O VERBO II
O VERBO II ( cotovia.org ) A conxugación verbal Como xa dixemos, os verbos son palabras variables e, polo tanto, empregámolas combinando os distintos morfemas para poder expresar todas as posibilidades significativas de tempo, modo, número, persoa e aspecto. Á hora de establecermos a combinación entre os lexemas e mais os distintos morfemas, é dicir, á hora de conxugalos, distinguimos en realidade, tres grupos de verbos: Os verbos regulares : fórmanse sempre unindo ao lexema as desinencias modo-temporais e numero-persoais dun verbo patrón. Os verbos semirregulares : trátase de verbos que, sendo regulares na maior parte das súas formas, presentan algunhas particularidades que afectan á acentuación ou ao cambio dalgunhas vogais no presente de indicativo. Os verbos irregulares : presentan variacións que afectan maioritariamente ao lexema e nalgúns casos tamén ás desinencias. A conxugación dos verbos regulares. A maioría dos verbos da lingua conxúganse de forma regular polo que, saben