintes propiedades: adecuación, cohesión e coherencia Adecuación:  ...