O PRONOME PERSOAL
O pronome persoal ( cotovia.org ) Neste repaso que andamos a facer polos tipos de palabras cos que contamos na lingua, ímonos agora parar na última categoría pertencente ao grupo das palabras variables: o pronome persoal. Xa vimos no seu momento que o pronome é unha especie de comodín, é dicir, un tipo de palabra que serve para, chegado o caso, poder colocala no lugar dun substantivo, que se cadra xa utilizamos varias veces e non queremos seguir repetindo. Tamén vimos que existen dous tipos de pronomes: os que comparten as súas formas cos adxectivos determinativos (demostrativos, posesivos, indefinidos, numerais, relativos, interrogativos e exclamativos) que chamamos xenericamente “pronomes non persoais” e os pronomes persoais. E por que establecemos estes dous grupos? Vémolo a continuación: Caracterización dos pronomes persoais Os pronomes persoais son palabras variables que empregamos para referirnos ás tres persoas do discurso ( a quen fala, a quen escoita e a aquela persoa ou c